Skip to Content

Novas

Realización das probas B1 e B2 de Trinity curso 22-23

Lugar de realización: Edificio 1, aulas do primeiro andar (seguir a sinaléctica indicada ese día).

Datas de realización:

  • Exame escrito: 22 marzo, 16:00-18:00 (acudir ao centro escolar una hora antes).
  • Exame oral: 11 abril en horario individual (acudir ao centro media hora antes) e distribuido en tres aulas diferentes. Consultar o horario no taboleiro interior do IES.

Documentación obrigatoria:

  • DNI ou equivalente.
  • Examination Appointment Details (entregar al supervisor/a de Trinity al entrar al centro). Hai un para cada parte do exame (Reading & Writing, Speaking & Listening). Será custodiado pola xefa do departamento de inglés até ese mesmo día, en que será entregado aos alumnos/as.
  • USB/pen drive documento Word do tema do que se fará o speaking.

Prazo de admisión na ESO e no BAC para o curso 23-24

O novo alumnado que queira cursar estudos de ESO e/ou BAC no IES Val do Asma no curso 2023-2024 deberá presentar en prazo a súa solicitude. Este prazo abrangue do 1 de marzo ao 20 de marzo de 2023 (ambos inclusive). Para máis información preme no Procedemento de admisión.

Programa eduemprende Finanzas para mortais 22-23

O IES Val do Asma foi seleccionado para participar no Programa eduemprende Finanzas para mortais da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades.

Listado de centros seleccionados no curso 22-23.

Axudas para actividades de formación en lingua extranxeira 2023

Publicadas axudas para actividades de formación en lingua extranxeira. Acceso ao EXTRACTO da Orde do 18 de xaneiro de 2023 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2023, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, escolarizado nos cursos 2021/22 e/ou 2022/23, en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento ED504B).

Persoas beneficiarias: Alumnado escolarizado nos cursos 2021/22 e/ou 2022/23, en 1º ou 2º de bacharelato.
Prazas totais: 643
Idiomas: alemán, francés, inglés e portugués.
Prazo de presentación de solicitudes: 14/02/2023 00:00 - 13/03/2023 23:59

Programa eduemprende Actúa 22-23

O IES Val do Asma foi, un ano máis, seleccionado para participar no Programa eduemprende Actúa da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades.

Listado de centros seleccionados no curso 22-23.

Listaxes provisionais probas acceso grao superior

Publicadas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas  para as probas de acceso a ciclos formativos de grao superior. Para poder consultar as listaxes debedes ter un código persoal de consulta (CPC), único para cada persoa que participa nas probas de acceso a grao superior. Acceso as instrucións para obter o CPC  e  instruccións para o acceso as listas provisorias co CPC.

O período de reclamación abrangue do 13 ao 17 de febreiro de 2023, ambos os dous incluídos, no centro de inscrición.

Máis info no Departamento de Orientación 982 870 239

Actas das eleccións Consello Escolar 2023

12/01/23: Acta do sorteo de membros da Xunta Electoral

18/01/23: 1ª acta da Xunta Electoral.

01/02/23: 2ª Acta da Xunta Electoral.

08/02/23: 3ª Acta da Xunta Electoral.

Prazo de presentación de candidaturas ao Consello Escolar 2023

Aberto o prazo de presentación de candidaturas aos distintos sectores (alumnado, pais e nais, profesorado e PAS) do Consello Escolar. As candidaturas presentaranse na secretaría do IES Val do Asma dende o venres 20 de xaneiro ata o venres 27 de xaneiro ás 13:00h.

Calendario pendentes ESO/BAC/FP Básica

Advertido erro no calendario anterior, xa tedes acceso ao calendario de exames actualizado do 1º parcial (xaneiro 2023), 2º parcial (marzo 2023) e 3º parcial (só para ESO-BAC - maio 2023) das materias pendentes de ESO, BAC e FP básica

Alerta por condicións meteorolóxicas adversas para o mércores 18/01/23

A Xunta amplía a alerta laranxa por nevaradas nas zonas de montaña de Lugo e Ourense ao sur da provincia ourensá.

Pola súa banda, a Comisión Escolar de Alertas volveu reunirse hoxe para avaliar a evolución da situación. Acordou a suspensión do transporte escolar durante toda a xornada de mañá mércores 18 dos centros educativos situados nos concellos das zonas de predición das montañas de Lugo e Ourense e sur de Ourense, mentres que no resto si funcionará. En todo caso, recoméndase o seguimento das condicións meteorolóxicas nas zonas do interior da Coruña, interior de Pontevedra, centro de Lugo, sur de Lugo, noroeste de Ourense e Valdeorras.
No referido á xornada de hoxe, martes 17, mantéñense as medidas comunicadas onte.
 
Para o caso de que as circunstancias da localidade onde se atopa o centro supuxesen un risco superior ao declarado, os directores poderán adoptar as decisións oportunas respecto das actividades no exterior do centro educativo ou sobre as actividades extraescolares. Adicionalmente extremaranse as condicións de circulación do transporte con seguimento das condicións climáticas.

Distribuir contido


by Dr. Radut