Curso 2020/21

Curso 2020/21

Concesión dos premios extraordinarios de Formación Profesional

O pasado venres, 3 de setembro, fíxose pública a relación de alumnado galardonado nos premios  extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2019/20.

A nosa ex-alumna do Ciclo Superior de Guía, información e asistencia turísticas,  Iria García Golmar, resultou premiada na familia profesional Hostalaría e Turismo.

Dende este centro educativo queremos darlle a noraboa por este premio ao esforzo persoal e excelencia educativa. Parabéns ao seu profesorado e titora Soledad González .

Grazas Iria por elixir o IES Río Cabe para completar a túa formación, sempre lembraremos o teu sonriso,  boa disposición, compañeirismo e excelente  facer.

Moita sorte no que emprendas!

 

 

Información relativa aos Premios extraordinarios Educación Secundaria Obrigatoria curso 2020-2021

Ven de publicarse  a  Resolución do 1 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se procede a establecer os lugares en que se realizará a proba para a concesión dos premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2020-2021.

Podedes acceder a dita información premendo no seguinte enlace.

Olimpíada Internacional de Física - Lituania 2021

Os pasados 19 e 21 de xullo tivo lugar a Olimpíada Internacional de Física (IPhO  21) , que tería que ser celebrada de xeito presencial en Lituania e se fixo online por mor da Covid 19.  Nela participaron 76 países e arredor de 370 concursantes. Os cinco rerpresentantes españois participaron dende Madrid , onde se reuniron durante cinco días.

 

Brais Rodríguez Rodríguez, alumno do IES  Río Cabe, conseguiu estar nesa final e ser o   único representante español en obter unha mención de honor., co que demostrou novamente ser un alumno excepcional.

No Río Cabe sentímonos profundamente orgullosos de Brais e  de ter participado na súa formación e  queremos unha vez máis felicitalo, ademais de por ser unha magnífica persoa,  polos merecidos éxitos obtidos que, estamos seguros, seguirán aumentando.

 

              Parabéns, Brais!!!

 

Aberta a inscrición en castelán e galego para estranxeiros

Está aberto o prazo de inscrición en Castelán e Galego para estranxeiros destinado para cidadáns doutros países, residentes na Comunidade Autónoma de Galicia, que necesiten coñecer as linguas oficiais.

Estas ensinanzas impártense en horario de tarde, unha sesión por semana. Para máis información :

https://www.edu.xunta.gal/portal/ea/idioma-para-inmigrantes

Charla de Suso Verao

A finais do presente curso escolar visitou a nosa aula de Turismo o que fora director deste Centro, Xesús Verao.

Compoñente da asociación Colado do Vento dende a súa fundación é artífice de diversas actividades relacionadas coa recuperación de tradicións da Ribeira Lucense, sendo ademáis un dos fundadores do Grupo O Trícole, adicado á divulgación do Patrimonio inmaterial e difusión de cantigas e tradicións populares de Sober. Firme defensor da toponimia orixinal da zona, foi ademáis un dos primeiros descubridores do petróglifo da Laxa da Carreira, en Bolmente.

Coñecendo a súa traxectoria no eido cultural é comprensible que a disertación que ía versar únicamente sobre a orixe e evolución do Consello Regulador da DO Ribeira Sacra, da que Verao foi integrante dende os seus inicios, se convertera nunha posta en común moito máis ampla e enriquecedora para todo o auditorio presente.

Como remate, un percorrido pola historia da adega familiar A Cividade.

 

Calendario de matrícula - Curso 2021/2022

O prazo de matrícula no IES Río Cabe, para o alumnado que promociona en xuño, abarca desde o 25 de xuño ao 9 de xullo. Para evitar aglomeracións establecemos o seguinte calendario: 

DATA CURSO NO QUE SE MATRICULA
25 e 28 de xuño 2º ESO
29 e 30 de xuño 3º ESO
1 de xullo 4º ESO
2 e 5 de xullo 1º ESO
6 e 7 de xullo 1º BAC
8 e 9 de xullo 2º BAC

O alumnado do centro recibirá, xunto coas cualificacións, un sobre que contén a documentación necesaria para formalizar a matrícula. O alumnado procedente doutros centros poderá recoller dito sobre na Secretaría, a partir do 28 de xuño.

Libros de texto 2021/2022 - Diúrno

Lista de libros de texto por curso e materias:

1º ESO                     2º ESO

3º ESO                     4º ESO

1º BAC                     2º BAC

Convocados os premios extraordinarios de Educación Secundaria Obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2020/21

Informamos que dende o día 7 se xuño ata o día 6 de xullo de 2021 poderán presentarse as solicitudes para os premios  extraordinarios de Educación Secundaria Obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2020/21.

Poderá optar ao premio extraordinario o alumnado que reúna os seguintes requisitos:
- Ter cursado durante o ano académico 2020/2021 4º curso de educación secundaria obrigatoria no réxime ordinario en calquera dos centros da Comunidade Autónoma de Galicia.
- Estar proposto polo equipo docente para a expedición do título de Graduado en Educación Secundaria.
- Ter obtido no conxunto dos catro cursos de Educación Secundaria Obrigatoria unha nota media igual ou superior a 9,00 puntos.

Todos os requisitos relacionados neste artigo deberán posuírse no día en que remate o prazo de presentación de solicitudes.

Premendo na seguinte imaxe  pódese consultar a forma e prazo de presentación das solicitudes así como a estructura da proba.

 

 

 

Aberto o prazo para a solicitude das axudas de material escolar (vale 50€)

Ata o día 22 de xuño está aberto o prazo para solicitar as axudas para adquirir material escolar. O alumnado que teña que repetir 4º ESO terá un mes de prazo dende a  data da matrícula. Esta axuda está destinada para familias que teñan unha renda per cápita igual ou inferior a 6000€.  Este curso non se poderá solicitar libros do Fondo Solidario de libros de texto por estar o Centro incluído no Proxecto Educación Dixital (E- Dixgal).

Para máis información preme no seguinte enlace:

DOG 20 de maio 2021

Distribuir contido