A Orientación Académica e Profesional (OAP) é fundamental en todas as etapas educativas e na vida en xeral. A súa importancia débese á necesidade de contar con información de calidade e actualizada para poder levar a cabo unha toma de decisións axeitada á persoa e ás súas circunstancias.
Debido á situación excepcional que estamos a vivir provocada pola pandemia COVID - 19 que levou a interrupción das clases presenciais nos centros escolares a partir do 13 de marzo 2020, poñemos a disposición da comunidade educativa, en especial, do alumnado do IES Val do Asma, diversos cadernos con información académica e profesional por cursos académicos.
Toda a información está publicada no blogue do Departamento de Orientación do IES Val do Asma, onde se pode ampliar información sobre aspectos psicopedagóxicos a través dos seus contidos (etiquetas e páxinas).
Unha vez revisada, ante calquera dúbida, agradecemos se poñan en contacto co Departamento de Orientación, xa que sempre pode haber algún erro ou é necesario asesorar individualizadamente.
- Correo electrónico: orientación.iesvaldoasma@gmail.com
- Teléfono: 982. 870239
Iranse publicando novas a través do blogue e nesta web, sobre todo relacionadas cos procesos de matriculación do vindeiro curso.
Algunhas recomendacións para a auto-orientación:
1. Seguir este apartado con alguén que poida acompañarte na túa decisión, para intercambiar suxestións, opinións ou aspectos a ter en conta.
2. Se algunha ligazón non funciona, proba a empregar outros navegadores.
3. Traballar con estas presentacións por partes, non tentar asimilar toda a información dunha soa vez.
4. É recomendable ampliar información no seguinte enlace:
O material que se presenta é o seguinte:
- Caderno xeral de Orientación Académica para todas as etapas con diversa información: titulacións, vías de acceso, enlaces e recursos web.
- Ficha para a Toma de Decisións: guión para facilitar o proceso.
- Resumo ABAU, FP, Bacharelato e 4º ESO, 3º ESO, 2º ESO, 1º ESO: información básica para o coñecemento de cada etapa.
- O alumnado de 4º ESO e 2º Bacharelato ten un enlace a un cuestionario breve para facilitar o coñecemento dos seus intereses ao Departamento de Orientación e así poder dar unha resposta máis individualizada para o vindeiro curso.
PREME NO CURSO NO QUE ESTÁS HOXE PARA DECIDIR SOBRE O QUE VÉN.