Curso 2018/19

Premios XL Certame Terra Chá

Para rematar o curso cunha pegada literaria participamos no XL Certame Terra Chá no que competían 760 traballos dos centros de ensino das catro provincias, obtendo os seguintes tres premios:

  • Modalidade de poesía: África Coba Albo (1º ESO A).
  • Modalidades de vídeo e prosa: Sandra Rodríguez Macía (1º BAC A).

 
Os galardóns serán recollidos o 4 de agosto ás 18h no Festival Pardiñas.
 
Parabéns a estas novas escritoras, cuxos dotes literarios xa foran recoñecidos noutros concursos. Lembrade que, como xa afirmou Paulo Coelho, “a posibilidade de realizar un soño é o que fai que a vida sexa interesante” (O alquimista).

Alumna gañadora, na fase provincial, no Concurso de debuxo da Biblioteca Pública de Lugo.

A alumna de 2ºESO Claudia Pérez Barrientos conseguiu o Accésit na Categoría C (de 12 a 16 anos) na fase provincial do Concurso de debuxo convocado pola Biblioteca Pública de Lugo.

Noraboa!

 

Finalistas do Concurso de Coñecementos Financeiros "Finanzas para Mortales"

Cinco alumnos de 1º de Bacharelato acaban de acadar un dos oito postos que dan acceso ás fases presenciais do concurso de preguntas sobre coñecementos financeiros "Finanzas para Mortales".

Estes alumn@s son, por orde alfabética: Uxía Freire Díaz, Isabel García Sánchez, Jorge García Vázquez, Emma López Méndez e Lucía Rodríguez Abellano.

O alumnado leva preparando a súa participación nesta competición desde o inicio do curso e tiveron que pasar dúas fases online. Na primeira delas clasificáronse 33 centros de ámbito nacional para pasar a seguinte rolda e lograron acadar a primeira posición de toda España contestando a diferentes preguntas tipo test sobre educación financeira. Unha vez que estes 33 centros participarón na segunda fase da competición, o alumnado do IES Río Cabe volveu a acadar o primeiro posto entre os oito finalistas que pasan ás fases presenciais que se celebrarán a partires do mes de setembro do próximo curso escolar. É de destacar que o noso centro é o único de Galicia que logrou acceder á fase final.

Resultados da 1ª Fase Online:

Resultados da 2ª Fase Online:

Destes oito equipos, dous deles chegarán á final que se celebrará en Madrid o Día da Educación Financeira, que este ano terá lugar o 7 de outubro de 2019. 

Este concurso forma parte do "Programa de Educación Financiera" organizado polo Banco de España e a Comisión Nacional do Mercado de Valores. Os equipos participantes deben responder o maior número de preguntas tipo test no menor tempo posible, tendo catro posibles respostas cada unha delas e céntranse en temas de finanzas persoais e economía doméstica, nos principais produtos financeiros, e en xeral no mundo da economía, as finanzas e os mercados financeiros. O seu nivel de dificultade vai aumentando conforme avanzan as fases do concurso.

Agora o equipo de 5 alumnos está á espera de que lle comuniquen cal será o seu primeiro rival no mes de setembro e a que cidade de España teremos que acudir para competir na seguinte fase, coa esperanza de poder chegar á final o Día da Educación Financeira.


Graduación do noso alumnado de 2ºBAC

O pasado venres 31 de maio o alumnado de 2ºBAC estivo acompañado polas súas familias, amigos, profesores, o alcalde da cidade (que pechou o evento)... no acto de Graduación celebrado no Multiusos.

Foi unha emotiva xornada na que contamos tamén coa presenza dunha ex alumna (Marina Fernández, que na actualidade presenta na Ser "De buenas a primeras"). A nosa invitada exerceu de madriña da promoción e deleitounos cunha amenísima charla que nos chegou ó corazón.

 

Catro alumnos encargáronse de representar ó resto dos seus compañeiros e tamén foi o alumnado o protagonista dos momentos de música en directo con que lle deron variedade ó acto:

Houbo tempo para o sorriso, para o recordo de momentos vividos no centro coa proxección de dous vídeos... Tamén recibiron as súas simbólicas bandas de graduados, diplomas do paso polo IES e premio ó esforzo académico.

Dese día puidemos gardar fotos para o recordo grazas ó "Photocall" deseñado polos profesores de tecnoloxía Iván e Fe. A sorpresa foi do agrado de alumnado, familia, profesores... e permitiu que cadaquén escollese unha variada composición, a súa imaxe orixinal para recordar.

Desexámoslle moitísima sorte ó alumnado e esperamos que nunca esqueza que o IES Río Cabe será sempre o seu instituto.

Unha alumna de 1ºBAC é finalista, a nivel estatal, nun Concurso do Certame "La mar de ciencia"

Recibimos esta notificación dun concurso do Certame La mar de Ciencia no que participaba a nosa alumna de 1º BAC Sandra Rodríguez Macía.
 
