O pasado día 17 de xuño viñeron ao cole Mini e Mero. Sen dúbida fixéronnos pasar unha xornada estupenda a nenos e maiores con cancións populares.
Normalización Lingüística
ROSALÍA DE CASTRO
Para que aprendades máis cousas de Rosalía de diferentes pero orixinais maneiras.
Letras galegas 2013
Este ano adícase o Día das Letras Galegas a Roberto Vidal Bolaño, e se queres aprender moitas cousas del preme no seguinte enlace
Seguimos con Rosalía
Por fin chegou o momento máis esperado, entramos na radio e alí estaba Armando que nos recibiu asombrado porque eramos moitos para recitar e, ademais, sen nada de medo!!
Os nenos e as nenas de 5º, Iris, Lorena, Paula e Iván presentáronnos e despois empezaron a recitar os máis pequenos "Imos bebendo", de memoria, sen ler!!!
Continuaron os nosos compañeiros e compañeiras dos outros ciclos con: "Adiós ríos, adiós fontes", "Miña Santiña", "Negra sombra" e "Xusticia pola man"
Recitamos a Rosalía en RADIO ARZÚA
Con motivo do 150 aniversario do poemario Cantares Gallegos, algúns nenos e nenas do cole irán o vindeiro xoves 28 ás 11:20 a RADIO ARZÚA co fin de recitar poemas da coñecida Rosalía de Castro.
Xosé Neira Vilas
Este curso veu visitarnos ao cole o escritor Xosé Neira Vilas. Os nenos e as nenas de 2º ciclo de Primaria estiveron encantados de poder escoitalo e compartir con el uns momentos para falar da súa obra e as súas experiencias. Preme aquí para ver algunha imaxe.
Anxo Fariña
Esta semana estivo con nós Anxo Fariña, preme aquí e descubrirás o que aconteceu!!
Xogos Populares
Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas fixemos nas aulas traballos adicados a Valentín Paz Andrade.
Ademais, desfrutamos dunha xornada de Xogos Populares, na que nos divertimos xogando á ra, á chave, á petanca e moitos máis. Ollade!!
Próximas visitas
Kalandraka |
Educación infantil | Maio |
Xosé Tomás | 1º ciclo | 22 de maio |
Xosé Neira Vilas | 2º ciclo | Maio |
Anxo Fariña | 3º ciclo | 24 maio |
Temos un mes de maio moi cargado de letras.
Ollade quenes nos veñen visitar,
deles imos aprender a escribir e ilustar.
Xabier Docampo
Despois de descubrir "O Misterio das badaladas" chegou Xabier Docampo ata o cole e contounos moitos máis misterios e anécdotas. Así como segrediños para ser un bo escritor coma él, no 3º ciclo tomamos boa nota!!
Preme aquí para ver algunha imaxe!!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- seguinte ›
- última »