Gallego

S2501120 Novas tecnoloxías e IA no ensino de linguas

Summary: 

Este curso ofrece unha visión actualizada e práctica das posibilidades que achegan as novas tecnoloxías e a intelixencia artificial ao ensino e aprendizaxe de linguas. Analízanse as ferramentas dixitais máis relevantes —plataformas educativas, aplicacións interactivas, recursos multimodais e sistemas baseados en IA— e explóranse estratexias para integralas de maneira eficaz nas aulas. O programa inclúe o deseño de actividades didácticas innovadoras, o uso responsable e ético da IA, a personalización da aprendizaxe mediante algoritmos adaptativos, a creación de materiais con tecnoloxías emerxentes e a avaliación competencial mediante ferramentas dixitais. O curso combina fundamentos teóricos con propostas prácticas orientadas ao desenvolvemento da competencia comunicativa, o pensamento crítico e a autonomía do alumnado no contexto multilingüe actual.
Undefined

Este curso ofrece unha visión actualizada e práctica das posibilidades que achegan as novas tecnoloxías e a intelixencia artificial ao ensino e aprendizaxe de linguas. Analízanse as ferramentas dixitais máis relevantes —plataformas educativas, aplicacións interactivas, recursos multimodais e sistemas baseados en IA e explóranse estratexias para integralas de maneira eficaz nas aulas. O programa inclúe o deseño de actividades didácticas innovadoras, o uso responsable e ético da IA, a personalización da aprendizaxe mediante algoritmos adaptativos, a creación de materiais con tecnoloxías emerxentes e a avaliación competencial mediante ferramentas dixitais. O curso combina fundamentos teóricos con propostas prácticas orientadas ao desenvolvemento da competencia comunicativa, o pensamento crítico e a autonomía do alumnado no contexto multilingüe actual.

Novas tecnoloxías e IA linguas
Novas tecnoloxías e IA no ensino de linguas

Observa_Acción

Summary: 

Resolución definitiva de centros seleccionados para participar no programa de formación Observa_Acción
Gallego

Resolución definitiva de centros seleccionados para participar no programa de formación Observa_Acción ao abeiro da RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 2025, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca a participación no programa de formación “Observa_Acción: desenvolvemento competencial desde a observación e o intercambio entre iguais”, durante os cursos escolares 2025/26 e 2026/27, que se levará a cabo a nivel autonómico, nacional e internacional.

Enlace: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/48319

Observa_Acción

G2502039 Biografías lingüísticas e transmisión do galego

Summary: 

Biografías lingüísticas e transmisión do galego. Unha mirada crítica
Gallego

Este curso propón un espazo de reflexión e acción para o profesorado de ensino primario e secundario (especialidades de Lingua galega e literatura e de Lingua castelá e literatura), centrado na conciencia lingüística crítica como metodoloxía que nos permite reflexionar sobre a transmisión interxeracional da lingua galega e a súa incorporación ás biografías lingüísticas do alumnado.

A formación ten como obxectivo recoñecer e valorizar os repertorios lingüísticos do alumnado, promovendo prácticas pedagóxicas inclusivas que integren as TIC como ferramentas de empoderamento e participación. Ao longo das sesións, presentarase unha selección de materiais e experiencias innovadoras que contribúen á revitalización do galego e ao cuestionamento das ideoloxías lingüísticas hexemónicas.

O curso combinará actividades prácticas, análise de biografías lingüísticas e elaboración de proxectos colaborativos, fomentando unha docencia transformadora, comprometida coa diversidade lingüística e cultural.

Datos de interese:

  • Código en fprofe: G2502039
  • Lugar: Salón de Actos da Facultade de Filoloxía da USC
  • Data: 29 de novembro
  • Programa:
Biografías lingüísticas e transmisión do galego. Unha mirada crítica

G2503005 Roteiro polos espazos vitais e literarios de Eça de Queiroz

Summary: 

Roteiro querosiano en Santa Cruz do Douro
Gallego

José Maria Eça de Queirós (1845-1900) foi un dos nomes maiores da literatura portuguesa do século XIX. Integrou, aínda novo, a chamada “Geração de 70”, movemento de universitarios que negando a corrente romántica da literatura, inaugurou o movemento naturalista, en Portugal, procurando retratar a realidade social e política do país.
 

Paralelamente a unha carreira diplomática, Eça desenvolveu unha extensa obra literaria composta por crónicas, novelas, contos e romances que ten en Os Maias o seu libro mais recoñecido e aclamado.

O roteiro polo Douro de Eça é un percorrido cultural e literario polos escenarios que inspiraran o célebre escritor português. Iniciando cunha camiñada polo “Caminho de Jacinto”, desde a Estação de Aregos ata a Casa de Tormes, o roteiro revela paisaxes imortalizadas na obra A Cidade e as Serras. A visita guiada á Fundação Eça de Queiroz oferece unha imersióo na vida e obra do autor. O roteiro inclúe u paseo panorâmico pola encantadora rexión de Santa Cruz do Douro e Baião e unha visita á Quinta de Covela.

Datos de interese:

  • Código en fprofe: G2503005  Roteiro polos espazos vitais e literarios de Eça de Queiroz
  • Data: 6 de decembro de 2025
  • LugarSanta Cruz do Douro

 

G2503005  Roteiro polos espazos vitais e literarios de Eça de Queiroz

PFPP curso 2025-2025

Summary: 

Resolución definitiva de centros educativos públicos que desenvolven un novo plan de formación permanente do profesorado PFPP no curso 2025/26
Gallego

Resolución definitiva de centros educativos públicos que desenvolven un novo plan de formación permanente do profesorado (PFPP) no curso 2025/26

Enlace: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/48194

PFPP

Rede Planea

Summary: 

Gallego

Resolución provisional de participación de centros educativos colaboradores que se incorporan á Rede Planea

Resolución provisional de participación de centros educativos colaboradores que se incorporan á Rede Planea segundo a RESOLUCIÓN do 22 de setembro, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se regula a incorporación de centros colaboradores á Rede Planea de Arte e Escola en Galicia e se convoca a súa participación para o curso 2025/2026.

Enlace ao Portal educativo: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/48062

 

Rede Planea

Convocatoria programa Observa_Acción

Summary: 

Programa de formación “Observa_Acción: desenvolvemento competencial desde a observación e o intercambio entre iguais”, durante os cursos escolares 2025/26 e 2026/27, que se levará a cabo a nivel autonómico, nacional e internacional
Undefined

 

Lembra que xa saíu a convocatoria do Programa Observa_Acción desenvolvemento competencial desde a observación e o intercambio entre iguais durante os cursos 25/26 e 26/27.

Normativa reguladora: RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 2025, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca a participación no programa de formación “Observa_Acción: desenvolvemento competencial desde a observación e o intercambio entre iguais”, durante os cursos escolares 2025/26 e 2026/27, que se levará a cabo a nivel autonómico, nacional e internacional.

  • Destinatarios: centros educativos públicos non universitarios de titularidade da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional de Galicia que impartan ensinanzas non universitarias.
  • O prazo de presentación de solicitudes e da documentación será dende o día seguinte á publicación da presente resolución no portal educativo ata o día 27 de outubro de 2025, incluído.

Inscricións ata o 27 de outubro.

Enlace para máis información: 

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/47958