Gallego

G2503004 Roteiro polos espazos vitais e literarios de Celso Emilio Ferreiro en Vigo

Gallego

Gústache a poesía de Celso Emilio Ferreiro? Daquela vas adorar coñecer a Pontevedra e o Vigo de Celso Emilio.

Nesta visita  descubrimos Pontevedra e Vigo a través da vida e das palabras de Celso Emilio Ferreiro, paseando polos lugares frecuentados polo poeta e que se atopan mencionados na súa obra.

Ao mesmo tempo redescubrimos o Celso Emilio através de Vigo e Pontevedra, as cidades por el máis amadas, onde viivu, onde pasou parte da súa vida e onde finou. Paseamos polos espazos máis significativos da vida de CEF, deixándonos acompañar polas palabras que o poeta escrebiu sobre Vigo e Pontvedra. A casa onde viviu, onde foi feliz, onde tivo os seus fillos, a tasca na que se reunía con outros artistas e amigos, as rúas que percoría de maior… Estes espazos revélanse como testemuños e cómplices literarios de CEF.

 

Datos importantes:

  • Data: sábado 21 de marzo 2026
  • Relator: Ramón Nicolás
  • Horario: das 10:00 ás 14:00h e das 16:00 ás 20:00h.
  • Código en  fprofe:  G2503004
  • Lugar: Vigo
G2503004  Roteiro polos espazos vitais e literarios de Celso Emilio Ferreiro en Vigo

G2503008 - Roteiro polos espazos vitais e literarios de Ramón Otero Pedrayo e Vicente Risco en Compostela

Summary: 

Roteiro literario polas terras de Compostela
Unha viaxe a través da obra de Otero Pedrayoe Vicente Risco
Gallego

O sábado 25 de abril terá lugar o roteiro literario polas terras de Compostela.

Da man de Patricia Arias Chachero, secretaria da Fundación Ramón Otero Pedrayo, percorreremos os espazos nos que Ramón Otero Pedrayo sitou o seu relato O purgatorio de don Ramiro (1926) e Vicente Risco Dédalus en Compostela (1929) dúas obras clave para entender a posterior produción destes dous autores da Xeración Nós. Mesturaremos os espazos literarios cos vivenciais no seu paso pola capital Galega onde o Seminario de Estudos Galegos foi unha das súas grandes achegas nas que colaboraron desinteresadamente.

 

Datos de interese:

  • Código en fprofe: G2503008   
  • Título da actividade: Roteiro polos espazos vitais e literarios de Ramón Otero Pedrayo e Vicente Risco en Compostela
  • Relatoras: Patricia Arias Chachero
  • Data: 25 de abril de 2026
  • Horario: das 10:00h ás 14:00h e das 16:00h ás 20:00h
  • Lugar: Santiago de Compostela
G2503008 - Roteiro polos espazos vitais e literarios de Ramón Otero Pedrayo e Vicente Risco en Compostela

S2503004 O patrimonio histórico e cultural local como recurso educativo

Summary: 

Francisco Asorey, unha recuperación necesaria
O escultor que lle deu alma a Galicia en pedra e madeira
Gallego

Francisco Asorey é o escultor galego máis importante da primeira metade do século XX, relevante tamén a nivel nacional. Fórmase no naturalismo e no modernismo ou simbolismo, estilos nos que realizará as súas primeiras obras e que despois evolucionará cara ao rexionalismo e un estilo moi personal.

A súa obra escultórica atópase esparexida por toda Latinoamérica e España, onde destaca Galicia e sobretodo Santiago de Compostela, cidade na que viviu e na que  tivo os seus dous obradoiros dos que saíron toda as súas producións.

 

 

A actividade presenta tres partes:

  • Pola mañá:
    • Conferencia "A vida e a obra de Francisco Asorey" por Maribel Iglesias Baldonedo.
    • Percorrido pola compostela de Francisco Asorey: IES Rosalía de Castro, ao carón do busto de José Ibáñez que se conserva no instituto, obradoiros de Caramoniña e Santa Clara, Campiño do Carme, as placas a Bernardo Barreiro ou ao doutor Carracido, os bustos de Lino Torres e Ramón Aller do edificio do reitorado, ou o retrato da súa esposa que se garda no Pazo de Raxoi, a Facultade de Medicina, onde traballou Asorey como escultor anatómico e onde se verán diferentes placas e os bustos de Roberto Novoa Santos ou Alejandro Rodríguez Cadarso, Museo do Pobo Galego, Panteón de Galegos Ilustres onde está soterrado, Hotel Compostela, escultura de San Franciso de Asís...
  • Pola tarde:
    • Visita guiada á exposición: Francisco Asorey, unha recuperación necesaria. Entre as pezas destacadas inclúense algúns dos seus primeiros traballos máis notables, como Lo Jondo (1914) e Cabaleiros negros (1915); a escultura de San Francisco que lle valeu a primeira medalla na Exposición Nacional de 1926 e tamén as esculturas femininas Naiciña (1921), Ofrenda a San Ramón (1923) e O Tesouro (1924), nas que sintetiza os valores da cultura popular galega e reivindica a resistencia do rural. Tamén o espectacular Cristo de Moià (1952), unha obra de madurez na que parte dos valores románicos para presentar unha crucifixión desacougante e reflexiva á vez sobre o sufrimento e a inmortalidade. 

Datos de interese:

  • Código en fprofe: S2503004
  • Título:  O patrimonio histórico e cultural local como recurso educativo 
  • Data: 17 de xaneiro de 2026
  • Relatora: Maribel Iglesias Baldonedo

 

S2503004  O patrimonio histórico e cultural local como recurso educativo

S2501163 Curso de actualización lingüística de galego (CALG). Nivel C2

Summary: 

Competencias propias do nivel C2 do Marco Común Europeo de Referencia para a aprendizaxe das linguas. Comunicación oral e escrita.
Gallego

S2501163 Curso de actualización lingüística de galego (CALG). Nivel C2

Duración: 60 horas

Datas: luns e mércores. O curso comeza o 12 de xaneiro

Horario: de 17:30 a 19:30

EOI de Santiago de Compostela. Sección de Vite

 

Cóntase co dereito a presentarse ás probas do nivel C2 da EOI, sempre que se cumpra o requisito de asistencia.

 

Cartel do curso

S2501164 Curso de actualización lingüística e comunicativa (CALC). Inglés nivel B2

Summary: 

Curso de actualización lingüística e comunicativa en lingua inglesa do nivel B2.
Gallego

S2501164 Curso de actualización lingüística e comunicativa (CALC). Inglés nivel B2

Datas: todos os luns e xoves desde o xoves, 8 de xaneiro 

Horario: 18 a 20 horas

Lugar: EOI de Santiago, sección Sar

Imparte: Lupe Rodríguez Suárez

Se se cumpre co requisito de asistencia, tense dereito a poder presentarse á proba de nivel B2 na EOI onde se cursa o CALC. 

S2501164  Curso de actualización lingüística e comunicativa (CALC). Inglés nivel B2

S2501120 Novas tecnoloxías e IA no ensino de linguas

Summary: 

Este curso ofrece unha visión actualizada e práctica das posibilidades que achegan as novas tecnoloxías e a intelixencia artificial ao ensino e aprendizaxe de linguas. Analízanse as ferramentas dixitais máis relevantes —plataformas educativas, aplicacións interactivas, recursos multimodais e sistemas baseados en IA— e explóranse estratexias para integralas de maneira eficaz nas aulas. O programa inclúe o deseño de actividades didácticas innovadoras, o uso responsable e ético da IA, a personalización da aprendizaxe mediante algoritmos adaptativos, a creación de materiais con tecnoloxías emerxentes e a avaliación competencial mediante ferramentas dixitais. O curso combina fundamentos teóricos con propostas prácticas orientadas ao desenvolvemento da competencia comunicativa, o pensamento crítico e a autonomía do alumnado no contexto multilingüe actual.
Undefined

Este curso ofrece unha visión actualizada e práctica das posibilidades que achegan as novas tecnoloxías e a intelixencia artificial ao ensino e aprendizaxe de linguas. Analízanse as ferramentas dixitais máis relevantes —plataformas educativas, aplicacións interactivas, recursos multimodais e sistemas baseados en IA e explóranse estratexias para integralas de maneira eficaz nas aulas. O programa inclúe o deseño de actividades didácticas innovadoras, o uso responsable e ético da IA, a personalización da aprendizaxe mediante algoritmos adaptativos, a creación de materiais con tecnoloxías emerxentes e a avaliación competencial mediante ferramentas dixitais. O curso combina fundamentos teóricos con propostas prácticas orientadas ao desenvolvemento da competencia comunicativa, o pensamento crítico e a autonomía do alumnado no contexto multilingüe actual.

