Skip to Content

Taboleiro, Delegados/as

04/12/21 COVID-19 Comunicado para as familias

Acceso ao comunicado do Equipo directivo sobre un novo caso COVID detectado no centro.

 

Día non lectivo

O martes 7 de decembro de 2021 non haberá clase por ser un dos días non lectivos aprobados polo Consello Escolar, segundo se establece no calendario escolar.

02/12/21 COVID-19 Comunicado para as familias

Acceso ao comunicado do Equipo Covid sobre o desenlace do caso detectado na pasada semana.

 

Resultado electoral Consello Escolar 2021

Nas eleccións do pasado 25 de novembro, as persoas candidatas que resultaron elixidas, por sector e orde alfabético, para formar parte do Consello Escolar 2021 fóron:

Representante do Persoal de Administración e Servizos

Lorenzo Álvarez, Xoán

Representantes do Alumnado:

Dos Santos Dos Anjos, Nara

Lamas Gómez, Ana

Representantes dos pais, nais e titores legais:

González López, Otilia

Ledo Rodríguez, Olalla

Representantes do profesorado:

Domínguez López, Xosé Antón

García Soengas, M Pilar

Giménez Lorenzo, Tatiana

López Rodríguez, M Dolores

Prado Fernández, Jacobo

Visita do presidente de APAGA

O presidente da Asociación do Profesorado de Automoción de Galicia, APAGA , reuniuse coa directora, coa coordinadora Erasmus+ e co profesorado e alumnado do CB Mantemento de vehículos e do CM Electromecánica de vehículos automóbiles para informarlles das bolsas para realizar a FCT (Formación en Centros de Traballo) en algúns dos países cos que teñen acordos asinados: Portugal, Italia, Croacia e outros. Estas bolsas están financiadas pola Unión Europea a través de proxectos Erasmus+.

Para ver as imaxes da xuntanza do pasado xoves 25 de novembro de 2021 preme na Galería de Imaxes.

26/11/21 COVID-19 Comunicado para as familias

Na mañá de hoxe comunicóusenos a confirmación dun caso positivo en COVID-19. Acceso ao comunicado da dirección do centro.

Segura-Mente

Alumnado das materias de Economía e Iniciativa Emprendedora de 4º ESO está a participar no proxecto educativo Segura-Mente desenvolto por Afundación Obra Social Abanca. Este poxecto foi recoñecido co premio “Finanzas para todos” do Banco de España e a CNMV.

O programa conta cun xogo  online ambientado no Camiño de Santiago: a planificación da viaxe, a xestión de riscos e imprevistos, axustar e decidir os seus gastos, etc. O xogo facilita así unha aprendizaxe significativa sobre finanzas, ao mesmo tempo que reforza  transversalmente os seus coñecementos de historia, arte, literatura… e mesmo os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable!

A aula con máis km percorridos cada mes e/ou a aula con máis partidas xogadas ao longo do curso recibirán un premio.

Obradoiro de educación afectivo sexual (II)

19/11/2021 09:35
19/11/2021 14:15
Europe/Madrid

Segunda e última sesión do obradoiro de educación sexual e afectiva dirixido ao alumnado de 3ºESO e PMAR (11:45h), 4º ESO (13:25h) e 1º BAC (9:35h).

Lugar: IES Val do Asma
Grupos: 3º e 4º ESO e 1º BAC
Organizan: Departamento de Orientación

Obradoiro de educación afectivo sexual (I)

18/11/2021 11:45
18/11/2021 14:15
Europe/Madrid

Primeira sesión do obradoiro de educación sexual e afectiva dirixido ao alumnado de 3ºESO e PMAR (13:25h), 4º ESO (11:45h) e 1º BAC (12:35h).

Lugar: IES Val do Asma
Grupos: 3º e 4º ESO e 1º BAC
Organizan: Departamento de Orientación

Roteiro xeolóxico

16/11/2021 10:25
16/11/2021 11:15
Europe/Madrid

Roteiro xeolóxico pola vila de Chantada do alumnado de bacharelato que cursa xeoloxía.

Lugar: Chantada
Grupos: 1º e 2º BAC
Organiza: Departamento de Bioloxía e xeoloxía

Distribuir contido


by Dr. Radut