Skip to Content

 

Novas

BOLETÍN INFORMATIVO SOBRE A ADICCIÓN AOS VIDEOXOGOS

Unidade Asistencial de Drogodependencias de Monforte de Lemos acaba de publicar un boletín informativo adicado á adicción aos videoxogos.

Pódese consultar dende aquí.

LISTADO PROVISIONAL PLAN PROXECTA 2019-2020

O PLAN PROXECTA é unha iniciativa de innovación educativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que busca a integración na planificación anual dos centros de programas postos en marcha por entidades alleas ao sistema educativo. Para máis información preme aquí.

O listado provisional de proxectos admitidos para a participación do IES Val do Asma dentro do Plan Proxecta durante o curso 2019/2020:

08. Donas de si

09. Por 365 días de respecto e igualdade

13. Proxecto Terra

29. Correspondentes xuvenís 3.0

REUNIÓN COAS FAMILIAS

O IES Val do Asma convoca aos pais, nais e titores/as do alumnado de ESO e FP básica a unha reunión cos titores e titoras dos grupos o vindeiro 21 de outubro de 2019 as 19.00 h.

A reunións terán lugar na aula de referencia de cada un dos grupos (aulas 1,6, 4 e 5) a excepción das da FP básica que se celebrarán nas aulas de referencia do BAC (aulas 2 e 3).

BOLSAS DE ESTUDOS 2019-2020 BAC E FP

O prazo para solicitar bolsas de estudos para BAC e para FP, convocadas polo Ministerio de Educación, remata o 1 de outubro de 2019. Para acceder á solicitude e toda a información preme aquí.

 

PRAZO DE MATRÍCULA NA FP

O prazo de matrícula para os ciclos formativos, tanto en FP ordinario como dual remata o 27 de setembro de 2019.

OFERTA EDUCATIVA 2019-2020

PROXECTO PEDRA E COR NA RIBEIRA SACRA

Alumnado e profesorado de 3º ESO realizou durante este curso escolar un proxecto ABP (Aprendizaxe baseado en proxectos) en torno á Igrexa de Nogueira. Podedes ver o proxecto final elaborado premendo na seguinte imaxe:

 

VISITING RIBEIRA SACRA

Video elaborado polo alumnado do 1º curso do CS Axencias de Viaxes e Xestión de Eventos dentro do programa Estrela PluriFP en colaboración con Canguro English.

INSTRUCCIÓNS SOBRE O CURRICULO ESO E BAC

Acceso á Resolución do  29  de  maio  de  2019,  da  Dirección  Xeral  de  Educación,  Formación  Profesional  e  Innovación  Educativa,  pola  que  se  ditan  instrucións  para o desenvolvemento, no curso académico 2019/20, do currículo establecido no Decreto 86/2015, do 25 de xuño, da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia

BOLETÍN FAMILIAR UAD - XUÑO 2019

Acceso ao boletín trimestral da UAD (Unidade Asistencial de Drogodependencias) de Monforte de Lemos.

Distribuir contido


by Dr. Radut