Skip to Content

25 Anos do I.E.S. Val do Asma - Xantar conmemorativo

 Dende Chantada, corazón de Galicia e terra de bo viño e mellor xente, animámosvos a participar nunha festa de lembranza e de reencontro de persoas que pasaron polo noso centro como estudantes, como pais ou como traballadores do ensino (docentes e non docentes), pero sobre todo como persoas que sempre intentaron vivir en harmonía.


 


SÁBADO 25 DE XUÑO ÁS 14:00 HORAS


PAVILLÓN DO I.E.S. VAL DO ASMA


 


Menú:


·        Empanada


·        Lacón


·        Polbo


·        Churrasco


·        Sobremesas


·        Bebidas e café


 


Prezo do menú: 20 € (haberá tamén un menú  de 12 € para nenos/as que non pasen dos 10 anos)


 


Para poder asistir ó xantar é necesario o pago anticipado do mesmo. Este pago pode facerse de dúas maneiras:


 


·        Mediante ingreso nunha conta do instituto en CAIXA NOVA co seguinte código:


 


o       2080-0504-34-0000107715


 


o       Como concepto, cando fagades o ingreso, podedes poñer XANTAR 25


 


o       Gardade o xustificante do ingreso para acceder ao xantar


 


·        Tamén podedes adquirir na secretaría do instituto en horario de mañá un boleto para acceder ao xantar (o prezo é o mesmo nas dúas modalidades)


 


O prazo para comprar os boletos ou para facer o ingreso na conta de CAIXA NOVA remata o martes 21 de xuño.



blog | by Dr. Radut