Novas tecnoloxías e IA linguas
Novas tecnoloxías e IA no ensino de linguas

Observa_Acción

Summary: 

Resolución definitiva de centros seleccionados para participar no programa de formación Observa_Acción
Gallego

Resolución definitiva de centros seleccionados para participar no programa de formación Observa_Acción ao abeiro da RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 2025, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca a participación no programa de formación “Observa_Acción: desenvolvemento competencial desde a observación e o intercambio entre iguais”, durante os cursos escolares 2025/26 e 2026/27, que se levará a cabo a nivel autonómico, nacional e internacional.

Enlacehttps://www.edu.xunta.gal/portal/node/48319

Observa_Acción

G2502039 Biografías lingüísticas e transmisión do galego

Summary: 

Biografías lingüísticas e transmisión do galego. Unha mirada crítica
Gallego

Este curso propón un espazo de reflexión e acción para o profesorado de ensino primario e secundario (especialidades de Lingua galega e literatura e de Lingua castelá e literatura), centrado na conciencia lingüística crítica como metodoloxía que nos permite reflexionar sobre a transmisión interxeracional da lingua galega e a súa incorporación ás biografías lingüísticas do alumnado.

A formación ten como obxectivo recoñecer e valorizar os repertorios lingüísticos do alumnado, promovendo prácticas pedagóxicas inclusivas que integren as TIC como ferramentas de empoderamento e participación. Ao longo das sesións, presentarase unha selección de materiais e experiencias innovadoras que contribúen á revitalización do galego e ao cuestionamento das ideoloxías lingüísticas hexemónicas.

O curso combinará actividades prácticas, análise de biografías lingüísticas e elaboración de proxectos colaborativos, fomentando unha docencia transformadora, comprometida coa diversidade lingüística e cultural.

Datos de interese:

  • Código en fprofe: G2502039
  • Lugar: Salón de Actos da Facultade de Filoloxía da USC
  • Data: 29 de novembro
  • Programa:
Biografías lingüísticas e transmisión do galego. Unha mirada crítica

G2503005 Roteiro polos espazos vitais e literarios de Eça de Queiroz

Summary: 

Roteiro querosiano en Santa Cruz do Douro
Gallego

José Maria Eça de Queirós (1845-1900) foi un dos nomes maiores da literatura portuguesa do século XIX. Integrou, aínda novo, a chamada “Geração de 70”, movemento de universitarios que negando a corrente romántica da literatura, inaugurou o movemento naturalista, en Portugal, procurando retratar a realidade social e política do país.
 

Paralelamente a unha carreira diplomática, Eça desenvolveu unha extensa obra literaria composta por crónicas, novelas, contos e romances que ten en Os Maias o seu libro mais recoñecido e aclamado.

O roteiro polo Douro de Eça é un percorrido cultural e literario polos escenarios que inspiraran o célebre escritor português. Iniciando cunha camiñada polo “Caminho de Jacinto”, desde a Estação de Aregos ata a Casa de Tormes, o roteiro revela paisaxes imortalizadas na obra A Cidade e as Serras. A visita guiada á Fundação Eça de Queiroz oferece unha imersióo na vida e obra do autor. O roteiro inclúe u paseo panorâmico pola encantadora rexión de Santa Cruz do Douro e Baião e unha visita á Quinta de Covela.

Datos de interese:

  • Código en fprofe: G2503005  Roteiro polos espazos vitais e literarios de Eça de Queiroz
  • Data: 6 de decembro de 2025
  • LugarSanta Cruz do Douro

 

G2503005  Roteiro polos espazos vitais e literarios de Eça de Queiroz

PFPP curso 2025-2025

Summary: 

Resolución definitiva de centros educativos públicos que desenvolven un novo plan de formación permanente do profesorado PFPP no curso 2025/26
Gallego

Resolución definitiva de centros educativos públicos que desenvolven un novo plan de formación permanente do profesorado (PFPP) no curso 2025/26

Enlace: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/48194

PFPP