Gallego

Día Mundial da Poesía

Summary: 

Día da poesía
21 de marzo
Gallego

Este 21 de marzo, Día Mundial da Poesía evocamos a Chus Pato

 cando o corpo rompe

cando o granito rompe

cando xa nada pode consolarno

 nacemos

Chus Pato, Sonora.

Premio Nacional de Poesía, participará nos Obradoiros de mellora da competencia comunicativa do profesorado coa conferencia "Reflexións sobre Sonora".  Podedes anotarvos en Fprofe. Código: G2402006 #cafilinguas

Día da poesía

Climántica. Novos retos tras 18 anos educando sobre o cambio climático

Summary: 

Esta actividade formativa busca actualizar e mellorar a educación sobre o cambio climático a través de enfoques interdisciplinares e competenciais
Gallego

A actividade Climántica: novos retos tras 18 anos educando sobre o cambio climático busca actualizar e mellorar a educación sobre o cambio climático a través de enfoques interdisciplinares e competenciais. Para iso, céntrase en adaptar modelos mentais clave ao ensino, analizar materiais didácticos creados con metodoloxías transversais e debater estratexias e proxectos en curso co apoio de Erasmus+ e da Secretaría de Estado de Educación. Tamén aborda a eficacia das políticas actuais de mitigación e adaptación, a dificultade de cambiar crenzas e actitudes, e a necesidade dun enfoque multidisciplinar para comprender os retos ecolóxicos globais e locais.

Climántica. Novos retos tras 18 anos educando sobre o cambio climático

G2402006 Obradoiros de mellora da competencia comunicativa do profesorado

Summary: 

Obradoiros de mellora da competencia comunicativa do profesorado
Gallego

Conferencias plenarias de apertura e peche.

Obradoiros cun enfoque práctico para a mellora da competencia comunicativa do profesorado complementados con charlas de carácter formativo.

  • Data: 5 de abril
  • Lugar: EGAP. Santiago de Compostela

Non faltedes!

Obradoiros de mellora da competencia comunicativa do profesorado
Obradoiros de mellora da competencia comunicativa do profesorado

G2402038 Xornada do Día das Letras Galegas. O cancioneiro popular

Summary: 

Xornada do Día das Letras Galegas
O cancioneiro popular
Gallego

O vindeiro 26 de abril de 2025, no Pazo de San Roque terá lugar a Xornada do Día das Letras Galegas. O cancioneiro popular.

A Xornada terá dúas partes:

  • Pola mañá diversos estudosos farán un percorrido polas principais caracterìsticas que definen o noso cancioneiro así como un repaso das principais figuras.
  • Pola tarde achegaremos diversas propostas didácticas a partir do traballo nos nosos centros de infantil, primaria, secundaria, FP e adultos.

Agardámosvos!

Xornada do Día das Letras Galegas. O cancioneiro popular

G2403007 Roteiro polos espazos vitais e literarios de Fiz Vergara Vilariño

Summary: 

Fiz Vergara Vilariño
Gallego

O Roteiro do poeta Fiz Vergara Vilariño está dedicada á figura do ilustre escritor galego Fiz Vergara Vilariño, nado na parroquia de Santalla, concello de Samos, o 15 de abril de 1953.

Desde neno Fiz padecía distonía muscular, enfermidade que o conduciu á morte, á temperá idade de corenta e catro anos, o 18 de xullo de 1997.

Datos de interese:

  • Relatora: María Casar
  • Data: 7 de xuño de 2025
  • Lugar: Santalla
  • Código en fprofe: G2403007

Ao longo do percorrido (en coche e a pé), iremos atopando, en puntos referenciados, as obras de 13 artistas que lembran algún poema ou aspecto da vida do poeta

  1. Aira Padrón, artista Primitivo Lareu
  2. Cruce de Foilebar, artista Xesús Otero-Yglesias
  3. Requeixo, artista Manuel Buciños
  4. Muiño de Locai, artista Álvaro de la Vega
  5. O Pedregal, artista Violeta Bernardo
  6. Altamira, Santalla, artista Miguel Macía
  7. O Muiño, artista Fernando Yáñez
  8. A Fonte da Cova, artista Mónica Alonso.
  9. Aira de Tesín, artista Poy
  10. Pozo de Monteiro, artista Caxigueiro
  11. Veiga de Fía, artista Eduardo Valiña.
  12. Augadalte, artista Paco Pestana
  13. A Pedra do Río, Pozo de Beltrán, artista Manuel Caamaño.

 

    G2403007  Roteiro polos espazos vitais e literarios de Fiz Vergara Vilariño

    Programa PIALE

    Summary: 

    Convocadas prazas destinadas ao profesorado para a realización de itinerarios formativos para a mellora da súa competencia lingüística e comunicativa, relativos ao programa PIALE para o ano 2025
    Gallego

     

    Achégase a Orde pola que se convocan prazas destinadas ao profesorado para a realización de itinerarios formativos para a mellora da súa competencia lingüística e comunicativa, relativos ao Programa integral de aprendizaxe de linguas estranxeiras (PIALE)

    O prazo para a presentación de solicitudes abrangue desde o 3 de marzo ata o 21 de marzo de 2025, ambos os dous incluídos.

     

    A solicitude realizarase a través do aplicativo https://www.edu.xunta.gal/piale/

     

    Orde do 31 de xaneiro de 2025 (DOG)

    PIALE

    S2401021 Atención educativa do alumnado con TDAH

    Summary: 

    Gallego

    Curso "Atencion educativa do alumnado con TDAH". Aberto o prazo de inscrición en fprofe. Cod: S2401021

    Obxectivos

    • Coñecer as características do TDAH.
    • Adquirir estratexias metodolóxicas e de autorregulación da conduta así como das distintas técnicas, medidas e recursos que favorecen a atención educativa do alumnado con TDAH.
    • Experimentar na aula propostas metodolóxicas e recursos que melloren a resposta educativa e a inclusión do alumnado con TDAH.

    Contidos

    • Características do TDAH. Estratexias metodolóxicas, de autorregulación emocional e manexo da conduta.
    • Medidas e recursos que favorecen a atención ao alumnado con TDAH. Organización de espazos e tempos. Adaptación de probas de avaliación.
    • Metodoloxías inclusivas. Experiencias prácticas.

     

    S2401021 Atención educativa do alumnado con TDAH

    G2401135 Ensinar Europa. A folla de ruta dunha aula cara a Europa

    Summary: 

    Gallego

    Aberta a inscrición en #Fprofe da actividade G2401135 Ensinar Europa. A folla de ruta dunha aula cara a Europa. Prazo: ata o 26 de febreiro.

    Obxectivos

    • Comprender a diferenza entre ensinar para e sobre Europa e por que ambas son importantes hoxe en día.
    • Identificar as preocupacións clave dos estudantes sobre a sociedade europea e o futuro, e os valores detrás delas.
    • Deconstruír o concepto de identidade europea e o seu significado na educación.

     

    Contidos

    • Europa na miña aula.
    • Europa na vida cotiá.
    • Ensino para a cidadanía activa.
    • Mirando ao futuro.

    Observacións

    Esta actividade desenvólvese na plataforma European SchoolNet e será toda en inglés polo que se debe ter un dominio do idioma.

    G2401135 Ensinar Europa. A folla de ruta dunha aula cara a Europa