Escolares, 1º Curso, 2º Curso, 3º Curso, 4º Curso, 5º Curso, 6º Curso, Ed. Física, Ed. INFANTIL, Idioma estranxeiro, 3 anos, 4 anos, 5 anos, Recursos, Novas, Ed. Musical, 1º Ciclo Prim., 2º Ciclo Prim., 3º Ciclo Prim.

DÍA DOS OCÉANOS en 1ºB, 8 de xuño

 

Seguimos loitando contra a contaminación e o lixo na natureza, e tamén no mundo acuático, nesta ocasión os océanos.

Por iso organizamos actividades na aula sobre a palabra OCÉANO: que é, que ten, fai nos falta, hai que coidalo... un sinfín de cuestións que nos van axudar a levar a cabo esta temática e a conmemoración a nivel mundial do DÍA DOS OCÉANOS.

Para iso recurrimos a construir unhas gafas de poderes máxicos que nos fan ver como terían que estar os nosos océanos, limpos, sans, coidados ...xa que supoñen unha fonte de riqueza en canto á biodiversidade e, como non, tamén a nivel económico (infinidade de persoas que viven do mar)

Loitemos porque a humanidade non precise destas gafas, que os océanos estén nas condicións que deben de estar, non nunha utopía senón que sexa nunha realidade

   

  

   

  

   

  

MULLERES SENLLEIRAS_ TRABALLO REALIZADO POLO ALUMNADO DE 3º EP NA MATERIA DE PROXECTO COMPETENCIAL

O alumnado de 3ºA e 3ºB, matriculado na materia de Proxecto Competencial,  fixo este curso 2022-23 un traballo de investigación arredor da vida de varias mulleres, que pola súa traxectoria en distintos ámbitos da cultura, son un referente para todos nós. Cos carteis elaborados confeccionamos este mural que quedou exposto no corredor da planta baixa do noso colexio. 

PICASSO en 1ºB

PABLO PICASSO, malagueño de nacemento pero parisino polo que traballou neste país.

Na súa obra establécense tres periodos:

  • PERIODO AZUL:  cadros con cores frías, predominando o azul nunha época chea de tristura pola morte do seu mellor amigo...

  

  • PERIODO ROSA: cadros con cores cálidas, predominando os rosas, laranxas, vermellos e a figura do arlequín...xa estna instalado en París.

  

  • PERIODO NEGRO: cadros feitos co CUBISMO e inspiradas nas máscaras africanas ou arte negro.

 

 

DESVESTINDO O PASADO, proxecto competencial en 1ºB

 

Dentro da programación da materia de Proxecto Competencial este trimestre traballamos e iniciámonos na historia e na evolución do vestido ao longo da historia.

Xa acabamos coas diferentes etapas ou idades ao longo da Historia e para iso elaboramos unha liña do tempo como resumo de todo o traballado ao longo do curso:  

Pero non queriamos rematar esta materia sen traballar a vestimenta propia da nosa terra, Galicia:

TÍTULO: DESVENTIDO O PASADO

 

 

DESVESTINDO O PASADO, proxecto competencial en 1ºB

Dentro da programación da materia de Proxecto Competencial este trimestre traballamos e iniciámonos na historia e na evolución do vestido ao longo da historia.

Seguimos co ultimo periodo, a IDADE CONTEMPORÁNEA que ao alumnado desta idade lle motiva: cómo vivían, como comían, como vestían, os feitos históricos mais relevantes, anécdotas como a de Napoleón, pepe Botella, A Pepa...en fin seguir coa investigación que nos corresponde este curso

TÍTULO: DESVENTIDO O PASADO

Un desfile do FASHION YEAR neste 1º nivel de Educación Primaria co aprendido

 

BRANCO NO RECORDO AZUL. DEBUXANDO O FUTURO, EXPOSICIÓN DE PABLO PICASSO EN A CORUÑA

Escucha en tu infancia la hora

que blanco en el recuerdo azul

borde blanco en sus ojos azulísimos

y trozo de índigo de cielo de plata

las miradas blancas atraviesan cobalto

el papel blanco que la tinta azul arrastra

azulado su ultramar desciende y el blanco

goza del reposo azul agitado en el verde

oscuro muro verde que escribe su placer

lluvia verde claro que nada verde amarillo

en el olvido claro al borde de su pie verde

la arena tierra canción arena de la tierra

por la tarde arena tierra

Pablo Picasso. 1935

O título da exposición é Branco no recordo azul. Debuxando o futuro. Este título está extraído deste poema que escribiu Pablo Picasso en 1935; un período no que parece ser que o artista se atopaba nunha pequena crise artística e apartou por un momento os pinceis centrándose na escritura.

