Skip to Content

FCT

Formación en centros de traballo

Convenios de colaboración

Listado de empresas, por concellos, con convenio de colaboración para realizar a formación nas modalidades ordinaria (FCT) e dual das familias de Administración e xestión, Hostalaría e turismo, Informática e comunicacións e Transporte e mantemento de vehículos:

Empresas colaboradoras FP dual de 2º ano CS Administración e finanzas curso 23-24

Como en cursos anteriores, parte do alumnado do 2º curso do CS Administración e finanzas está a realizar a modalidade de dual grazas á colaboración de dúas empresas da comarca:

Tres alumnos/as realizan parte da súa formación na primeira das empresas con sede en Chantada e unha alumna na segunda empresa, na súa oficina de Escairón.

Axudas FCT ou FP dual

Publicada no DOG do 28/08/23 a Orde do 19 de xullo de 2023 pola que se convocan as axudas económicas para o alumnado que realiza/realizou formación práctica en centros de traballo ou FP dual. O prazo de presentación abrangue dende o 29/08/2023 ás 00:00 ata o 28/09/2023 ás 23:59. Acceso ao Extracto da Orde e á solicitude.

Formación en Centros de Traballo en Italia - Erasmus+

Cinco alumnos do Ciclo Básico de Mantemento de Vehículos participan, nun proxecto de mobilidade europeo grazas ao consorcio do IES Val do Asma con APAGA (Asociación de Profesorado de Automoción de Galicia). Este proxecto, financiado con fondos da Unión Europea, consiste na realización de parte da súa Formación en Centros de Traballo (FCT) en talleres de Turín (Italia) dende o 18/05/23 ao 20/06/23. Nos días iniciais da súa estancia na cidade sede da FIAT estarán acompañados por dous profesores.

Formación en Centros de Traballo en Portugal - Erasmus+

Unha alumna do Ciclo Medio de Electromecánica de Vehículos Automóbiles participa, nun proxecto de mobilidade europeo grazas ao consorcio do IES Val do Asma con APAGA (Asociación de Profesorado de Automoción de Galicia). Este proxecto, financiado con fondos da Unión Europea, consiste na realización da súa Formación en Centros de Traballo (FCT) no taller mecánico AutoAfonso & Filhos, Lda. en Montalegre (Portugal) dende o 03/04/23 ao 30/06/23.

Períodos de prácticas en empresas 22/23

Os períodos ordinarios para a realización das prácticas en empresas ou formación en centros de traballo (FCT) no curso 2022/2023 serán os seguintes:

  • C.B. Mantemento de vehículos: do 21 de abril ao 19 de xuño de 2023, ambos incluídos.
  • C.M. Electromecánica do vehículo automóbil: do 3 de abril ao 19 de xuño de 2023, ambos incluídos.
  • C.S. Administración e finanzas: do 10 de abril ao 16 de xuño de 2023, ambos incluídos.

Presentación solicitudes para prácticas en paises europeos - Alumnado CB e CM

Aberto o prazo para que o alumnado de 2º curso do CB Mantemento de vehículos e do CM Electromecánica de vehículos automóbiles presente as súas solicitudes para realizar 1 mes ou 3 meses de prácticas en talleres europeos.
Estas solicitudes entregaranse á persoa coordinadora Erasmus+ para logo ser remitidas á APAGA, que é a asociación que coordina este proxecto Eramus+.

Acceso ao impreso de solicicitude.

Axudas FCT ou FP dual

Publicada a Resolución das axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo ou FP dual (prazo outubro). Acceso á información.

Empresas colaboradoras FP dual de 2º ano CS Administración e finanzas curso 22-23

Como en cursos anteriores, parte do alumnado do 2º curso do CS Administración e finanzas está a realizar a modalidade de dual grazas á colaboración de dúas empresas da comarca:

  • CM Stores & Innovative Business S.L.U.
  • Álvarez Real

Tres alumnos/as realizan parte da súa formación na primeira das empresas con sede en Taboada e un alumno na segunda empresa, na súa oficina de A Barrela.

Axudas económicas FCT e formación FP dual

Publicada a ORDE do 7 de xuño de 2022 pola que se convocan axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo ou FP Dual (código de procedemento ED202A). Os períodos de presentación de solicitudes son os seguintes:

  • O primeiro prazo, entre o 18 de xuño e 18 de xullo de 2022 (31 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG), para o alumnado que realizase a FCT nos períodos outubro 2021-marzo 2022 e nos períodos xaneiro-xuño, xaneiro-marzo e abril-xuño de 2022. Acollerase a este primeiro prazo o alumnado de FP dual.
  • O segundo prazo será o comprendido entre o 15 de outubro e o 15 de novembro de 2022, para o alumnado de ciclos formativos que lle corresponda realizar a FCT no períodode setembro-decembro de 2022.

Acceso ao extracto da orde.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut