Skip to Content

Outros Proxectos

Entrevistas e Retratos do proxecto "Arela de 8 mulleres emprendedoras no rural"

Actividade "Arela de 8 mulleres emprendedoras no rural" é un proxecto que consistiu en escoitar a testemuña de mulleres emprendedoras no rural da comarca de Chantada. Para iso, o alumnado de 1ºCB Mantemento de vehículos no módulo de Comunidad e Sociedade I (Galego) elaborou unhas entrevistas que o alumnado de 1ºCS Administración e finanzas no módulo de FOL realizou en persoa a cada unha delas. Por último, o alumnado de 1º BAC na mateira de Debuxo Artístico I tomou fotografías e realizou os retratos que fóron entregados as 8 participantes:

 

 

Xornada de Portas Abertas 2022

03/06/2022 17:00
03/06/2022 19:00

O venres 3 de xuño de 2022, de 17:00 a 19:00 horas o IES VAL DO ASMA celebra a súa xornada anual de portas abertas. Estades todos/as (familias, futuro alumnado, ...) convidados/as a coñecer o noso centro. Faremos un percorrido por todas as instalacións. Esperámosvos!

Admisión alumnado premios extraordinarios FP

Listaxes provisionais de alumnado admitido e excluído dos premios extraordinarios de FP de grao superior

Día do Libro 2022 - Concurso de carteis

A Biblioteca do IES Val do Asma convoca un concurso de carteis para conmemorar o Día do Libro. Acceso ás bases.

08/03/22 Entrega premios concurso escolar carteis Xunta de Galicia con motivo do Día internacional da muller

Na entrega de premios onde o traballo do alumnado do IES Val do Asma recibiu o segundo premio na 3º categoría dirixida a estudantes de 3º e 4º de ESO, Bacharelato e FP a conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, anima á mocidade a ser “embaixadora” da igualdade, na entrega de premios do concurso de carteis convocado para conmemorar o 8-M. Ler máis.

Exposición de fotografía Imaxina Palestina

23/03/2022 11:30
23/03/2022 12:35

Alumnado do IES Val do Asma acudirá á visitar a exposición de fotografía "Imaxina Palestina" de Moncho Iglesias Míguez. Acceso ao cartel.

Grupos: 3º ESO e PMAR
Lugar: Espazo Xove (Chantada)
Organiza: DACE (Departamento de Actividades Complementarias e Extraescolares)

08/03/22 Concurso prol da igualdade

Para ver a nova (a partir do minuto 5:30) do Telexornal-Galicia, preme na imaxe seguinte:

Acto de recollida premio deseño do cartel do día 8 de marzo co gallo da celebración do Día Internacional da Muller

08/03/2022 09:00
08/03/2022 14:15

O alumnado de 1º BAC Debuxo Artístico acadou o 2º premio da categoría 3 (alumnado de 3º e 4º de ESO e 1º e 2º de Bacharelato, FP Básica, CM e CS) no concurso de carteis da Xunta polo 8-M, organizado pola Secretería Xeral de Igualdade.

As alumnas e alumnos acudirán acompañados da súa profesora Lola López e da directora do IES Val do Asma, Gloria López á entrega de premios que se celebra hoxe no CGAC en Santiago de Compostela as 11h.

Parabens polo voso traballo!!!

Acceso as imaxes.

Obradorio de recuperación emocional

03/03/2022 08:45
03/03/2022 09:35

Contidos da xestión emocional vinculados á situación de incertidume xerada pola pandemia ao alumnado do IES Val do Asma impartidos pola relatora Noelia Pastor Peño de EuForte Centro de Coaching y Desarrollo Personal. Para saber máis preme aquí.

Destinatarios/as: alumnado IES
Lugar: IES (aulas de referencia de cada grupo agás PMAR que será na aula de 3º de ESO, 2ºCM será na de 1ºCM e 2ºCS será na de 1ºCS).
Organiza: Departamento de Orientación

Horarios:
LUNS 7, 14, 21 e 28 de MARZO (10.25 h 3ºESO-PMAR, 11.45 h 1º e 2º de CM de Electromecánica de Vehículos e 15.55 h 1º ESO)
MARTES 15 e 22 de MARZO (8.45 h 1º BAC e 10.25 h 2º BAC)
XOVES 3, 10, 17 e 24 de MARZO (8.45 h 2º ESO)
VENRES 4, 11, 18 e 25 de MARZO (8.45 h  4º ESO e 10.25 h FPB Mantenimiento de Vehículos)
VENRES 4 e 18  de MARZO (9.35 h CS de Administración e Finanzas)

Obradorio de Títeres en Igualdade (II)

24/02/2022 11:45
24/02/2022 13:25

A partir dunha peza de títeres, preséntase unha situación de  desigualdade e un conflito que se resolve  de xeito violento. O alumnado deberá reflexionar sobre as posibles solucións non violentas para dito conflito. Para ter máis información preme aquí.

Lugar: IES Val do Asma (Salón de actos ou aulas de referencia)
Grupos: 1º ESO (12:35h) e 2º ESO (11:45h)
Organiza: Departamento de Orientación

Distribuir contido


by Dr. Radut