Skip to Content

Outros Proxectos

Encontro co escritor Francisco Castro

13/05/2024 11:45
13/05/2024 12:35

Visita do escritor Francisco Castro. É escritor de máis de 20 obras literarias, traducidas a diversas linguas e merecentes de distintos premios e distincións. Entre outros é autor de Chamádeme Simbad, Iridium e O corazón da Branca de Neve.

Dirixido a: Alumnado 3º ESO, 3º PDC e 1º BAC.
Lugar: Salón de actos do IES.
Organiza: Departamento de Lingua Galega.

Obradoiro Talento Mozo 2024

16/04/2024 08:45
16/04/2024 10:25

Obradoiros Talento Mozo 2024 é un programa de educación non formal no ámbito educativo, promovido pola Consellería de Política Social e Xuventude coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, que se desenvolve a través de obradoiros participativos. Neles, daranse a coñecer as experiencias profesionais e de vida de diferentes mozos e mozas galegos para inspirar os alumnos de educación secundaria obrigatoria. Ligazón á convocatoria.

Dirixido a: Alumnado de 3º ESO e 3º PDC.
Lugar: Aula de referencia.
Organiza: Departamento de Orientación.

Proxecto Ríos - Saída polo Río Asma

11/04/2024 11:45
11/04/2024 14:15

Saída polo Río Asma dentro do Proxecto Ríos.

Dirixido a: Alumnado de 2º CB Informática de oficina, 2º CB Mantemento de vehículose e 4º ESO Bioloxía.
Lugar: Chantada.
Organiza: Departamento de Bioloxía e Xeoloxía.

Canguro matemático 2024

21/03/2024 08:45
21/03/2024 10:25

Participación no concurso de ámbito nacional, Canguro matemático, organizado pola Federación Española de Sociedades de Profesores de Matemáticas (FESPM).

Destinatarios/as: Alumnado, previamente inscrito, que vai dende 1º ESO ata 1º BAC.
Lugar: Salón de Actos
Colabora: Departamento de Matemáticas

21 de marzo - Día da Poesía

Desde o Equipo de Biblioteca queremos celebrar o Día da Poesía, 21 de marzo, co seguinte vídeo, no que parte do noso alumnado e profesorado recita poemas e versos para homenaxear así  á nosa literatura.

Cartel 8M - Día Internacional da Muller

Cartel elaborado polo alumnado de Expresión Artística de 4º ESO no que tamén colaboraron alumnado de 1º BAC para conmemorar o Día Internacional da Muller.

Obradoiro "Educacion Emocional e Sexual na Familia" no Telecentro de Chantada

19/04/2023 17:00
19/04/2023 18:30

O Servizo de Educación e Apoio Familiar do Concello de Chantad, está a organizar un obradoiro "Educacion Emocional e Sexual na Familia" que impartirán dende o Centro Quérote + de Lugo. Este obradoiro que está dirixido a nais, pais, avós, avoas, tíos/as, educadores/as, etc., terá lugar o mércores, 19 de abril de 17:00 a 18:30 no Telecentro. Poderán ir acompañados/as das crianzas, xa que facilitarán un espazo de conciliación da man de Velaisca noutra aula do Telecentro.
Para participar as familias teñen que inscribirse enviando un correo electrónico a este enderezo (educacionfamiliar@concellodechantada.org), indicando nome completo e teléfono de contacto. As prazas son limitadas e cubriranse por orde de inscrición.

Programa eduemprende Finanzas para mortais 22-23

O IES Val do Asma foi seleccionado para participar no Programa eduemprende Finanzas para mortais da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades.

Listado de centros seleccionados no curso 22-23.

Programa eduemprende Actúa 22-23

O IES Val do Asma foi, un ano máis, seleccionado para participar no Programa eduemprende Actúa da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades.

Listado de centros seleccionados no curso 22-23.

Club de lectura 22/23

Admitida a solicitude, e financiada con 600,00 €, para os clubes de lectura no IES Val do Asma.

Aceso á convocatoria.

Distribuir contido


by Dr. Radut