Normalización Lingüística

O LIBRO DE GARRINCHA

Despois de disfrutar da lectura do libro  O libro de Garrincha, chegou ao noso colexio a súa autora, Beatriz Maceda, unha mestra nun colexio de A Coruña, CEIP Raquel Camacho, o 2 de febreiro.



Contounos moitas cousas sobre o seu libro, por que o escribeu, canto tempo lle levou... unha multitude de datos que nos encantou escoitar. tamén lle pudemos facer preguntas, se haberá segunda parte do libro... 
 
Tamén nos falou doutro libro infantil seu, Man, o alemán de Camelle...o que próximamente leremos en 4º.
 
Foi unha tarde moi agradable!!!!!
 
Gracias Beatriz!!!!

DEZASETE COUSAS QUE FACER POLO GALEGO

 
O día 17 de maio celébrase o DÍA DAS LETRAS GALEGAS.
Este ano adícase a Filgueira Valverde.
 
 
 
 
 
Nós celebrámolo con varias actividades:
uns obradoiros con Moncho D´Orzán e un concerto dos nenos e nenas do cole.
 
 
 
 

 

Rematamos cantando todos e todas xuntos o HIMNO GALEGO. 

 

Foi fantástico e aprendemos moito !!!!

 

XA TEMOS O VÍDEO!!!!

Gracias a este fantástico vídeo podemos mostrarvos a fermosa experiencia que vivimos ao asistir ao concerto de Najla Shami na Casa da Cultura, onde interactuamos en todo momento, con pandereteiras, bailarín e bailarina incluídas.

 

 

 

PECHE DA SEMANA DE ROSALÍA NO CEIP

Hoxe pechamos as actividades organizadas para a SEMANA DE ROSALÍA no colexio coa fantástica actuación na casa da Cultura de Najla El Shami, cantándonos cancións do seu último disco Na língua que eu falo, onde aparecen misicados poemas desta grande escritora galega.

 

Cantamos, bailamos e acompañámola con pandereitas e cunchas!!!!

Para ver isto preme na seguinte imaxe

 

 Saímos no xornal Correo Gallego para dar  a coñecer a toda a Comunidade Educativa as nosas actividades....

 

24 DE FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA

Un 24 de febreiro de 1837 naceu unha muller moi importante na nosa Literatura Galega, Rosalía de Castro.

No CEIP de Arzúa querémolo celebrar ao grande cun programa de actividades moi diverso e completo ...

 

Nada maís entrar no colexio, tamén temos un fermoso mural adicado a este acontecemento relacionándoo como tema troncal propostao pola Biblioteca, A Mitoloxía

 

 Tamén no corredor de Educación Infantil os maís cativos do colexio adornárono fantásticamente xenial...

Agasallando a todo o noso alumnado cun fermoso marcapáxinas alusivo a esta celebración onde a nosa mascota Marela, tamén, sente predileción por esta escritora.

 

 

 

QUERÉMOSTE E LÉMOSTE ROSALÍA!!!!

Día das Letras Galegas

Hoxe, 17 de maio, conmemórase o Día das Letras Galegas. Este ano, adicado a Xosé M. Díaz Castro e, que mellor homenaxe a esta figura, que escoitar aos nenos e ás nenas do 3º ciclo xunto a Mini e Mero cantando o poema Penélope en Radio Arzúa. Certo é que trasmiten unha manchea de forza e emoción!!!

 Preme aquí para ver máis imaxes

 

 

 

Xosé María Díaz Castro

Aquí vos deixamos os carteis que fixemos sobre a figura de Díaz Castro, un traballo no que colaboraon todos os nenos e as nenas do centro para Conmemorar o Día das Letras Galegas.

 

Se queredes aprender un pouquiño máis sobre Díaz Castro non deixedes de visitar os seguintes enlaces:

-Xogos en liña do Seminario Galán

-Xogo Brinca Letras para Educación Primaria

-Web Díaz Castro

-Recursos da Secretaría Xeral de Política Lingüística 

-Vídeo con poemas de Díaz Castro 

Día de Rosalía no Xornal

 

Saímos no xornal con motivo do acto organizado pola Concellería de Cultura do Concello con motivo do Día de Rosalía, que foi celebrado na Biblioteca Municipal en colaboración de Radioarzúa.

Manuel Álvarez Torneiro

O poeta e xornalista galego Manuel Álvarez Torneiro foi galardoado este ano co Premio Nacional de Poesía

O profe Antón contoulles ao alumando de 3º ciclo un montón de curiosidades sobre a vida e a obra deste escritor.

 

Sentimos Cantares

Este curso quixemos conmemorar o 150 aniversario da publicacion de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro, por iso creamos esta produción na que recitamos, debuxamos, escoitamos e, sobre todo, SENTIMOS CANTARES!!

Powered by Drupal - Design by artinet