Skip to Content

Novas

XI Campus de Verán XuvenCiencia

Aberto o prazo para participar no campamento científico da USC, no que preto de cen estudantes de 4º da ESO, de BAC e de ciclos medios de FP vivirán unha semana de experiencias inesquecibles. O Campus XuvenCiencia terá lugar do 2 ao 8 de xullo e o custo da matrícula é 250 €.

O prazo de preinscrición ábrese dende o vindeiro venres 5 de maio ata o 14 de maio.

Como nas edicións anteriores, o obxectivo do Campus de Verán é poñer ao alumnado en contacto directo coas diversas ramas das ciencias experimentais e sociais e da tecnoloxía así como coa contorna universitaria. Ofertan durante cinco días unha multitude de actividades prácticas, tanto na rama Científico-Técnica como na Científico-Social, coa participación de todas as facultades e escolas universitarias da USC no Campus Terra de Lugo e a colaboración de moitas empresas e laboratorios externos. A matrícula inclúe a participación nas actividades do campus e nas actividades lúdicas da tarde, o material necesario, o seguro, o xantar nun comedor universitario os cinco días do campus e o diploma de participación da Universidade de Santiago de Compostela. Ademais inclúe actividades lúdicas de noite e aloxamento, cea e almorzo en Residencias Universitarias de Lugo, con acompañamento de monitores titulados da A.D.C Lumieira Lugo.

Na páxina web https://xuvenciencia.org/campus  pódese ver toda a información acerca das actividades do Campus (idiomas galego e castelán).

Premios extraordinarios de Bacharelato 2022/2023

Convocados os premios extraordinarios de Bacharelato. Requisitos:

  • Ter finalizado o bacharelato no curso 2022/23
  • Ter unha nota media do bacharelato igual ou superior a 8,75

Prazo de presentación de solicitudes será dun mes; comezará o día 26 de abril de 2023 e rematará o día 25 de maio de 2023.
Enlace á convocatoria do 2023.

Premios extraordinarios ESO 2022-2023

Convocados os premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico correspondentes ao curso 2022/23. Prazo de presentación de solicitudes: comezará o 31 de maio de 2023 e rematará o día 30 de xuño de 2023.

Acceso á información.

Vacacións Semana Santa 2023 e horario de atención

As vacacións de Semana Santa abranguerán dende o luns 3 ata o luns 10 de abril de 2023, ámbolos dous incluidos, segundo se establece no calendario escolar.

Durante os días laborables (luns 3, martes 4, mércores 5 e luns 10), o horario de atención ao público, será de 10:00 a 13:00 horas. Se non poden personarse nas oficinas ou para solicitar documentación, con carácter urxente, pode chamar neste horario aos teléfonos 982 870 236 ou 638 752 187.

Nova convocatoria!!! Prácticas en países europeos - Alumnado titulado e alumnado de 1º curso (CB ou CM)

O consorcio APAGA, no que participa o IES Val do Asma, abre un novo prazo para que o alumnado titulado ou que estea a realizar 1º cursos do CB Mantemento de vehículos ou do CM Electromecánica de vehículos automóbiles presente as súas solicitudes para realizar prácticas en talleres europeos nos meses de xullo e agosto. Interesados/as remitir correo electrónico a erasmusvaldoasma@gmail.com indicando nome, apelidos e teléfono de contacto.

Curtametraxe premiada no Carballo InterPlay 2023

A curtametraxe do alumnado de 3º ESO, Flipped Classroom, foi premiada co Mellor Triceratops, no Certame Dinoescolas no Carballo Interplay 2023. Para saber máis e ver a curtametraxe premiada preme aquí.


27/03/23 O Museo Thyssen premia a uns estudantes de Chantada que baleiraron un cadro de Edward Hopper

Alumnado de 4º ESO foi premiado no concurso MaThyssen 22/23 co vídeo Hopper el vacío  na Modalidade C (Secundaria) para ler a nova preme sobre o logo do xornal.

 

Bolsas de estudos 2023-2024 BAC e FP

O prazo para solicitar bolsas de estudos para BAC e para FP, convocadas polo Ministerio de Educación, abrangue dende o 27 de marzo ata o 17 de maio de 2023. Para acceder á solicitude e toda a información preme aquí e para máis información acude ao Departamento de Orientación.

Premios Extraordinarios de FP de Grao Superior 2023

Convocados os Premios Extraordinarios de Formación Profesional de Grao Superior da Comunidade Autónoma de Galicia para o alumnado que rematou no curso 2021/2022. Os requisitos de participación son:

  • Ter rematados os estudos de formación profesional de grao superior no ano 2022 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Ter obtido unha cualificación final media de todos os módulos igual ou superior a 8,50.


O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, ata 20 de abril de 2023, a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia (20 de marzo de 2023).

Enlaces á convocatoria e á sede electrónica.

Carteis 8M Día da Muller 2023

Propostas realizadas polo alumnado de 4º ESO de Ed. Plástica para conmemorar o 8M Día Internacional da Muller

Distribuir contido


by Dr. Radut