Procedemento de admisión e reserva na ESO, BAC e FP
SOLICITUDE DE ADMISIÓN EN ESO E BAC PARA O CURSO 2023/24: NOVO ALUMNADO
Prazo: do 1 de marzo ao 20 de marzo de 2023 (ambos inclusive)
Documentación a entregar no centro onde desexa cursar estudos no 2023/2024:
- SOLICITUDE código ED550B
- Só no caso de non autorizar a consulta de datos, achegarase fotocopia do DNI (de non posuír DNI deberase aportar copia da páxina do libro de familia onde figura o/a alumno/a).
No suposto de que exista máis demanda que oferta de postos escolares comunicaráselles as persoas interesadas e publicarase no taboleiro de anuncios do centro e nesta páxina web, debendo presentar a solicitude de Admisión e a documentación xustificativa para a aplicación do baremo (Artigo 12).
No caso de que non teñan ningunha comunicación antes do mes de maio entenderase que ten praza para o vindeiro curso.
A solicitude adquirirá carácter vinculante e será incompatible coa presentación de solicitude noutro centro, salvo renuncia expresa e por escrito presentada no centro antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.
RESERVA DE PRAZA EN ESO E BAC PARA O CURSO 2023/24: ALUMNADO DO CENTRO ADSCRITO E ALUMNADO ACTUAL
Prazo: do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro de 2023 (ambos inclusive)
Documentación a entregar no centro onde cursa estudos actualmente:
- Solicitude código ED550A
- Só no caso de non autorizar a consulta de datos, achegarase fotocopia do DNI (de non posuír DNI deberase aportar copia da páxina do libro de familia onde figura o/a alumno/a).
No suposto de que exista máis demanda que oferta de postos escolares comunicaráselles aos/ás interesados/as e publicarase no taboleiro de anuncios do centro e nesta páxina web, debendo presentar a solicitude de Admisión e a documentación xustificativa para a aplicación do baremo (Artigo 12).
No caso de que non teñan ningunha comunicación ao longo do mes de febreiro entenderase que ten reservada a praza para o vindeiro curso.
A reserva adquirirá carácter vinculante e será incompatible coa presentación de solicitude noutro centro, salvo renuncia expresa e por escrito presentada no centro antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.
Normativa reguladora: DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
Acceso a AdmisiónAlumnado