"El jurado ha seleccionado a 6 ganadores y a 77 finalistas de entre los 575 trabajos presentados al certamen La mar de ciencia.
Los trabajos finalistas ya están públicos en la Galería de finalistas de la web, desde donde podréis votar por vuestros favoritos a través de Facebook, ¡tenéis hasta el 7 de junio! Serán ganadores el trabajo individual (dibujo/vídeo/relato) y el vídeo de clase que más votos obtengan. Aquí te explicamos cómo votar por tus favoritos en 4 sencillos pasos.
Todos los trabajos ganadores, tanto los de voto popular como los seleccionados por el jurado, se conocerán el próximo 8 de junio con motivo del Día Mundial de los Océanos. 
¡Muchas gracias por vuestra participación y entusiasmo!
Saludos,

Equipo La mar de ciencia"
 
El jue., 30 may. 2019 11:29, Divulgación ICTS SOCIB <divulgacion@socib.es> escribió:
 
"Estimados participantes del certamen La mar de Ciencia, 

nos ponemos en contacto con vosotros en relación a las incidencias que estáis encontrando en el momento de realizar la votación.
Hemos detectado varios problemas relacionados con el responsive de la web en los dispositivos móviles y tabletas, tanto para sistema Android como iOS. Se trata de una incidencia ajena a nosotros que estamos tratando de solventar.
A partir de ahora, por favor, realizad el voto desde un ordenador de sobremesa o portátil hasta que podamos solucionar el problema.
 
Disculpad las molestias ocasionadas y os animamos a seguir votando por vuestro trabajo favorito, ¡aún quedan 8 días!

Saludos cordiales, 
 
Equipo La mar de ciencia"
 

II Premio de Poesía Estratosférica

A alumna de Bacharelato Sandra Rodríguez Macía acadou o II Premio de Poesía Estratosférica, un orixinal concurso organizado pola NOSA (Axencia Espacial Escolar Galega) en colaboración con algúns centros de ensino de Galicia. Foi galardoada na categoría de Bacharelato. Grazas a este recoñecemento o seu poema será enviado á estratosfera dentro da cápsula MarumaSat tras a súa lectura pública no acto do lanzamento.

Podedes ver fotografías dese especial momento.

 Parabéns!

 

 

 

Reserva Programa CUALE 2019/2020 - Preparación para as probas das EOIs

Para o vindeiro curso 2019-2020 o IES Río Cabe vai solicitar por sexto ano consecutivo o PROGRAMA CUALE, curso para a formación complementaria en Linguas Estranxeiras do alumnado. 

O programa CUALE, impulsado pola Consellería de Educación, pretende preparar aos alumnos de institutos de educación secundaria para a obtención dos certificados oficiais dos distintos niveis das escolas oficiais de idiomas. No IES Río Cabe ofertamos os seguintes cursos CUALE para os niveis e requisitos do alumnado que se indican a continuación:

 

Programa

Finalidade do curso

Requisitos do alumnado

CUALE A1 – Inglés

Expedición do certificado de nivel básico A1 de competencia lingüística.

Alumnado que se matricule en 3º ESO no curso 2019/2020 e que teña superadas todas as materias de 2º ESO.

CUALE B1 – Francés

Preparación para presentarse á proba para obter o certificado B1 en francés, nivel intermedio, da Escola oficial de idiomas.

Alumnado que se matricule nalgún dos cursos de bacharelato ou formación profesional de grao medio e superior no curso 2019-2020.

CUALE B1 - Inglés

Preparación para presentarse á proba para obter o certificado B1 en inglés, nivel intermedio, da Escola oficial de idiomas.

Alumnado que se matricule nalgún dos cursos de bacharelato ou formación profesional de grao medio e superior no curso 2019-2020.

CUALE B2 – Francés

Preparación para presentarse á proba para obter o certificado B2 en inglés, nivel avanzado, da Escola oficial de idiomas.

Alumnado que se matricule nalgún dos cursos de bacharelato ou formación profesional no curso 2019-2020.

 

Os cursos desenvolveranse no IES Río Cabe de outubro a xuño, en xornada de tarde, en tres sesións semanais de 50 minutos de duración cada unha. A inscrición dos alumnos é voluntaria e gratuíta. O número de prazas para cada curso é de 10-20 alumnos.

A formación para cada modalidade organizarase cunha duración dun curso escolar, de xeito que, ao finalizalo, o alumnado estea en condicións de superar as probas de certificación das escolas oficiais de idiomas. Os alumnos do CUALE poderán presentarse as probas da EOI nas mesmas condicións cos alumnos oficiais das EOI e non teñen que aboar os prezos públicos.

O profesorado responsable desta formación realizará probas ao remate do curso correspondente a cada modalidade. A superación das devanditas probas suporá a expedición por parte do centro dun certificado de aproveitamento do curso preparatorio para as probas de certificación das EOI.

