Skip to Content

Outros Proxectos

ACTO GRADUACIÓN DE CICLOS FORMATIVOS

14/03/2019 17:30
14/03/2019 20:00

Con motivo da finalización do período lectivo nos 2º cursos dos ciclos de grao medio e grao superior (modalidades ordinaria e dual), o IES Val do Asma celebrará un acto de graduación ao que asistirán familiares e amigos/as do alumnado. Neste acto cada alumno/a recibirá un diploma acreditativo da súa formación.
Lugar: Salón de recepcións na Adegas Vía Romana.
Organiza: Alumnado (turismo e administración) e Departamentos de Turismo.

Preme na imaxe para ver máis fotografías do evento.

ENGLISH TRAINING

11/03/2019 09:00
13/03/2019 14:00

Os vindeiros días 11, 12 e 13 de marzo o alumnado de FP Dual participará nunhas xornadas dirixidas a mellorar as súas competencias lingüísticas en Inglés. A actividade organízase no marco do proxecto de ciclos formativos plurilingües Estrela PluriFP no que está a participar o centro.

Lugar: Salón de Actos IES Val do Asma

Grupo:Ciclos Superiores de Administración e Finanzas, Desenvolvemento de Aplicacións Web, e Axencias de Viaxes e Xestión de Eventos.

Organiza: Coordinación de proxectos plurilingües.

 

8 DE MARZO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Cartel elaborado polo alumnado de Plástica de 4º ESO

DÍA DO GUÍA TURÍSTICO

21/02/2019 16:00
21/02/2019 19:30

Alumnado do CS Axencias de Viaxes e Organización de Eventos acudirá a visitar as Igrexas Románicas da zona, para celebrar o Día Internacional do Guía de Turismo.

Organiza: Departamento de Turismo en colaboración con APIT

PROGRAMAS PARA A MOCIDADE

19/02/2019 12:30
19/02/2019 13:30

Alumnado de Ciclos Superiores acudirá aunha charla impartida polo Espazo Xove de Chantada

Lugar: Salón de Actos do IES Val do Asma

Organiza: Departamento de ACE en colaboración co Espazo Xove de Chantada.

OLIMPÍADA DE XEOLOXÍA

13/02/2019 11:30
13/02/2019 18:30

Alumnado de bacharelato acude á fase galega das Olimpíadas de Xeoloxía

E gañan a proba por equipos! Parabéns!

Lugar: Facultade de Ciencias de Ourense
Grupo: 1º BAC (Ciencias)
Organiza: Departamento de Bioloxía.

 

INVESTIGACIÓN CONXUNTA CON 6º DE PRIMARIA

30/01/2019 12:00
30/01/2019 14:00

O alumnado de 6º de primaria do CEIP Eloísa Ribadulla acude, como en cursos anteriores, ao IES Val do Asma a realizar unha práctica de laboratorio.

Lugar: IES Val do Asma

Grupos: 6º primaria do CEIP Eloísa Ribadulla e 4º da ESO e 1º BAC do IES Val do Asma

Organiza: Departamento de Bioloxía.

MASTERCLASS DE RITMOS CUBANOS

21/01/2019 15:05
21/01/2019 16:45

Alumnado de 3º da ESO e de 1º BAC participará nunha Masterclass impartida por Claudia Tarín.

Lugar: IES Val do Asma

Grupos: 3º da ESO e 1º BAC

Organiza: Departamento de Música

PARLAMENTANDO (II)

18/12/2018 16:00
18/12/2018 17:15

Co gallo da celebración do 40 aniversario da Constitución Española recibiremos a visita do exdeputado David Bruzos Higuero que nesta segunda actividade do Parlamentando falaranos da súa experiencia no Congreso dos Deputados en Madrid. Para máis información preme aquí.

Lugar: Biblioteca do IES Val do Asma

Grupos: CS Administración e finanzas nas modalidade de dual e ordinario, 1º BAC e 4º ESO.

Organiza: Departamento de Administración e xestión.

Para ver máis imaxes do evento preme na fotografía.

DESCUBRE IDEAS CON FUTURO

13/12/2018 15:00
13/12/2018 18:25

Alumnado do 2º curso do C.S. de Administración e finanzas presentará as súas ideas de negocio nun acto aberto ao que queira participar. Logo das presentacións realizarase un coloquio.

Lugar: Salón de actos do IES Val do Asma

Organiza: Alumnado dos departamentos de Administración e xestión e de Hostalaría e Turismo.

Preme na imaxe para ver fotografías do evento.

Distribuir contido


by Dr. Radut