Gallego

G2501068 Equipos directivos. Marco normativo aplicable para o desempeño das súas funcións na comunidade educativa

Summary: 

Actividade formativa de 20 horas de duración.
Terá lugar o 1, 8, 15, 22 e 29 de outubro no CIFP Compostela (Santiago de Compostela).
Gallego

G2501068  Equipos directivos. Marco normativo aplicable para o desempeño das súas funcións na comunidade educativa 

  • Obxectivos: 
  1. Manexar con fluidez a normativa vixente segundo as necesidades.
  2. Ser quen de aplicar de forma axeitada a normativa vixente.
  3. Actuar como referente resolvendo dúbidas normativas entre os compañeiros.
  • Contidos: 
  1. Procedemento administrativo común.
  2. Réxime xurídico aplicable aos centros e aos órganos colexiados.
  3. Normativa aplicable ao persoal funcionario e laboral.
  4. Normativa financeira.
  5. Normativa relativa ao menor.
  6. Protección de datos.
  7. Permisos e licenzas.
  8. Tramitación de seguros.
  • Competencias profesionais:
    • Competencia en organización escolar e colaboración.
    • Coñecemento da normativa actualizada. 

Datos de interese:

  • Código enFprofe: G2501068
  • Título da actividade: Equipos directivos. Marco normativo aplicable para o desempeño das súas funcións na comunidade educativa
  • Datas: 1, 8, 15, 22 e 29 de outubro
  • Lugar: CIFP Compostela, rúa Lamas de Abade, s/n, Santiago de Compostela
G2501068  Equipos directivos. Marco normativo aplicable para o desempeño das súas funcións na comunidade educativa

File: 

G2503009 Roteiro polos espazos vitais e literarios de Ramón Otero Pedrayo en Trasalba

Summary: 

Roteiro literario polas terras de Trasalba
Unha viaxe a través da obra de Otero Pedrayo
Gallego

O sábado 4 de outubro terá lugar o roteiro literario polas terras de Trasalba.

Da man de Patricia Arias Chachero, secretaria da Fundación Ramón Otero Pedrayo, e Susi González Rodríguez, guía do Pazo Museo, levarannos polos espazos nos que Ramón Otero Pedrayo situou ou ambientou as súas obras como o Pazo do Campo, a Igrexa de San Pedro de Trasalba, A Fonteliña, A Bergueira, O Quintairo, o Muíño do Ruzo, a vella tenda de Trasalba, o Penedo Redondo, e un souto, onde se realizarán lecturas comentadas de fragmentos da obra do Otero Pedrayo. Ao rematar, visitarase o Pazo Museo en Cima de Vila, “onde o patriarca das letras galegas pasou longas temporadas desde a súa infancia até o seu pasamento en 1976”.

Datos de interese:

  • Código en fprofe: G2503009   
  • Título da actividade: Roteiro polos espazos vitais e literarios de Ramón Otero Pedrayo en Trasalba
  • Relatoras: Patricia Arias Chachero e Susi González Rodríguez
  • Data: 4 de outubro de 2025
  • Horario: das 10:00h ás 14:00h e das 16:00h ás 20:00h
  • Lugar: Trasalba
G2503009  Roteiro polos espazos vitais e literarios de Ramón Otero Pedrayo en Trasalba

G2502020 Matemáticas activas para mentes curiosas

Summary: 

Xornada de Matemáticas para Educación Infantil w Primaria:
Matemáticas activas para mentes curiosas
Sábado, 27 de setembro
Gallego

Queres aprender estratexias divertidas para levar á túa aula de matemáticas?

Queres que o teu alumnado divírtase e, sobre todo, aprenda?

Logo esta é a túa actividade:

Datos de interese:

  • Código en fprofe G2502020
  • Título: Matemáticas activas para mentes curiosas
  • Lugar: Edificio Fontán da Cidade da Cultura en Santiago de Compostela
  • Fecha: sábado 27 de setembro de 2025

 

Programa provisional:

