Normalización Lingüística

UNIDADE DIDÁCTICA DE ANTONIO FRAGUAS

Aquí tedes unha unidade didáctica que vos pode servir para achegarvos á figura de Antonio Fraguas.

 PREME AQUÍ   

FESTIVIDADE DO 1 E 2 DE NOVEMBRO EN ARZÚA

Este curso, o alumnado de 5º e 6º de E. Primaria realizou unha enquisa entre os nosos maiores para saber como se festexaba o Magosto e o Samaín na nosa contorna. O resultado está recollido nesta presentación e no mural. As nenas e nenos de E. Infantil, 1º, 2º ,3º e 4º de E. Primaria ilustraron despois os apartados nos que dividimos este mural.

  CLICAR AQUÍ

 

 

FESTEXANDO O MAGOSTO!!

O venres, 9 de novembro celebramos o Magosto no noso centro. O temporal de auga e vento deunos unha tregua e aproveitámola moi ben. 

Primeiro fixemos un percorrido polos distintos xogos que nos preparou Marita, a profe de Educación Física.

   

            

    

                   

Pero non podían faltar as castañas asadas, así que puxémonos en distintas filas para pasar polo mostrador e recollelas. Cada clase deseñou as súas bolsas, botes ou cucuruchos para recollelas.

       

 

 

OS DE PRIMEIRO NO MAGOSTO DO COLE

Se queres ver como o pasamos preme na imaxe

 

SAMAÍN NO CEIP DE ARZÚA

O 31 de outubro festexamos no colexio o Samaín. O alumnado de 6º A encargouse da elaboración do mural que se colocou na entrada do centro. Quedou así de bonito!!

 

As familias colaboraron aportando vasoiras, cabazas e colares de castañas, cos que decoramos os corredores. Nalgunhas cabazas vense elementos do Patrimonio cultural de Arzúa perfectamente recreados. Houbo moita creatividade!!

 

 

                                      

 

 O alumnado de 5º e 6º E.Primaria tamén quixo ambientar o seu corredor. Nalgunhas aulas contáronse contos de medo e así tamén se aproveitou para traballar a expresión oral. Como lles gusta moito esta festividade esmeráronse buscando e preguntando aos seus maiores historias de terror. 

                                                    

 O alumnado de E. Infantil viu unha película de medo. 

E na nosa Biblioteca non podía faltar o recuncho do Samaín. Nel colocouse este curso a "casiña do medo", onde se puxeron unha morea de libros relacionados con esta temática.

ACTIVIDADES PARA CONMEMORAR O DÍA DAS BIBLIOTECAS

Con motivo do Día das bibliotecas, que se celebra o 24 de outubro, estanse a facer moitas actividades no noso colexio.

O alumnado de 6ºB encargouse da elaboración do mural que se atopa na entrada do centro. 

 

Tamén se fixo un mural, ao que puxemos por nome "Poetizámonos!", que recolle os poemas que foi compoñendo o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de E.Primaria, a partir dos títulos dos libros da nosa biblioteca. Estas composicións encargáronse despois de ilustralas os máis pequenos: Infantil, 1º e 2º de E. Primaria.

    

Aquí podedes ver máis de preto algunhas das composicións poéticas. 

      

 

 Agora cada grupo de alumnos e alumnas pasará pola bilbioteca, co seu titor ou titora,  para visionar un power point que lles explicará o funcionamento deste espazo tan importante na vida dun centro.

E, xa sabedes que tivemos a Erica González no noso colexio para activar o noso "botón" da imaxinación. A todos e a todos gustáronnos moito os seus contos!!

 

 

SESIÓN DE ANIMACIÓN Á LECTURA CON ERICA GONZÁLEZ

Hoxe, 22 de outubro, o alumnado do centro gozou dunha sesión de animación á lectura na biblioteca. Erica González foi sacando da súa "fábrica de contos" unhas historias moi fermosas que cautivaron aos máis cativos do colexio e tamén aos maiores.

Estas fotos recollen o seu paso pola nosa biblioteca.

Grazas Erica por compartir esta xornada connosco!!!

   

   

    

LETRAS GALEGAS 2018

O alumnado de 1º E.Primaria elaborou o mural que preside a entrada do noso colexio. Quedoulles así de ben!!

 Na Biblioteca do centro preparouse o recuncho de María Victoria Moreno, a escritora homenaxeada polas nosas Letras. 

O luns, 14 de maio visitounos a compañía de teatro "Galeatro" de Carballo, que representou para o alumnado de todo o centro "Contos no faiado"; unha adaptación teatral da obra de María Victoria Moreno,  que leva por título "A festa no faiado". Estes son algúns momentos da representación.

                    

 

LETRAS GALEGAS

 

 
Xa temos os primeiros traballos sobre Alma, a cadeliña de María Victoria Moreno...
 
 
 
 
 

É NADAL!!

É NADAL!! Así titulou o alumnado de 5ºB o seu mural, porque chegaron estas festas, pero non todos nin todas podemos gozar delas da mesma maneira. 

 

Na entrada do centro colocouse tamén un mural, no que participaron todas as titorías e, no que cada personaxe do circo portaba unha palabra relacionada co Nadal: amizade, paz, alegría, solidariedade, xustiza, amor... As bólas que se colocaron arredor realizáronnas os nenos e nenas coa colaboración das súas familias.

O Equipo de Biblioteca preparou o recuncho de lecturas recomendadas.

 

O Equipo de Dinamización Lingüística e o Equipo de Biblioteca fixeron un díptico de lecturas recomendadas, para este tempo de Nadal.

                   

 

E o 21 de decembro celebrouse o festival de Nadal, ao que se convidou a todas as familias. Todas as titorías do colexio participaron no mesmo preparando panxoliñas, un conto de Dickens, coreografías navideñas, teatro, publicidade e moitas cousas máis. Estas imaxes corresponden a distintos momentos do mesmo.

            

  

    

      

Powered by Drupal - Design by artinet