G2503003 Roteiro polos espazos vitais e literarios de Ánxel Fole no Courel
Enviado por portalcafi a Xov, 09/10/2025 - 07:55Summary:
Queres descubrir os espazos que marcaron a creación de dúas obras emblemáticas, Á lus do candil e Terra brava de Ánxel Fole?
Da man de Armando Requeixo Cuba coñeceremos A Veiguiña, Quiroga, Leixazós, A Ferreiría, O Incio... os principais espazos que inspiraron e que aparecen reflectidos na súa produción narrativa. Pero tamén mesturaremos literatura, historia e xeografía xa que o Courel nos achega múltiples posiblidades de traballar interdisciplinariamente.
Ánxel Fole residiu na bisbsrra do Courel (Quiroga e O Incio, durante máis de doce anos, desde 1941 ata 1953 o que lle serviu como un refuxio protector logo da Guerra Civil, fuxindo de posibles represalias pola súa militancia galeguista no período de preguerra.
Datos de interese:
- Relator: Armando Requeixo Cuba
- Lugar: O Courel e O Incio
- Data: 8 de novembro
- Código en fprofe: G2503003