  • Conferencia inagural por Daniel Ruiz Aguilera
  • Charlas
    • Xogando coa estocástica. Recursos para a aprendizaxe desde unha perspectiva socioafectiva por Luis José Rodríguez Muñiz.
    • Da experiencia á aula: transferir, adaptar e transformar a práctica docente por Alejandro Gorgal Romaris.
  • Obradoiros
    • Medrando entre números: espertar matemático en aulas multinivel de 3 a 8 anos por María Rodeiro Casas e Lucía Leira Martínez.
    • Contar, construír, calcular: sentido numérico con materiais por Lidia Rodríguez Ruíz.
    • Matemáticas a pé de rúa. O entorno como aula infinita por Julio Rodríguez Taboada.
    • Razoamento e proba con materiais sinxelos nunha aula para pensar a través da resolución de problema por Jesús Manuel Siaba Lestón.
    • Manipulando o pensamento computacional por Rubén Molinero Malvido.
    • Aulas para pensar: matemáticas ricas para construír o coñecemento en equipo por Gregorio Morales Ordóñez.
    • Cando o prato presenta un bo produto por Manel Martínez Pascual.
    • Onde hai patrón... sentido alxébrico por Silvia Margelí Voelp e María Carme Vicens Andrés.
    • Do currículo ao enigma: como converter o temario en aventuras educativas por Miguel Quiroga Bóveda.
    • Estratexias e materiais para o cálculo aritmético por Cristina Núñez García
  • Conferencia final por Manuel Calaza Cabanas
G2502020  Matemáticas activas para mentes curiosas

Castelao en Compostela

Summary: 

G2503010 Roteiro polos espazos vitais e literarios de Castelao en Compostela
Gallego

O Roteiro Literario Castelao en Santiago de Compostela é un percorrido polos lugares emblemáticos da cidade que estiveron relacionados coa vida e obra de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, comezando no Parque da Alameda e visitando a Praza do Toural, Rúa do Vilar, Praza de Fonseca, Praza do Obradoiro, Quintana, e finalizando no Panteón de Galegos Ilustres, onde descansan os seus restos.

  • Itinerario:
    • Pola mañá:
      • Parque de la Alameda.
      • Plaza do Toural.
      • Rúa do Vilar.
      • Plaza de Fonseca.
      • Plaza del Obradoiro.
      • Quintana.
      • Casa de la Troya.
      • Casas Reales.
      • Plaza 8 de marzo.
      • San Domingos de Bonaval.
      • Panteón de Galegos Ilustres
    • Pola tarde
      • Visita á exposición no Museo da Cidade da Cultura

Datos importantes:

  • Data: 13 de setembro de 2025
  • Relator:  Migual Anxo Seixas, presidente da Fundación Castelao
  • Horario: de 10:00 a 14:00h e de 16:00 a 20:00h.
  • Código en  fprofe:  G2503010
  • Lugar: Santiago de Compostela
Castelao en Compostela

Compostela Histórica

Summary: 

G2514001 Xornadas de divulgación e narrativa Compostela Histórica
Gallego

A Xunta de Galicia celebrará os próximos 26 e 27 de setembro en Santiago a primeira edición das G2514001 Xornadas de divulgación e narrativa Compostela Histórica, un encontro que buscará achegar aos público aspectos pouco coñecidos da historia galega a través de conferencias e actividades divulgativas.

Un total de doce relatores, entre escritores, músicos, arqueólogos e investigadores, participarán neste programa dirixido polo novelista compostelán Rodrigo Costoya. Entre os nomes destacados figuran Pedro Feijóo, Bieito Romero, Lida Merenciano, Merche Espiño, Cristian Gálvez ou Carmen Blanco.

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou hoxe a iniciativa destacando que “coñecer mellor e con rigor de onde vimos dános claves para entender o noso presente e preservar a cultura e a lingua propias do noso pobo”. Aínda que a inscrición está aberta ao público xeral, o proxecto terá como principais destinatarios aos centros educativos.

A primeira xornada, o 26 de setembro, desenvolverase no Instituto Rosalía de Castro e estará destinada en exclusiva a estudantes de secundaria. O resto de actividades serán abertas ao público xeral mediante inscrición na web www.compostelahistorica.org.

O programa inclúe conferencias sobre temáticas tan diversas como a música celta (Bieito Romero), a obra de Rosalía de Castro (Merche Espiño), a Revolta Irmandiña (Carmen Blanco), a historia contada a través do viño (Alejandro e Luís Paadín), os achados arqueolóxicos máis recentes (Lida Merenciano) ou a vida dos apóstolos (Cristian Gálvez). Tamén haberá propostas orixinais como un paseo matemático polos monumentos de Santiago (Julio Rodríguez) ou un repaso aos grandes naufraxios galegos (Fernando Patricio).

Ademais, entregaranse dous galardóns: o premio individual recaerá no xornalista e divulgador Manuel Gago, mentres que o premio colectivo recoñecerá o labor de Cásaa Museo de Cristóbal Colón, en Poio.

 

 Xornadas de divulgación e narrativa Compostela Histórica

Letras Galegas 2026

Summary: 

Día das Letras Galegas 2026
Begoña Caamaño Rascado
Gallego

Begoña Caamaño Rascado, naceu no barrio do Calvario de Vigo o 14 de outubro de 1964 e finou en Santiago de Compostela o 27 de outubro de 2014.

Nos seus inicios profesionais, traballou nos servizos informativos de Radio Popular na súa cidade natal e Radio do Noroeste. Foi correspondente en Vigo da Axencia de Noticias de Galicia e do diario madrileño El Sol e colaborou en A Nosa Terra, Tempos e Novas da Galiza. A partir de 1989 incorporouse á Radio Galega. Desde a delegación de Vigo, xunto con Rosa Martínez, iniciou o programa Trecolas. En 1992 pasou á redacción central da emisora onde desenvolveu tarefas como redactora de diversos servizos de información no Diario Cultural. Máis tarde dirixiu e presentou Andando a Terra, Club Cultura e Expresso de Medianoite. Traballou igualmente nas seccións de cultura e os servizos informativos da Radio Pública de Galicia. Foi membro de o comité de empresa de Radio Galega e presidiu o Comité Interempresas de a Corporación de Radio e Televisión de Galicia (CRTVG), onde adquiriu notoriedade polas súas denuncias de manipulación do propio medio público galego do tratamento dado á información sobre o afundimento do petroleiro Prestige en 2002.

Colaboradora habitual en diversas revistas feministas e antimilitaristas publicadas en Galicia,​ foi autora tamén de diversas obras de narrativa en galego nas que destacan dúas obras de ficción: Circe ou o pracer do azul (2009), unha recreación do mito de Circe e Morgana en Esmelle (2012). Con esta última recibiu varios premios literarios entre os que se atopan o da Crítica de narrativa galega que outorga a Asociación Española de Críticos Literarios,​ o Antón Losada Diéguez de creación literaria en 2013, así como o premio Ánxel Casal e o da Asociación de Escritores en Lingua Galega.​

Debido á súa repentina morte, deixou inconclusas dúas obras: unha terceira novela con outra muller como protagonista, Sherezade, e unha novela sobre a vida da súa bisavoa.

O seu traballo como xornalista foi acompañado dunha actividade sindical moi potente. Así, participou no I Congreso do Sindicato de Información de Galicia, celebrado en Vigo en 1987, e foi membro do Comité de Empresa da Radio Galega, como presidenta do Comité Interempresas da CRTVG.

Begoña Caamaño foi unha das promotoras da Asociación de Mulleres Galegas na Comunicación (MUGACOM), asociación constituída o 8 de marzo de 1997 na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, por iniciativa dun grupo de profesionais e traballadoras de diferentes campos da comunicación co fin de defender o trato igualitario no ámbito laboral, así como abordar o estudo da imaxe da muller nos medios de comunicación.

Foi unha activista incansable, interveu en numerosas manifestacións e performances contra a violencia de xénero, a favor do aborto, o antimilitarismo, a insubmisión e a denuncia de a catástrofe do Prestige do 2002.

Foi membro de Mulheres Nacionalistas Galegas (MNG) e de a Marcha Mundial das Mujeres, nas que desenvolveu un gran número de accións públicas.

Begoña Caamaño morre o 27 de outubro de 2014 aos cincuenta anos. Como despedida, celebrouse unha acto civil multitudinario na capela do tanatorio de Boisaca que congregou a numerosos familiares, amigas e amigos vindos de diferentes lugares de Galicia.

O 24 de outubro de 2015, as súas amigas máis próximas organizaron un acto de homenaxe, "Begoñísima", no Teatro Principal de Santiago de Compostela, o que participaron as súas compañeiras da Radio Galega, mulleres das artes escénicas e a danza, escritoras, poetas e músicas, e proxectáronse diversos audiovisuais sobre a súa figura e a súa obra. Nest mesma homenaxe presentouse  O Libro dAs amigas. De Circes e Morganas, con deseño de Uqui Permuy e ilustracións de Montse Amigo e Leandro Lamas, que recolle 24 textos de mulleres, amigas de Caamaño, que quixeron deixar constancia do labor da súa amiga como feminista, activista política e defensora de os dereitos humanos. Ademais, a Fundación Granell acolleu unha mesa redonda na que se debateu sobre a sororidade, concepto no que incidiu a feminista.

En 2017, a Deputación de Coruña crea o premio Begoña Caamaño, que distingue a unha persoa, entidade, colectivo ou proposta artística comprometida coa igualdade de xénero desde o ámbito da cultura.

En 2019 o concello de Santiago de Compostela, nomeouna filla adoptiva da cidade e púxolle o seu nome ao parque situado detrás dos xulgados do barrio de Fontiñas.

