Skip to Content

Outros Proxectos

OBRADOIRO: PREVENCIÓN DE DROGODEPENDENCIA DESDE A FAMILIA

04/06/2018 19:30
04/06/2018 20:30

O IES Val do Asma convida aos pais/nais do alumnado a compartir un espazo de reflexión sobre a importancia de poñer en práctica estratexias activas para previr consumo de sustancias nocivas en adolescentes.
Contaremos cunha experta que exporá técnicas útiles para as familias e á que se lle poderán expor todas as dúbidas poidan xurdir neste campo.

Lugar: Salón de actos do IES
Organizan: Departamento de Orientación.

 

ENTREVISTA PROGRAMA "A TARDE" - CARTEL DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

VIDEO EXPLICATIVO - EXPOSICIÓN "ABSTRACCIÓNS E LINGUAXE FOTOGRÁFICA"

09/05/18 UN GRABADO EN HONOR A LA HUMANIDAD

09/05/18 O ESTUDANTE CARLOS VÁZQUEZ RECOLLEU NO CONGRESO DOS DEPUTADOS O PREMIO DE DEBUXO DO DEFENSOR DO POBO

07/05/18 "ABSTRACCIÓNS FOTOGRÁFICAS", UN PROCESO CREATIVO E EDUCATIVO INSPIRADO NA OBRA DE MANUEL JORGE

03/05/18 O DEFENSOR DO POBO PREMIA A UN ALUMNO DO IES VAL DO ASMA POR UNHA OBRA PLÁSTICA SOBRE OS DEREITOS HUMANOS

EXPOSICIÓN "ABSTRACCIÓNS E LINGUAXE FOTOGRÁFICA"

04/05/2018 20:30
06/05/2018 14:00

O alumnado de 4º da ESO e 2º de BAC do IES Val do Asma Chantada exporá o resultado do obradoiro sobre Manuel Jorge, abstraccións e linguaxe fotográfica. As fotografías están á venda para recadar fondos destinados á excursión de fin de curso. Para ver imaxes preme aquí.

Lugar: Auditorio Municipal de Chantada.

Organiza: Departamento de Educación Plástica e Visual.



 

NOVO PREMIO PLÁSTICA 4º ESO

Esta vez, con un traballo individual, o alumno de Educación plástica e visual 4º de ESO do IES Val do Asma, Carlos Vázquez González, resultou gañador na XV edición do "Concurso Escolar de Dibujos sobre Derechos Humanos" organizado a nivel nacional polo Defensor del Pueblo de España e a ONG Globalización de los Derechos Humanos. Para máis información preme aquí.

Este mesmo alumno, xunto cos compañeiros, recibiron outro premio por un traballo de plástica en equipo neste mesmo ano. Para ver a información sobre o premio recibido anteriormente preme aquí.

Deixámosvos un enlace ao debuxo gañador, preme aquí.

Noraboa a Carlos e a profesora de plástica, Lola López!!!

CONCURSO QUEN SON EU?

Todo o alumnado do IES Val do Asma puido participar no Concurso Quen son eu?.
O concurso consistía en indicar de que muller se estaba a falar en cada unha das 22 preguntas propostas. Para poder resolver ditos interrogantes os participantes podían empregar as cartulinas elaboradas polo alumando de 3º ESO, e visibles na primeira pranta do edificio central do IES.

NATALIA MAZAIRA VÁZQUEZ, alumna de 3º ESO, foi a primeira en contestar correctamente a todas as preguntas e por iso o día 18 de abril fíxose a entrega do premio: o libro LAS CHICAS SON GUERRERAS: 26 REBELDES QUE CAMBIARON EL MUNDO.

Para ver imaxes preme na foto.

Distribuir contido


by Dr. Radut