Skip to Content

Programa ERASMUS

Mobilidades alumnado a Francia

Sete alumnas e alumnos do IES Val do Asma, acompañadas/os por dúas profesoras, desplázanse a Marsella (Francia), entre o 25/03/22 e o 31/03/22, a un encontro co alumnado do Lycée Professionnel Le Chatelier para continuar, por primeira vez presencialmente, co seu proxecto Erasmus+ "Alumnado europeo que descubre o mundo profesional"(2020-1-FR01-KA229-080491_2). Acceso ás imaxes.

09/03/22 El Progreso: As dúas docentes do Val do Asma que viaxaron a Marsella están de volta en Chantada

Mobilidades de profesorado a Francia

Duas profesoras do IES Val do Asma acuden a Marsella (Francia), entre o 23/02/22 e o 26/02/22, a un encontro co profesorado do Lycée Professionnel Le Chatelier co fin de organizar as mobilidades do alumnado que se realizarán a finais de marzo. Estas mobilidades forman parte do proxecto Erasmus+ "Alumnado europeo que descubre o mundo profesional"(2020-1-FR01-KA229-080491_2). Acceso ás imaxes.

 

Videochamada do alumnado e profesorado do Proxecto Erasmus+ KA229_2020

21/02/2022 11:00
21/02/2022 12:00

Alumnado e profesorado do Lycée Professionnel Le Chatelier de Marsella (Francia) e do IES Val do Asma realizarán unha videochamada para traballar no proxecto Erasmus+ "Alumnado europeo que descubre o mundo profesional"(2020-1-FR01-KA229-080491_2).

Lugar: IES Val do Asma

Grupos: 1º BAC e CS Administración e finanzas

Organiza: Equipo Erasmus+

02/02/22 El progreso - Dúas profesoras do IES Val do Asma acudirán a unha formación á Marsella

19/01/22 El Progreso - O IES Val do Asma participou nunha actividade formativa en Portugal

Visita do presidente de APAGA

O presidente da Asociación do Profesorado de Automoción de Galicia, APAGA , reuniuse coa directora, coa coordinadora Erasmus+ e co profesorado e alumnado do CB Mantemento de vehículos e do CM Electromecánica de vehículos automóbiles para informarlles das bolsas para realizar a FCT (Formación en Centros de Traballo) en algúns dos países cos que teñen acordos asinados: Portugal, Italia, Croacia e outros. Estas bolsas están financiadas pola Unión Europea a través de proxectos Erasmus+.

Para ver as imaxes da xuntanza do pasado xoves 25 de novembro de 2021 preme na Galería de Imaxes.

Job-shadowing en Loulé (Portugal)

Unha profesora do IES Val do Asma achegarase ao sistema educativo portugués na Escola Secundária de Loulé durante unha semana (do 8 ao 12 de novembro de 2021) en virtude do proxecto Erasmus+ 2020-1-ES01-KA103-078522, financiado pola Unión Europea. Acceso ao programa do curso. Acceso as imaxes.

4/11/21 El Progreso - Alumnado do IES Val do Asma realizará prácticas no Reino Unido

Proceso de selección para prácticas en Reino Unido

Con data 1 de outubro comenza o proceso de selección de 2 alumnos/as do C.S. Administración e finanzas para realizar prácticas en empresas de Exeter (Reino Unido). Esta mobilidade do alumnado é posible grazas ao proxecto Erasmus+ 2019-1-ES01-KA103-062563.

Acceso aos criterios de selección e ao calendario do procedemento de selección.

Distribuir contido


by Dr. Radut