Normalización Lingüística

IGUALDADE DE XÉNERO

Neste mes, con motivo da celebración do Día da Muller Traballadora (8 de Marzo), no noso centro leváronse a cabo diversas actividades relacionadas coa IGUALDADE DE XÉNERO.

Elaborouse desde o Equipo de Biblioteca un panel no que se representa informacion sobre diversas mulleres que foron o referente para outras moitas mulleres no mundo. Para dito panel, e relacionando a conmemoración coa tematica central deste curso, escolleuse unha frase de Virginia Woolf:

"Non hai barreira, fechadura nin ferrollo que poidas impoñer á liberdade da miña mente"

 

     

                                

 

Tamén na propia Biblioteca do centro creouse o Rincón da Igualdade, onde os alumnos e alumnas podían ler e consultar información sobre todas estas mulleres que marcaron a historia.

 

O alumnado de 3º de E.P, na clase de Plástica, plasmou o traballo realizado arredor deste tema nuns carteis.

                                                                                

                  

  

E o alumnado de 6º de E.P, coa axuda do seu titor Javier, elaborou este conto, onde se representa unha historia familiar sobre a igualdade de xénero, a diversidade de familias e o acoso escolar.

 

 

ENTROIDO 2017

Xa chegou o Entroido!!!!!

O panel da entrada foi feito polos nenos e nenas de 5º A, con refráns e coplas do Entroido.

O tema, como sempre, foi marcado polos equipos de Biblioteca e Normalización, que cun traballo moi coordinado con Actividades extarescolares e toda a Comunidade Educativa deste centro conseguiu tan bos resultados.

FRASES DO NOSO ENTROIDO

Cada grupo elixiu unha frase, que colocou nunha cartolina decorada polos nosos nenos e nenas, e elaborouse un disfrace relacionado con esta temática. Quedou fantástico!!!!

 



DíA DE ROSALÍA DE CASTRO 2017

Con motivo da conmemoración da data de nacemento da nosa escritora, Rosalía de Castro; no noso centro fixéronse moitas actividades na semana do 20 e o 24 de febreiro:

  • Mural na entrada do colexio e móbiles con carteis de Rosalía, que conteñen poemas da escritora, elaborados por todas as titorías do centro. 
  • Recuncho na nosa Biblioteca dedicado á escritora.

                  

          

  • Decoración do salón de actos do centro.  

 

  • Máscaras de Rosalía de Castro coas que se fixo unha foto colectiva no salón de actos, a tarde do 21 de febreiro, durante o acto de homenaxe. No mesmo acto recitaron poemas todas as clases e rematouse cantando todos xuntos "Adiós ríos, adiós fontes".

 

      

 

                

           

 

  • Sumámonos á iniciativa da Asociación de escritores/as en lingua galega (AELG) e ademais de facer as máscaras de Rosalía, algúns nenos e nenas do colexio fixéronse unha foto con persoas maiores,  portando algún verso rosaliano ou poema. 

                                            

 

                             

 

                     

 

                                                     

 

  • Participamos na mañá do 23 de febreiro nun programa emitido por Radio Arzúa para recordar a figura da escritora galega.

 PREME NA IMAXE SE QUERES ESCOITAR QUE BEN FALARON

       

 

 

Foi unha semana moi rosaliana!!

 

DÍA ESCOLAR POLA PAZ E A NON VIOLENCIA

O 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz xuntándonos todos e todas no salón de actos do colexio. A frase que se escolleu para colocar no mural da entrada do centro pertence a Gandhi: "Se queres cambiar o mundo, cámbiate a ti mesmo". O alumnado de 4º E. Primaria encargouse esta vez de preparalo. Quedoulles moi ben!

 

EXPOSICIÓN DE XOGOS TRADICIONAIS

O 16 de xaneiro todo o alumnado do centro asistiu a unha exposición de xogos tradicionais organizada polo concello de Arzúa.  Aquí tedes algunhas fotos dese día. 

 

                   
   

                                   

             

             

PROMOCIÓN DE PRODUTOS GALEGOS

Este curso estanse promocionando desde o noso colexio produtos típicos de Galicia, como o mel e o queixo. En xaneiro  tocoulle aos nenos e nenas de 3º de E. Primaria participar nunha cata de queixo presentada por Óscar Pérez, secretario xerente do Consello Regulador da DOP Arzúa-Ulloa.

 

   

 

2017:O ANO DE CARLOS CASARES

Este ano é o de Carlos Casares.

Despois da lectura no nadal dun libro deste autor "A galiña azul" imos facer unha pequena homenaxe cun mural onde aparecerán collages, biografías, debuxos...sobre este autor ao que imos adicar todo o 2017 co gallo do Día das Letras Galegas.



 
O mural vai indo pouco a pouco coas aportacións dos alumnos e alumnas de quinto: biografías, collages...
 

 

 

 

 

 

 

 
 

E CHEGOU O NADAL AO NOSO COLEXIO...

Tocoulle agora ao alumnado de 4º E. Primaria preparar o mural da entrada do centro. Escolleron para esta ocasión a frase: "Por Nadal un quilo de..." e eles encargáronse de meter dentro de cada saquiño aquilo que todos desexamos levar ás casas dos nosos amig@s e familiares por estas datas. 

 O Equipo de Dinamización da Lingua Galega, xunto co Equipo de Biblioteca, elaborou este díptico para repartir ás familias.  Na contraportada quixemos rendirlle unha pequena homenaxe a Agustín Fernández Paz, e escollemos estas verbas tan fermosas deste escritor galego falecido no 2016.

 

      

20 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DO NEN@

Para conmemorar esta data, o alumnado de 3º E. Primaria preparou este mural. A frase escollida para o mural é de Malala: "Un neno, un mestre, un libro, un lapis, poden cambiar o mundo". Escribiron ao pé dos debuxos de distintos nenos e nenas do mundo un dereito. No mural da dereita participou todo o alumnado do centro. 

 

 

 

"ESPANTALLO AMIGO" DE XOSÉ NEIRA VILAS

Para conmemorar o Día do nen@ 2016, o Concello de Arzúa ofreceunos unha serie de actuacións na Casa da Cultura. O alumnado de E. Infantil foi o 21 de novembro a ver a representación "Contos para un caldiño", o de  4º, 5º e 6º asistiu o día 23 ao espectáculo musical "O ritmo do Camiño" e o de 1º, 2º e 3º foi o 22 a ver a obra teatral "Espantallo amigo" de Xosé Neira Vilas. 

 

O alumnado de 3º E. Primaria fixo na clase de Plástica estes espantallos.

Powered by Drupal - Design by artinet