O CAFI deséxavos felices festas
Enviado por pablogulin a Mér, 16/12/2015 - 12:47Summary:
Summary:
Summary:
Desenvolver a alfabetización de datos é crucial por dúas razóns clave.
Este curso presenta principios clave e estratexias prácticas para o uso eficaz de datos na educación. Explorarás como os docentes recompilan e interpretan datos para mellorar a aprendizaxe dos estudantes, personalizar a instrución e fomentar aulas inclusivas. Ademais, explorarás prácticas de datos na aula con espírito crítico; reflexionarás sobre a ética e os beneficios dos datos, así como sobre as ferramentas dixitais baseadas en datos.
Summary:
Avaliar convértese, a miúdo, nunha carreira de obstáculos que o alumno supera e o docente certifica, pero que non responde á finalidade de mellorar a aprendizaxe nin en cantidade nin en calidade.
Nesta actividade propoñémosche realizar unha avaliación formativa que permita realmente o crecemento do alumnado. Por iso convídannos a reflexionar sobre algunhas prácticas de avaliación que quizais repetísemos sen expornos a fondo se funcionan ou non.
A avaliación formativa non é algo trimestral, mensual ou semanal. Debe suceder á vez que a aprendizaxe, é dicir, dentro das nosas aulas. E, ademais, é posible lograr que os estudantes participen nela de maneira moi activa. Trátase dun labor gratificante para o docente, que comproba como os seus alumnos aprenden máis.
Summary:
Datas:
Mércores, 7 de maio de 17 a 20 horas
Xoves, 8 de maio de 17 a 20:30 horas
Mércores, 14 de maio 17 a 20:30 horas
Lugar: CAFI, aula 11
Inscrición aberta ata o 22 de abril, 2025
Imparte: Chusa Pérez de Vallejo
Obxectivos
1.Fomentar a aprendizaxe activa das linguas poñendo o foco na comunicación oral e expresión corporal.
2.Empregar técnicas dramáticas que faciliten a interacción e a fluidez na comunicación.
3.Integrar ferramentas e metodoloxías comunicativas para desenvolverse en espazos culturais variados.
Contidos
1.Técnicas dramáticas aplicadas á ensinanza de linguas: role play, simulación, micro teatro, teatro improvisado.
2.Estratexias e recursos dramáticos que exercitan e facilitan a interacción lingüística.
3.Aplicación dramatizada das novas tecnoloxías: curtametraxes, cancións, vídeos de anuncios, películas, dobraxe.
4.Creación literaria desde a improvisación e traballo con textos literarios en escena.
Summary:
Este 21 de marzo, Día Mundial da Poesía evocamos a Chus Pato
cando o corpo rompe
cando o granito rompe
cando xa nada pode consolarno
nacemos
Chus Pato, Sonora.
Premio Nacional de Poesía, participará nos Obradoiros de mellora da competencia comunicativa do profesorado coa conferencia "Reflexións sobre Sonora". Podedes anotarvos en Fprofe. Código: G2402006 #cafilinguas
Summary:
A actividade Climántica: novos retos tras 18 anos educando sobre o cambio climático busca actualizar e mellorar a educación sobre o cambio climático a través de enfoques interdisciplinares e competenciais. Para iso, céntrase en adaptar modelos mentais clave ao ensino, analizar materiais didácticos creados con metodoloxías transversais e debater estratexias e proxectos en curso co apoio de Erasmus+ e da Secretaría de Estado de Educación. Tamén aborda a eficacia das políticas actuais de mitigación e adaptación, a dificultade de cambiar crenzas e actitudes, e a necesidade dun enfoque multidisciplinar para comprender os retos ecolóxicos globais e locais.
Summary:
Conferencias plenarias de apertura e peche.
Obradoiros cun enfoque práctico para a mellora da competencia comunicativa do profesorado complementados con charlas de carácter formativo.
Non faltedes!
Summary:
O vindeiro 26 de abril de 2025, no Pazo de San Roque terá lugar a Xornada do Día das Letras Galegas. O cancioneiro popular.
A Xornada terá dúas partes:
Agardámosvos!
Summary:
O Roteiro do poeta Fiz Vergara Vilariño está dedicada á figura do ilustre escritor galego Fiz Vergara Vilariño, nado na parroquia de Santalla, concello de Samos, o 15 de abril de 1953.
Desde neno Fiz padecía distonía muscular, enfermidade que o conduciu á morte, á temperá idade de corenta e catro anos, o 18 de xullo de 1997.
Datos de interese:
Ao longo do percorrido (en coche e a pé), iremos atopando, en puntos referenciados, as obras de 13 artistas que lembran algún poema ou aspecto da vida do poeta
Summary:
Achégase a Orde pola que se convocan prazas destinadas ao profesorado para a realización de itinerarios formativos para a mellora da súa competencia lingüística e comunicativa, relativos ao Programa integral de aprendizaxe de linguas estranxeiras (PIALE)
O prazo para a presentación de solicitudes abrangue desde o 3 de marzo ata o 21 de marzo de 2025, ambos os dous incluídos.
A solicitude realizarase a través do aplicativo https://www.edu.xunta.gal/piale/