Escolares, 1º Curso, 2º Curso, 3º Curso, 4º Curso, 5º Curso, 6º Curso, Ed. Física, Ed. INFANTIL, Idioma estranxeiro, 3 anos, 4 anos, 5 anos, Recursos, Novas, Ed. Musical, 1º Ciclo Prim., 2º Ciclo Prim., 3º Ciclo Prim.

CUARTA ENTREGA DE MOCHILEIROS/AS POLO MUNDO en 2ºEP

Xa chegou a primiera mochileira de 2ºA, Alba, do destino elexido, esta vez FRANCIA dentro do proxecto MOCHILEIROS E MOCHILEIRAS POLO MUNDO:

 Foi un pracer escoitarte!!!

TERCEIRA ENTREGA DE MOCHILEIROS/AS POLO MUNDO en 2ºEP

A mochileira de 2ºB, Sara, xa chegou do destino elexido, esta vez ARXENTINA dentro do proxecto MOCHILEIROS E MOCHILEIRAS POLO MUNDO:

Gracias Sara, encantaríanos   ir a Arxentina!

SEGUNDA ENTREGA DE MOCHILEIROS/AS POLO MUNDO en 2ºEP

Xa chegou o segundo mochileiro de 2ºB, Miguel, do destino elexido, esta vez RUSIA dentro do proxecto MOCHILEIROS E MOCHILEIRAS POLO MUNDO:

 

Cantas cousas aprendemos deste país!

 

PLAN ESCRITOR: ACRÓSTICOS

Dentro do Plan Escritor e dentro do Obradoiro de creación de textos, elaboramos ACRÓSTICOS cos nosos nomes:

   

PRIMEIRA ENTREGA DE MOCHILEIROS/AS POLO MUNDO en 2º EP

  Hoxe xa chegou o primeiro traballo dunha mochileira de 2ºB, Carla sobre o seu país elexido:  FRANCIAdentro do proxecto de aula MOCHILEIROS E MOCHILEIRAS POLO MUNDO:

  

Un traballo de dez e unha exposición na aula moi detallada e clara sobre este pais co seu Lapbook en fieltro.

Noraboa Carla polo teu traballo e implicación xunto coa tua familia!

DÍA MUNDIAL DA TOLERANCIA EN 2ºEP, 16 de novembro

No 2º nivel de EP educamos para a Tolerancia, en defensa dos Dereitos Humanos Universais, confirmamos o noso compromiso de “poñer muro” en todos os camiños nos que o odio, a discriminación e a intolerancia queiran penetrar, sobre todo nas Redes Sociais e Internet, que é a súa maior vía, a través da defensa dos valores democráticos e da Educación para a Tolerancia e os Dereitos Humanos.

Os nenos e nenas de segundo nivel de educación primaria participaron nunha actividade moi motivadora: “O atrapasoños da Tolerancia”. Cada neno ou nena elaborou para a súa tira mans con mensaxes e debuxos.

SEGUNDA ACTIVIDADE DA SEMANA DA CIENCIA EN 2º EP

A auga camiña é unha experiencia un tanto científica para demostrar que coa mestura de  cores primarios podemos obter as secundarios. Só necesitamos vasos transparentes de cristal, servilletas de papel absorbente, auga e colorantes alimentarios de cores primarios: amarelo, cian e maxenta. 

  

Plantexado o experimento xorden numerosas hipóteses que chegarán a demostrarse ou non!

 

A auga móvese dun vaso a outro pola forza intermolecular e para igualar a tensión superficial pasando dun vaso a outro, e co colorante vese como nese movemento hai unha mestura de cores primarios. este fenómeno coñécese co nome de capilaridade.

 

SEGUNDA ACTIVIDADE DA SEMANA DA CIENCIA en 2º EP

Hoxe , día 14 de novembro , conmemórase o DIA MUNDIAL DA DIABETES co seguinte lema 

e por iso incluímola na programación da SEMANA DA CIENCIA, dado que a ciencia e os seus avances axudan a mellorar a calidade da vida das personas afectadas.

Imos ter a sorte de ver en directo a unha doutura moi especial que nos vai falar desta doenza ou enfermidade:

PRIMEIRA ACTIVIDADE DA SEMANA DA CIENCIA no 2º nivel de EP

Construir moléculas, a partires de átomos, que a súa vez están divididas en partículas infinitamente diminutas e indivisibles. Imos a ser QUÍMICOS e QUÍMICAS, onde imos a investigar e probar difrentes estructuras moleculares usando diferentaes atómos que aparecen reflexados nesta tabla periódica:

Foi unha sesión moi interesante, vimos un vídeo explicativo facendo un pouco de historia dende Demócrito ata hoxe en día. E logo a posta en práctica do aprendido: átomos, enlaces, moléculas, materia, estructuras...

E os resultados:

         

 

 

PROXECTO COMPETENCIAL DE SEGUNDO NIVEL DE EP

Outra sesión do proxecto SEMENTAR SEMENTAREI, onde xa plantamos e preparamos o horto da ula, grazas a axuda de Alberto, o conserxe.

Tamén deseñamos e personalizamos as macetas de plantar para obter plantas e investigar sobre cales son as mellores condicións e os coidados que necesitan estes seres vivos!

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet