Enlaces de Interés

PRIMEIRA ADXUDICACIÓN EN CICLOS FORMATIVOS

Saiu a primeira adxudicación para ciclos formativos de grao medio e grao superior, para acceder premede no seguinte enlace:

1ª ADXUDICACIÓN A CICLOS FORMATIVOS

Unva vez admitidos/as tedes ata o día 24 de Xullo para formalizar a matrícula no centro adxudicado.

Os que acadastes praza no IES Val do Asma tedes que traer:

-Sobre de matrícula cuberto.

-2 fotos co nome e apelidos escrito por detras.

-Seguro escolar pagado (menores de 28 anos).

-Fotocopia de DNI*

-Fotocopia do libro de familia pola páxina onde aparecedes vos.*

*Os que non estivestes  matrículados o ano pasado.

Para calquera dúbida podedes chamar ao IES ou pasarvos polo centro.

 

 

EUROPASS

Ferramenta para a auto-avaliación de destrezas e cualificaciones lingüísticas: Europass ou Pasaporte de Linguas

ADMISIÓN FP DUAL CS APLICACIÓNS WEB.

Aberto o prazo de matrícula para o CS de Aplicacións Web. O prazo de solicitude vai dende o 1 ao 13 de setembro. Tamén continúa aberto o prazo de matrícula para os outros ciclos da FP dual (Administración e Finanzas, Axencias de viaxes e Xestión de eventos). Tedes toda a información neste ENLACE.

DOCUMENTACIÓN:

-ANEXO I.

FOTOCOPIA DO DNI.

CURRÍCULO EN FORMATO EUROPASS, QUE SE PODE ELABORAR NESTE ENLACE.

 

Da data de selección informarase máis adiante.

 

ACREDITACIÓN DE COMPETENCIAS 2016

Publicada a Orde do 23 de decembro de 2015 pola que se convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais.

O prazo de presentación de solicitudes será dende o 11 de xaneiro de 2016 ao 5 de febreiro de 2016.

Para mais información preme aquí.

Distribuir contido