Día das Letras Galegas 2026

G2403013 - Roteiro literario de Por quién doblan las campanas de Ernest Hemingway

Summary: 

Seguindo os pasos de Hemingway pola Sierra de Guadarrama que inspiraron 'Por quien doblan las campanas'
Os heroes do premio nóbel renacen en Guadarrama
Gallego

Roteiro guiado na Serra de Guadarrama, o 17 de maio no que da man do experto en Hemingway, Ramón Buckley, descubriremos os lugares máis icónicos nos que se inspirou Ernest Hemingway para escribir a súa novela Por quién dobran las campanas, unha das súas obras culme na que detalla as dúas Españas que se estableceron durante o desenvolvemento da Guerra Civil Española.

A novela Por quién dobran las campanas  foi escrita por Ernest Hemingway  tras o seu regreso aos Estados Unidos. A novela reflicte cunha exactitude case milimétrica a realidade na que se inspira. No mes de Abril de 1937, a República lanzou un ataque sobre as posicións nacionalistas establecidas en La  Granja e Segovia.  Aínda que a ofensiva non triunfou, a Hemingway axudoulle para establecer a súa novela nun ámbito que coñecía moi ben, a Serra de Guadarrama nas súas vertentes de Madrid e Segovia. Desde o Porto de Navacerrada, controlado pola República, ata a zona de La Granja, en mans dos nacionais, estendíase un extensa espazo, «terra de ninguén» onde Hemingway establece a acción da súa novela.

Na novela nárrase como un grupo de guerrilleiros instalou o seu campamento nunha cova preto de Valsaín e é alí onde Robert Jordan (o protagonista da novela), o dinamitero americano que protagoniza a novela, se dirixe. A misión deste guerrilleiro é voar a ponte sobre o río Eresma para impedir o contraataque das tropas nacionais e facilitar así a ofensiva republicana.

O escritor estadounidense, Ernest Hemingway trasladouse a España como correspondente de prensa de varios xornais americanos e foi compañeiro do pai do relator (referíndose ao pai do guía que nos acompañará durante o desenvolvemento do roteiro de sendeirismo), Henry Buckley, correspondente do Daily Telegraph de Londres. Moitos anos despois da guerra, Hemingway regresou e xunto ao pai do relator que nos acompañará percorreu os escenarios da súa novela.

O noso roteiro  comezarémolo na Venta Arias, situada no Porto de Navacerrada; lugar no que nos fará unha presentación duns 30 minutos nos que nos contará máis acerca de Hemingway,  a Guerra Civil española, e da novela.

A continuación e tras a presentación en Venta Arias, descenderemos (en coche particular) ata  a denominada ponte da Cantina, lugar que é descrito por Hemingway na súa novela e que constitúe o espazo onde as forzas do bando da  República se enfrontan aos Nacionais. Nesta localización realizaremos unha pequena parada, na que poderemos contemplar as incribles paisaxes que a rodean e coñecer máis a fondo a historia deste lugar.

Logo da parada na ponte da Cantina dirixirémonos  ata Valsaín, desde onde arrinca a nosa excursión a pé. Desde este punto subiremos ata a chamada «Cueva del Monje», localizada nas montañas situadas detrás de Valsaín. Esta Cova é o lugar onde se desenvolve a novela de Hemingway e onde o protagonista Robert Jordan se congrefa cos milicianos que lle axudarán na súa misión.

Despois da comida, e situándonos na boca da cova, Ramón Buckley explicaranos máis sobre  a Guerra Civil Española; a confrontación entre os guerrilleiros da República e as tropas nacionais, o papel do protagonista Robert Jordan, o seu encontro cunha moza española, etc. Este transcurso de tempo entre a comida e esta presentación ten unha duración aproximada de 2 horas.

Tras repoñer forzas e coñecer máis a fondo a novela e a Guerra Civil Española, o noso guía conduciranos ao Cerro del Puerco, lugar no que descubriremos e visitaremos o búnker das tropas Nacionais, que aínda se mantén en pé no lugar. Neste punto e da man do noso guía coñeceremos máis a fondo a Batalla de la Granja, sendo este o principal intento da República de apoderarse desta localidade segoviana. El Cerro del Puerco é un excelente miradoiro da parte central da Serra de Guadarrama e un punto estratéxico desde onde poderemos abarcar coa nosa vista toda a extensión da serra, do mesmo xeito que os seus picos máis importantes.

Finalmente e para finalizar o noso roteiro, baixaremos desde o Cerro del Puerco ata Valsaín para rematar a actividade.

A actividade ten unha duración aproximada de 8 horas (10:00 h  a 20:00 h), unha dificultade fácil, unha lonxitude de 10 km, un desnivel positivo de 220 m (230 acumulado) e negativo de 225 m (360 m acumulado).

G2403013 - Roteiro literario de Por quién doblan las campanas de Ernest Hemingway

G2401149 Ensinanza e aprendizaxe baseados en datos. Un camiño cara á acción e á inclusión

Summary: 

Gallego

Desenvolver a alfabetización de datos é crucial por dúas razóns clave.

  • En primeiro lugar, os datos poden brindar información sobre a dinámica da aula, o benestar do alumnado e a inclusión, o que axuda a deseñar actividades de aprendizaxe máis efectivas.
  • En segundo lugar, co auxe da tecnoloxía educativa baseada en datos —como os sistemas de xestión da aprendizaxe, os paneis de control e as ferramentas de aprendizaxe adaptativa—, é esencial avaliar críticamente como estas ferramentas inflúen no ensino e a aprendizaxe.

Este curso presenta principios clave e estratexias prácticas para o uso eficaz de datos na educación. Explorarás como os docentes recompilan e interpretan datos para mellorar a aprendizaxe dos estudantes, personalizar a instrución e fomentar aulas inclusivas. Ademais, explorarás prácticas de datos na aula con espírito crítico; reflexionarás sobre a ética e os beneficios dos datos, así como sobre as ferramentas dixitais baseadas en datos.

G2401149  Ensinanza e aprendizaxe baseados en datos. Un camiño cara á acción e á inclusión

S2401088 Regulación da aprendizaxe a través da avaliación formativa

Summary: 

Con Mariana Morales
Gallego

Avaliar convértese, a miúdo, nunha carreira de obstáculos que o alumno supera e o docente certifica, pero que non responde á finalidade de mellorar a aprendizaxe nin en cantidade nin en calidade.

Nesta actividade propoñémosche realizar unha avaliación formativa que permita realmente o crecemento do alumnado. Por iso convídannos a reflexionar sobre algunhas prácticas de avaliación que quizais repetísemos sen expornos a fondo se funcionan ou non.

  • Por que facemos o que facemos?
  • Que sustento teórico ten?
  • Recollemos evidencias cuxa análise dá lugar a unha acción inmediata posterior capaz de mellorar o proceso de aprendizaxe?

A avaliación formativa non é algo trimestral, mensual ou semanal. Debe suceder á vez que a aprendizaxe, é dicir, dentro das nosas aulas. E, ademais, é posible lograr que os estudantes participen nela de maneira moi activa. Trátase dun labor gratificante para o docente, que comproba como os seus alumnos aprenden máis.

  • Relatora: Mariana Morales
  • Datas:
    • 9 de maio
      • das 16:30 ás 20:30h
    • 10 de maio
      • das 09:30 ás 14:00h
      • das 15.30 ás 18:00h
    • 27 de maio
      • das 17:00 ás 21:00h
    • + 5 horas de traballo individual para achegar unha proposta que deberá ser exposta o último día do curso)
  • ​​​​​​​Código en fprofe: S2401088
S2401088 Regulación da aprendizaxe a través da avaliación formativa

S2402002 Aprendizaxe de linguas a través de técnicas teatrais

Summary: 

Curso para todas os niveis educativos.
Gallego

Datas:

Mércores, 7 de maio de 17 a 20 horas

Xoves, 8 de maio de 17 a 20:30 horas

Mércores, 14 de maio 17 a 20:30 horas

Lugar: CAFI, aula 11

Inscrición aberta ata o 22 de abril, 2025

Imparte: Chusa Pérez de Vallejo

Obxectivos
1.Fomentar a aprendizaxe activa das linguas poñendo o foco na comunicación oral e expresión corporal.
2.Empregar técnicas dramáticas que faciliten a interacción e a fluidez na comunicación.
3.Integrar ferramentas e metodoloxías comunicativas para desenvolverse en espazos culturais variados.

Contidos
1.Técnicas dramáticas aplicadas á ensinanza de linguas: role play, simulación, micro teatro, teatro improvisado.
2.Estratexias e recursos dramáticos que exercitan e facilitan a interacción lingüística.
3.Aplicación dramatizada das novas tecnoloxías: curtametraxes, cancións, vídeos de anuncios, películas, dobraxe.
4.Creación literaria desde a improvisación e traballo con textos literarios en escena.

Aprendizaxe de linguas a través de técnicas teatrais
Aprendizaxe de linguas a través de técnicas teatrais