Skip to Content

Programa ERASMUS

Experiencias Erasmus+

O alumnado que participou nas mobilidades á Güiana Francesa dentro do proxecto 2020-1-FR01-KA229-080491_2 cóntanos a súa experiencia.

25/05/23 El Progreso: O IES Val do Asma celebrou o seu particular festival de Eurovisión en Chantada

24/05/23 Un instituto de Chantada organiza o seu propio festival de Eurovisión... e gaña España

 

Videochamada socias proxecto 229 Erasmus+

16/05/2023 18:30
16/05/2023 20:00

As tres coordinadoras Eramus+ dos centros educativos Lycée Professionnel Le Chatelier de Marsella (Francia),  LPO Lama-Prevot de Cayenne (Francia) e IES Val do Asma realizarán unha videochamada, o martes 16 de maio de 2023, para tratar sobre o proxecto Erasmus+ conxunto, que finalizará o 31/08/23. Para saber máis deste proxecto con código 2020-1-FR01-KA229-080491_2 preme aquí.

Formación en Centros de Traballo en Italia - Erasmus+ 2023

Cinco alumnos do Ciclo Básico de Mantemento de Vehículos participan, nun proxecto de mobilidade europeo grazas ao consorcio do IES Val do Asma con APAGA (Asociación de Profesorado de Automoción de Galicia). Este proxecto, financiado con fondos da Unión Europea, consiste na realización de parte da súa Formación en Centros de Traballo (FCT) en talleres de Turín (Italia) dende o 18/05/23 ao 20/06/23. Nos días iniciais da súa estancia na cidade sede da FIAT estarán acompañados por dous profesores.

Jobshadowing en Portugal consorcio APAGA

Un profesor de Automoción do IES Val do Asma visitará centros educativos e empresas portuguesas durante unha semana (do 8 ao 12 de maio de 2023) en virtude dun proxecto Erasmus+ coordinado por APAGA e financiado pola Unión Europea.

9 de Maio: Día de Europa

09/05/2023 08:45
09/05/2023 14:15

Celebraremos o Día de Europa, 9 de maio, cunha actividade na que o alumnado se achegará aos datos e símbolos da Unión Europea, disfrutaremos do Himno da UE interpretado polo alumnado de 4º ESO e continuaremos co gran FestiVAL DO ASMAVisión. O alumnado votará polas súas cancións favoritas dos 27 países da UE. A actividade realizarase en varios dos idiomas oficiais da UE.

Destinatarios/as: Alumnado de ESO (1º, 2º, 3º e 4º), 1º BAC, 1º CM e 1º CB (IFO e AUTO)
Lugar: Salón de actos e aulas de referencia.
Organiza: Equipo Erasmus+ coa colaboración do Equipo da BiblioAsma, Departamentos de Linguas (Castelá, Francés e Inglés), Música e Informática.

28/04/23 O instituto Val do Asma «exporta» estudantes chantadinos de automoción

Formación en Centros de Traballo en Portugal - Erasmus+ 2023

Unha alumna do Ciclo Medio de Electromecánica de Vehículos Automóbiles participa, nun proxecto de mobilidade europeo grazas ao consorcio do IES Val do Asma con APAGA (Asociación de Profesorado de Automoción de Galicia). Este proxecto, financiado con fondos da Unión Europea, consiste na realización da súa Formación en Centros de Traballo (FCT) no taller mecánico AutoAfonso & Filhos, Lda. en Montalegre (Portugal) dende o 03/04/23 ao 30/06/23.

Nova convocatoria!!! Prácticas en países europeos - Alumnado titulado e alumnado de 1º curso (CB ou CM)

O consorcio APAGA, no que participa o IES Val do Asma, abre un novo prazo para que o alumnado titulado ou que estea a realizar 1º cursos do CB Mantemento de vehículos ou do CM Electromecánica de vehículos automóbiles presente as súas solicitudes para realizar prácticas en talleres europeos nos meses de xullo e agosto. Interesados/as remitir correo electrónico a erasmusvaldoasma@gmail.com indicando nome, apelidos e teléfono de contacto.

Distribuir contido


by Dr. Radut