Os poemas que escribiu neste período Pablo Picasso son complexos e están escritos dun xeito tan libre que ás veces é difícil atoparlles un fío conductor. 

Este poema fai distintas alusións as cores (azul, branco, amarelo, verde...) e a aspectos da natureza (terra, area, choiva...). Tamén se refire á infancia. Os comisarios desta exposición (as persoas encargadas de crear o relato da exposición e de escoller as obras que se amosarán nela) pensan que neste poema Picasso está a falar dos seus anos de infancia na Coruña.

Pablo Picasso naceu en Málaga no ano 1881. Cando tiña 11 anos, en 1891, veuse a vivir a Coruña coa súa familia xa que o seu pai conseguiu un traballo como mestre de debuxo na Academia de Belas Artes desta cidade. Viviron aquí ata 1895, ano no que o pai permuta a súa praza de profesor coa dun mestre de Barcelona. Picasso vivirá entre Barcelona e Madrid ata que, en 1990 (con 19 anos) múdase a París, berce da arte daquel momento. Mudarase en numerosas ocasións, pero xa non abandonará o país francés; falencendo na vila de Mougins o 8 a de abril de 1973.

Xustamente esta exposición realízase na Coruña con motivo do 50 aniversario da súa morte. 

A exposición está dividida en dez capítulos ou seccións:

 

  • Academia e clasicismo: xénese do fauno e o home do cordeiro
  • Realismos, paisaxe e etnografía
  • Poéticas de autoafirmación: retrato e autorretrato
  • Caricatura e nacemento da conciencia crítica
  • Picasso escribe
  • A arte nunca é casta. Erotismo
  • Cubismos
  • Grandes mestres
  • Mosqueteiros
  • O pintor e o seu modelo

Nos seus anos xuvenís da Coruña, Picasso descobre a figura do mosqueteiro, tal vez a través de publicacións da época ou na obra dos seus profesores. Este personaxe de capa e espada, tan soada entre os séculos XVI e XVII e mitificada pola literatura francesa de Alejandro Dumas, convértese en iconografía recorrente desde 1966. A partir de entón, desprega un abano de miradas, en forma de gravados e pinturas de rebosantes cores, que relaciona co gusto pola parodia. Nela, parece recuperar o carácter lúdico daqueles que debuxou na súa adolescencia coruñesa, aínda que desde novas posicións estéticas, sometidas ás análises cubistas e á xestudialidade de expresionista.

ACTIVIDADE: POÑÉNDOLLE RASGOS A UN MOSQUETEIRO DE PICASSO

Seguro que todos e todas tedes algún personaxe popular especialmente querido: Spiderman, Elsa, LadyBug, Vaiana... Do mesmo xeito, o neno Picasso tiña personaxes do imaxinario popular que o acompañaban nas súas aventuras e na súa imaxinación. Un destes personaxes era o Mosqueteiro.

Na mostra Branco no recordo azul. Debuxando o futuro, veremos dúas obras realizadas en 1967 sobre esta temática. Representadas en estilos e técnicas moi distintas, Picasso semella estar representando a figura do mosqueteiro dun xeito paródico.

Para xogar cun destes cadros do mosqueteiro picassiano, quitámoslles os rasgos da súa faciana para que lledebuxemos os seus ollos, nariz, beizos, orellas e calquera atributo que se vos ocorra. Logo na visita ao museo veremos o aspecto real do mosqueteiro de Picasso. 

  

 E así é o resultado:

      

   

    

Para saber un pouco mais deste polifacético artista elaboramos duas fichas, que se queres saber delas preme nos enlaces:

Ficha 1                    Ficha 2 

    

Tamén reproducimos varias obras de Picasso dos diferentes periodos ao longo da súa vida:

 

ÁLBUM DE ANIMAIS MARIÑOS DE 1ºB

Seguimos as indicacións de Luís Seoane e escollemos como animal protagonista do noso album ao POLBO, un animal totémico e moi representativo da nosa terra, Galicia:

As nosas creacións para incluir no almacén da nosa clase nun formato de álbum de xilografías,

máis ben, gomaevagrafías!

RETO SUPERADO!

BAIXO O MEU PARAUGAS, unha perfomance en 1ºB

BAIXO O MEU PARAUGAS é a proposta do Museo de Bellas Artes para representar a choiva axudándose dun elemento que indiscutiblemente vai ligado a esta: o paraugas.

Creamos un escenario moi acorde coa temática e o tempo atmosférico que estes días está a facer: tormentas e choivas que fan que collamos o paraugas!

             

 

MIGUEL CERVANTES en 1º B, PROXECTO COMPETENCIAL.

Dentro do Proxecto Competencial rematamos a Idade Moderna, pero non sen tocar un personaxe moi importante arredor do ano 1600, un famoso e coñecido escritor español: MIGUEL DE CERVANTES. Autor de numerosas obras moi importantes, sendo a mais coñecida para nós O INXENIOSO FIDALGO DON QUIXOTE DA MANCHA.

Tamén nos fixamos na maneira de vestir desa época e da maneira de vivir, cervantes quedou manco na Batalla de Lepanto ( Vaticano contra os Turcos), polo que é coñecido polo sobrenome de O MANCO DE LEPANTO.

 E como actividade final cada un e unha fixo o seu Miguel de Cervantes coa técnica do collage:

     

 

 

 

DIA DO MEDIO AMBIENTE en 1ºB, 5 de xuño

O medio ambiente é o medio que afecta aos seres vivos e condiciona as súas circunstancias vitais. As condicións (físicas, económicas, culturais, etc.) dun lugar, dun grupo ou dun tempo.

A Organización das Nacións Unidas estableceu o 5 de xuño como o Día Mundial do Medio Ambiente. Sen contaminación por plástico é o lema deste ano.  Cada ano prodúcense máis de 400 millóns de toneladas de plástico en todo o mundo e crese que a metade deste material está destinado a unha vida útil dun só usoMenos do 10% recíclase. Calcúlase que entre 19 e 23 millóns de toneladas de residuos plásticos acaban cada ano en lagos, ríos e mares. Isto equivale ao peso dunhas 2.200 Torres Eiffel xuntas.

Así mesmo, os microplásticos (partículas de plástico cuxo diámetro é inferior a 5 mm) invaden os alimentos, a auga e mesmo o aire. Estímase que as persoas inxiren máis de 50.000 partículas de plástico cada ano, e incluso moitas máis se se teñen en conta as partículas inhaladas. Os produtos plásticos dun só uso que se descartan ou queiman non só prexudican a saúde humana e a biodiversidade, senón que tamén contaminan todo tipo de ecosistemas, desde os cumios das montañas ata os fondos mariños.

É posible afrontar o problema da contaminación plástica aproveitando os avances científicos e as solucións existentes. Para resolver esta crise, os gobernos, o sector privado e outras partes interesadas deben ampliar e implementar medidas específicas eficaces. Por iso, é fundamental que o Día Mundial do Medio Ambiente mobilice medidas ambientais transformadoras en todos os recunchos do mundo.

Nós, os nenos e nenas de 1ºB imos pór o noso gran de area, aínda que mínimo pero axudará a concenciar a todos/as  que nos rodean de que o lixo non pode estar na natureza: BASURALEZA NON!

Como nós somos unha vila no interior de galicia non temos océanos  pero sí que tamén imos imlicarnos na eliminación de plásticos no nosos entorno máis cercano, o patio do colexio. 

Formamos unha patrulla de ecovixías de guante blanco, onde fomos nomeados pola Orden da basuraleza dunha maneira similar a como facía o rei Arturo aos seus cabaleiros. Tal cual!!! De xeonllos e cun pau fomos nomeados un a un, unha a unha!!

E xa nomeados /as procedemos a traballar cunha única meta, eliminar o lixo na Natureza, no patio do noso colexio:

Nun primeiro momento sacamos fotos dos puntos onde atopábamos lixo:

      

  

  

...

Logo procederemos a recollelo nunha fase posterior con guantes (por iso o do guante blanco) para protexernos debidamente.

E para finalizar este día tan especial, que ademais completaremos cunha saída o día 8 á Cidade da Cultura, cunha visita guiada titulada A Biodiversidade no Gaias, recibiremos un diploma onde se nos acredita como ECOVIXIAS DE GUANTE BLANCO.

 

Un equipazo de ECOVIXÍAS DE GUANTE BLANCO

 

Powered by Drupal - Design by artinet