Curso 2015/16

Curso 2015/16

Enquisa sobre a convivencia escolar

 

A administración educativa galega acaba de comunicarnos que xa están dispoñibles as ferramentas coas que se vai levar a cabo unha recollida masiva de datos relativos á convivencia escolar, unha actuación que se enmarca dentro do desenvolvemento do Plan Estratéxico de Convivencia Escolar 2015-2020, de recente aprobación:

 

Esta iniciativa está aberta a todos os membros da comunidade educativa de todos os centros de ensino de Galicia (profesorado, alumnado, persoal non docente e familias), que poderán participar mediante unha ferramenta informática en liña, de xeito automatizado e totalmente anónimo. A data límite para contestar o cuestionario é o 30 de novembro.

 

O alumnado cumprimentará o cuestionario nas aulas de informática do centro nas vindeiras semanas. En canto ás familias, anunciámoslles que recibirán a través dos seus fillos/as un documento no que se lles comunica o enderezo web da aplicación e a súa contrasinal de acceso individualizada. 

 

Nos documentos adxuntos atoparán información máis detallada.

Segunda convocatoria de axudas para a adquisición de material escolar - Curso 2015/16

Destinatarios: Alumnado matriculado en ESO que non puidese acollerse ás axudas reguladas pola Orde do 25 de agosto de 2015, e a aquel que, tendo solicitada a axuda, resultase excluído por unha causa enmendable.

Requisitos: Non superar 5.400 € de renda percápita da unidade familiar no exercizo fiscal do 2013.

Solicitudes: do 11/11/2015 ao 21/11/2015, ambos incluídos.

Cuantía: 50 euros.

 Convocatoria      Procedemento      Solicitude

Seleccionan o guión do IES Río Cabe como gañador

O guión seleccionado como finalista no obradoiro "Cóntame unha historia" pertence ao IES Río Cabe.

Dada a calidade dos guións e a ilusión amosada polo alumnado, desde o CIM lanzan a proposta de que os rapaces e rapazas asistentes ao obradoiro que desexen elaborar cos seus propios medios(móbiles, tablets, cámaras ?? ) a curtametraxe baseada nos guións aportados serán proxectados o día 25 de Novembro xunto coa curta do IES Río Cabe gañadora do certame e producida por Xes Chapela.  O último día para presentar  estas curtas será o venres 20 de novembro no CIM.

Por outra banda, ao CIM gustarialle contar coa participación na Mesa que se celebrará o día 25 de novembro, ao remate do visionado das curtas, co alumnado que aportou o material audiovisual.



¡ Felicidades ao alumnado de 1º Bac gañadores do obradoiro !

Obradoiro "Cóntame outra historia"

O alumnado de 1º de Bacharelato participou o xoves 5 de novembro nun obradoiro organizado polo Centro de Información á Muller co obxectivo de sensibiliazr ao alumnado sobre a desigualdade entre homes e mulleres e a violencia de xénero. Preténdese que reflexionen sobre os roles, os esteriotipos e que camiñemos cara a igualdade real.

O desenvolvemento da actividade tivo como protagonista á psicóloga Paula Sánchez e desenvolveuse no salón de actos do noso centro. O alumnado en grupos de 6-7 persoas propuxeron diferentes ideas para unha posible curtametraxe.

De entre todas as ideas propostas, entre os centros participantes, escollerase unha que será a que finalmente participe na segunda parte do proxecto de elaboración da mesma. Contarán coa dirección de Xes Chapela, creador audiovisual cunha ampla experiencia en formación.

Quedamos a espera da resolución do xurado e mentres podedes ver algunha foto do obradorio facendo click na seguinte foto:

 

¡ Moita sorte ao noso alumnado de 1º Bac. !

Xantar de Convivencia 1º Bac

O mércores 21 de outubro, organizamos un xantar de convivencia dirixido ao alumnado de 1º de bacharelato e a o profesorado que imparte docencia no centro, contando coa inestimable colaboración de Casto Casanova Rodríguez, que fixo de mestre de ceremonias, e todos poidemos degustar diferentes empanadas, churrasco e de postre as famosas larpeiras de Monforte.

Visita a Termatalia

O alumnado do CS de Guía, Información  e Asistencia Turísticas do IES Río Cabe viaxamos a Ourense para visitar Termatalia, a Feira Internacional de Turismo Termal, Saúde e Benestar, unha cita de referencia mundial dentro do ámbito do turismo de saúde.


E para rematar a viaxe, percorremos o casco histórico da cidade acompañados dunha guía local que nos mostrou a riqueza do patrimonio ourensán.

 

 

Lipdub Monforte de Lemos

A continuación podedes ver o Lipdub patrocinado polo Concello de Monforte de Lemos e producido por Iván Patiño. Nel participaron alumnos de todos os centros educativos da localidade.

 

 

2º Concurso de Proxectos Empresariais

A Asociación Semente de Monforte acaba de convocar a 2ª Edición do Concurso de Proxectos Empresariais; que na anterior convocatoria recibiu máis de 80 propostas. As bases do concurso as podes descargar facendo click na seguinte imaxe:

 

Podes atopar máis información sobre o concurso e sobre "Semente de Monforte" na súa páxina web:

http://www.sementedemonforte.org

 

Distribuir contido