Skip to Content

Outros Proxectos

Programación Xeral Anual 21-22

A Programación Xeral Anual (PXA) do IES Val do Asma para o curso 2021/2022 pode ser consultada aquí.

25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero

25/11/2021 11:15
25/11/2021 14:14

O xoves 25 de novembro alumnado de 1º ESO, 2º ESO e 3º ESO participará nun acto, organizado polo Centro de Información á Muller de Chantada, contra a violencia de xénero. Celebrarase no Auditorio da vila e irán acompañadas das profesoras de Bea e Tatiana (Lingua Castelá) e Ana (Francés).

Lugar: Auditorio de Chantada
Grupos: 1º a 3º ESO
Organiza: Equipo de Biblioteca

Segura-Mente

Alumnado das materias de Economía e Iniciativa Emprendedora de 4º ESO está a participar no proxecto educativo Segura-Mente desenvolto por Afundación Obra Social Abanca. Este poxecto foi recoñecido co premio “Finanzas para todos” do Banco de España e a CNMV.

O programa conta cun xogo  online ambientado no Camiño de Santiago: a planificación da viaxe, a xestión de riscos e imprevistos, axustar e decidir os seus gastos, etc. O xogo facilita así unha aprendizaxe significativa sobre finanzas, ao mesmo tempo que reforza  transversalmente os seus coñecementos de historia, arte, literatura… e mesmo os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable!

A aula con máis km percorridos cada mes e/ou a aula con máis partidas xogadas ao longo do curso recibirán un premio.

O IES Val do Asma lembra a Xela Arias

PROGRAMA PIALE: COMPARATIVA ENTRE OS SISTEMAS EDUCATIVOS FRANCÉS E GALEGO

No seguinte documento, inclúese unha comparativa entre os sistemas educativos francés e galego realizada a raíz da participación no programa PIALE da profesora de bioloxía e xeoloxía durante o mes de novembro.

Este programa está destinado a mellorar o nivel lingüístico do profesorado e a mellorar as súas competencias docentes.

I CONCURSO "A HISTORA TRALA IMAXE"

Concurso de interpretación fotográfica destinatado a todo alumnado organizado pola Biblioteca do IES Val do Asma.

Acceso as bases do concurso e ao calendario de entrega e de exposición das fotografías.

I CONCURSO "A HISTORA TRALA IMAXE"

1º PREMIO "DESAFÍOS STEM: PROGRAMACIÓN, ROBÓTICA E IMPRESIÓN 3D"

O alumnado de 1º de Bacharelato do IES Val do Asma fíxose co primeiro premio nos "Desafíos STEM: programación, robótica e impresión 3D", convocados pola Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

Concretamente acadaron dito premio na categoría "STEM afondamento", no desafío "Programación" co seu proxecto "Sistema de alarma".

Pódese consultar toda a información referente aos premios no seguinte enlace.

TECNÓPOLE E VIVEIRO DE EMPRESAS

18/12/2019 08:45
18/12/2019 14:15

Alumnado do C.S. Administración e finanzas das modalidades ordinarias e dual visitarán Tecnópole (10h) en Ourense e o Viveiro de empresas (12.30h) do IES Laxeiro de Lalín.

Lugares: Ourense e Lalín
Destinatarios : Alumnado CS Administración e finanzas.
Organiza: Departamento de Administración.

OBRADOIRO BO TRATO

22/11/2019 11:45
22/11/2019 13:00

Por mor da conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero (25 de novembro) o IES Val do Asma realizará un obradoiro sobre o bo trato e mitos do amor romántico.

Destinatarios : alumnado 1º ESO.

Organiza: Departamento de Orientación

OBRADOIRO LINGUAXE NON SEXISTA

22/11/2019 13:00
22/11/2019 14:15

Por mor da conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero (25 de novembro) o IES Val do Asma realizará un obradoiro sobre linguaxe non sexista.

Destinatarios: Alumnado de 1º CM e FPB.
Organizan: Departamento de Orientación.

Distribuir contido


by Dr. Radut