Skip to Content

Outros Proxectos

FROITA NA ESCOLA - 2ª SEMANA

16/04/2018 11:15
20/04/2018 11:45

Na quincena do 9 ao 20 de abril de 2018, distribuirase froita (plátano, mazá, laranxa, pera, clementina e amorodos) no recreo que estará dispoñible na entrada do edificio 1 para o alumnado da ESO, dentro do "Programa de Froita e Leite" xestionado polo Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA).

ENTREGA DE PREMIOS DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

19/04/2018 10:00

O alumnado de 4º da ESO viaxará ao Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA) en Santiago, acompañados pola súa profesora de plástica, Lola López, e o Director do IES, Óscar Pérez, para recoller o premio como gañadores do concurso de carteis do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, organizado pola Secretaría Xeral de Igualdade. Para ver as imaxes da recollida do premio preme na foto.

FROITA NA ESCOLA - 1ª SEMANA

09/04/2018 11:15
13/04/2018 12:45

Na quincena do 9 ao 20 de abril de 2018, distribuirase froita (plátano, mazá, laranxa, pera, clementina e amorodos) no recreo que estará dispoñible na entrada do edificio 1 para o alumnado da ESO, dentro do "Programa de Froita e Leite" xestionado polo Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA).

DÍA DA MULLER 8 DE MARZO DE 2018 - IGUAIS E LIBRES

07/03/18 ESTE TRABALLO DE CLASE AXUDOUNOS A ACLARAR AS IDEAS

PRIMEIRO PREMIO PARA O IES VAL DO ASMA

Alumnado de 4º de ESO do IES Val do Asma gaña o primeiro premio do concurso de deseño de carteis convocado pola Xunta con motivo da celebración do Día Internacional da Muller o próximo 8 de marzo. O cartel deseñado polo noso alumnado será o protagonista da campaña institucional levada a cabo pola Xunta de Galicia. Para ver as imaxes da presentación do cartel, preme na foto.

Noraboa a todos/as !!!!

 

DÍA DA PAZ - CONCERTO ESCOLA MÚSICA CHANTADA

29/01/2018 15:55
29/01/2018 16:45

O alumnado do IES Val do Asma disfrutará dun concerto de piano ofrecido polos alumnos da Escola de Música de Chantada en conmemoración do Día da Paz.

Lugar: Salón de actos do IES Val do Asma

Grupos: Todo o alumnado.

Organiza: Departamento de Dinamización Lingüística.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut