2º Curso

REUNION 2ª TRIMESTRE SEGUNDO NIVEL

 

O luns 3 de febreiro tivemos a segunda reunión do curso 2019-2010, como vimos facendo sempre. A parte de falar do Entroido, actividade na que se implica toda a Comunidade educativa, pero sobre todo as familias, tamén se concreta e informa do que se vai traballar ao longo do segundo trimestre.

Preme para velo  no seguinte enlace:

 

https://drive.google.com/file/d/1IKWYb7K_mOykE-cNIbanoho_sSfES6-r/view?u...

CARTEL DE CINE PACÍFICO NO SEGUNDO NIVEL

Xa estamos preparando a cartelera do Día da non violencia e da paz no segundo nivel de primaria e tamén unha presentación ppt sobre todo o tratado e estudado para traballar esta conmemoración.

 

 

Coñecemos personaxes relacionados con esta temática como Ghandi, Marthin Luther King, Dorothy Counts, Rosa Parks, Nelson Mandela, Dalai Lama e John Lenon.

Ademais identificamos e reproducimos os símbolos da Paz como a pomba, a póla de oliveira, o CDN, o movemento hippie, as grullas de origami, dedos en forma de V e as mans pintadas de branco.

 

Pronto publicaremos o traballo !!!!

FLIPPED CLASSROOM: segunda misión.

 A segunda misión do noso proxecto de Plantas contra animais desenvólvese no Mar Caribe, concretamente nun barco de piratas.

 

Para rematar a misión  terán que enfrentarse a realizar unha tarefa cooperativa, traballo en equipo de seis, que consiste en elaborar unha presentación de como se nutren as plantas.

Ademais elaborarán un vídeo, despois de facer un debuxo esquemático que o explique, un disfraz de pirata e unha exposición oral en língua galega

 

 

 

 

 

IMOS XOGAR COAS IMAXES EN 2º NIVEL DE EP

HOXE ESTIVEMOS A TRABALLAR COA INTERPRETACIÓN E A MENSAXE DAS IMAXES, O SEU SIGNIFICADO, O QUE CHE SUXIREN, O QUE CHE QUEREN DICIR...

FIXEMOS ESTAS FOTOGRAFÍAS PARA DARCHE ENTENDER NO QUE IMOS EMPEZAR A TRABALLAR ESTE MES DENTRO DA AULA...

ANIVERSARIOS DE INVERNO NO SEGUNDO NIVEL

No mes de decembro celebramos a primeira festa de aniversarios deste curso 2019-2020.

Somos oito os e as que nacemos dende agosto ata decembro!

Cantamos, bailamos, comemos e brindamos!!! Toda unha festa de dez!
 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

SEGUIMOS CARTEÁNDONOS CUN COLEXIO DE A CORUÑA

Os alumnos e alumnas de 2º nivel do cole CEIP Aneja de Prácticas de A Coruña felicitounos cunha fermosa postal navideña individualizada e personalizada...

 

e dentro fermosas mensaxes cos mellores desexos para estas datas...

 

 

 

 

 

 


Nós tamén lle enviamos unha por correo postal, fumos a oficina de correos...mellor   dito enviamos a un duende.

Agardamos novas de cando lles cheguen!!!

 
 
Un traballo ben feito en equipo, poñendoen practica as TICs!!!!!
 
 

TALLER CON XEOMETRÍA COMESTIBLE en 2º nivel de Primaria

Quen dixo que a xeometría comestible non existe?

Par levar a cabo isto só necesitamos pauñios de de dentes ou de brochetas e ... comida!!! Sí, si froita ou chuches, a elexir!

Empezamos xa!!!!!

Primeiro libremente experimentarán cos materiais creando figuras ou corpos xeométricos, por equipos fomentando o traballo cooperativo. Logo examinaremos e comentaremos as formas creadas facendo énfase nos diferentes elementos a traballar en xeometría como lados, vértices, caras, aristas, base...Elaboramos fichas das diferentes formas que sairon: polígonos como triángulos, cuadrados, rectángulos, rombos, pentágonos, exágonos...e corpos xeométricos como pirámides, prismas... tetraedros, cubos, e composicións varias. 

Foi super interesante todo o que aprendemos, e ramatamos a sesión cunha pequena degstación da xeometría , bueno , mais ben dos conectores da xeometría!

 

 

 

 
 

HALL ROOM NO SEGUNDO NIVEL DE PRIMARIA

Antes do Nadal sempre facemos unha actividade lúdica como premio ao traballo ben feito no trimestre.

Fomos a COCOROOM, en Santiago de Compostela para facer unha actividade de SCAPE ROOM/HALL ROOM.

Alí, Iván, o noso game master, explicounos as normas de como xogar e logo adentrámonos no Cairo, en Exipto.

Na actividade EXPLORADORES EN O CAIRO, partese de que o Val dos Reises non é un lugar seguro, xa que os últimos descubrimentos arqueolóxicos no Deserto do Cairo fixeron que aumenten os grupos de mercenarios/exploradores na procura de novos tesouros cos que poder traficar por todo o mundo a través do mercado negro. O noso obxectivo  é poñer a salvo eses tesouros. Pero temos que ter presente que se esconden numerosos perigos.

Fixemos catro equipos, os mesmos que temos na clase para o festival de Nadal: Frozen, Peter Pan, Libro de la Selva e A sereíña  e fomos quen de atopar os tesouros ...os vasos canopos que xunto cos logros do outro equipo seriamos capaces de abrir a caixa onde se gardan os tesouros de O Val dos Reises.

NON É NON!!!! 25 de novembro e os 365 días restantes

Os nenos e nenas de 2º A de Educación Primaria seguen sementando para construir un mundo mellor en canto a igualdade, respecto e liberdade, dando exemplo da implicación con este tema que tanto urxe  erradicar da nosa sociedade, das nosas vidas.

Preme na imaxe se queres saber máis dos seus traballos


 

 

CORREO POSTAL CUN COLE DE A CORUÑA

Carmen, a profe de música do curso pasado tivo unha grande idea!!!

Ela este curso está no seu novo colexio cun grupo de 24 alumnos/as de segundo nivel de primaria.

Polo que, dentro do Plan Escritor, decidimos levar a cabo un miniproxecto intercentros: envío dunha postal onde se reflexan diferentes lugares de Arzúa elexidos polo alumnado matriculado en 2º nivel de EP desta vila. Eles e elas xa nos mandaron unas fermosas postais co que máis lle gusta da sua cidade, A Coruña.

Se queres saber máis preme na imaxe:

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet