O Día de Europa, cada 9 de maio, celebramos a paz e a unidade en Europa. Esta data marca o aniversario da histórica «Declaración Schuman», na que este expuxo a súa idea dunha nova forma de cooperación política en Europa, que faría inconcibible a guerra entre nacións europeas. A proposta de Schuman considérase o comezo do que hoxe é a Unión Europea.
Desde o IES Val do Asma queremos felicitarvos con este vídeo no que participou toda a comunidade educativa.
Dous profesores do IES Val do Asma acuden a Elektrostrojarska obrtnicka skola en Zagreb (Croacia), entre o 02/05/22 e o 08/05/22, a un encontro co profesorado de distintos países dentro dun dos proxecto Erasmus+ coordinado por APAGA.
Alumnado do IES Val do Asma viaxa a Marsella (Francia) para completar as actividades que veñen realizando a través da plataforma eTwinning cos seus socios do Lycée Professionnel Le Chatelier como parte do proxecto Erasmus+ "Alumnado europeo que descubre o mundo profesional"(2020-1-FR01-KA229-080491_2).
Destinatarios/as: Alumnado de Economía de BAC e do CS Administración e finanzas. Lugar: Marsella (Francia) Organiza: Equipo Erasmus+
Sete alumnas e alumnos do IES Val do Asma, acompañadas/os por dúas profesoras, desplázanse a Marsella (Francia), entre o 25/03/22 e o 31/03/22, a un encontro co alumnado do Lycée Professionnel Le Chatelier para continuar, por primeira vez presencialmente, co seu proxecto Erasmus+ "Alumnado europeo que descubre o mundo profesional"(2020-1-FR01-KA229-080491_2). Acceso ás imaxes.