O alumnado que desexe preinscribirse nestes cursos deberá facer a reserva na Secretaría do IES Río Cabe ou enviar un email  antes do 5 de xuño de 2019.

Descarga o impreso de reserva facendo click na imaxe. Se estás interesado podes cubrilo e envialo por email ao centro: ies.rio.cabe@edu.xunta.es

Convocatoria do "Fondo de Libros" e "Axudas de Material" para o curso 2019/2020

No DOG do luns 20 de maio publicouse a ORDE do 3 de maio de 2019 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2019/20. Hai 2 tipos de axudas:

1.- FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO – Todo o alumnado de ESO:

Proporcionaránselle ao alumnado os libros de texto que existan no fondo solidario até que se esgoten, en orde inversa á renda per cápita do alumnado.

Esgotados os libros disponibles no fondo solidario, o centro docente adquirirá os libros de texto que sexan necesarios para garantir:

- Ao alumnado con renda per cápita igual ou inferior a 5.400 €: seis libros de texto.

- De 5.400 € até 9.000 € de renda per cápita: catro libros de texto.

2.- AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR – Todo o alumnado de ESO

Sempre que non se superen os 5.400 € de renda per cápita, vale por 50 €. 

SOLICITUDES:

As solicitudes en papel, entregaranse na secretaría do centro, xunto coa documentación correspondente (fotocopia do libro de familia ou certificado de conviencia). O prazo para presentar a solicitude remata o venres 21 de xuño. O impreso pode obterse na Secretaría do centro ou  pódese descargar e cubrir no seguinte enlace: http://cort.as/-IUeR ou telemáticamente na web do programa https://www.edu.xunta.es/fondolibros/ Cubrirase unha soa solicitude por alumno/a e, se hai varios  membros da unidade familiar  no mesmo centro, tamén cubrirán un só impreso.

DEVOLUCIÓN DE LIBROS 2018/2019:

Os libros do curso actual 2018-19, adquiridos con axudas, devolveranse no centro o día da entrega de notas, agás aquel alumnado que os necesite para preparar a convocatoria extraordinaria de setembro, que poderá ter o libro que necesite ata o 6 de setembro. Tamén se agradece a todo aquel alumnado que os adquiriu con fondos propios, a súa entrega ao centro para incrementar o Fondo Solidario.

ENTREGA DE LIBROS 2019/2020 na ESO:

Os libros entregaranse ao alumnado beneficiario do fondo a partir do 15 de setembro. A relación provisional de solicitudes admitidas e excluídas publicarase no taboleiro de anuncios e na páxina web do centro o día 11 de xullo de 2019. Poderase formular reclamación contra a mesma durante o prazo dos 2 días seguintes. A relación definitiva publicarase polos medios anteriormente mencionados o 13 de setembro.

Nos vindeiros días repartirase unha folla informativa nas aulas, para que o alumnado afectado a leve ao seu domicilio e informar así ás familias.

Premios para alumnas do Río Cabe

No IES Río Cabe celebramos o Día das Letras Galegas recibindo premios
 
Claudia Pérez Barrientos, alumna de 2º ESO, foi agraciada co primeiro premio do "Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas 2019", celebrado pola Biblioteca Municipal de Monforte de Lemos na categoría C (de 12 a 16 anos de idade) na modalidade de debuxo. O tema do concurso era "a revolución do Cambio Climático", un contido difícil de ilustrar e que supoñía todo un reto de representación. O traballo gañador competirá na seguinte fase, dependente da Biblioteca Provincial de Lugo, con outras obras seleccionadas polas Bibliotecas Municipais de toda a provincia.
 
Sandra Rodríguez Marcía, alumna de 1º de Bacharelato, recibiu o premio do "XVII Certame Relato Curto en galego de Mugardos" na categoría na que participaban mozos/as de 13 a 17 anos. O xurado expresou a súa sorpresa ante o texto galardoado no que se fai uso do tópico literario do Ubi sunt?, utilizado na literatura clásica e, posteriormente, nas literaturas romances. A voz narradora expresa o baleiro que deixou o falecemento da súa nai e como ese feito foi determinante na súa vida. O premio está dotado cun bono de 200€ para mercar libros en galego. 
 

 

Premio polo traballo "Desigualdade" no concurso Audiovisual "Mulleres"

Sandra Rodríguez Macía e Iria Rodríguez Macía, alumnas de 1º de Bacharelato, foron premiadas coa obra titulada "Desigualdade" no Concurso Audiovisual "Mulleres" 2019, organizado pola Comisión Intersectorial de Xénero do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (COPG). Os membros da Xunta de Goberno e da Comisión Intersectorial de Xénero do COPG veñen de trasladarlles os seus parabéns polo traballo realizado.

O premio consiste nunha actividade para todo o grupo nalgunha das salas de escape de Galicia e nun obradoiro sobre Orientación Audiovisual co director e produtor Pablo Cacheda de Paz.

Distribuir contido