Normalizacion Linguistica

Concurso de oratoria 2º ciclo

 A fase final do concurso de oratoria de 2º ciclo tivo lugar no Salón de Actos ante un numeroso e entregado auditorio. 

Os rapaces e mozas foron subindo ó escenario e improvisando oralmente a partir dunha palabra elixida ó azar. 

Gañaron:

Primeiro premio: Nina González (4ºC)

Segundo: Iván Castro (4º A)

Terceiro: Juan Casas (4º C)

Visita ó Museo do ferrocarril

O 12 de abril os alumnos de 3º de ESO celebraron o remate da segunda avaliación cunha visita ó Museo do Ferrocarril da cidade. Ademais dun pequeño percorrido en tren, e  dun paseo no minitrén, pudieron ver vagóns restaurados, locomotoras de diversas épocas e coñecer un pouco mellor a historia ferroviaria de Monforte.

A actividade foi organizada por Normalización Lingüística.

Concurso de oratoria, de regueifas e recitado poético

O venres 12 disfrutamos dunhas actividades moi variadas no Salón de actos:

En primeiro lugar, fíxose a final do Concurso de oratoria de 1º ciclo. A proposta goza de grande éxito no centro dende hai varios cursos e está organizada por Normalización Lingüística.

Velaquí algúns deses momentos de imaxinación, improvisación de historias a partir dunha palabra escollida ó azar:

O xurado, composto por 2 profesores e 2 alumnos, decidiu que os gañadores foran:

-Efrén López Zarauza

-Fernando García Fernández

-Gael Mariño González 

En segundo lugar, un grupo de alumnos de 2º ESO puxo en práctica o aprendido no Obradoiro de regueifas no que participara hai meses. Regueifas que tiveron temática diversa e que dirixiron a outros grupos e compañeiros.

Por último, para finalizar, o alumno de 1º ESO Sergio López Rodríguez recitou un poema e as 4 rapazas que participaron o pasado sábado no Concurso poético "Rosalía sempre viva" na Casa-Museo Manuel María (África Cobo, Zeltia Pérez, Sandra Rodríguez e Lucía Rodríguez) deleitáronnos co recitado de diversos poemas de Rosalía de Castro.

 

Grazas pola vosa activa participación nas diversas propostas!

Correlingua 2018 na comarca de Monforte de Lemos

O alumnado de 1º ESO do IES Río Cabe participou o día 14 de maio na XVIII Edición do Correlingua celebrado polas rúas de Monforte de Lemos, acompañados dos profesores Gonzalo Fernández Cortiñas, Carlos Parada González e Rubén González Bermejo.

A actividade lúdico-reivindicativa-deportiva en defensa do Galego desenvolveuse nun ambiente festivo e de confraternización entre os diversos centros da comarca de Lemos.

Concurso de Oratoria Improvisada 2018 - Alumnado de Bacharelato

O venres 23 de Marzo, ás 12.35h, no Salón de actos do IES Río Cabe celebrouse á final do concurso de oratoria improvisada para os alumn@s de 1º e 2º de Bac. 

O gañador desta edición foi Iván Eireos López de 1º BAC A. Esta é a Clasificación final dos 3 primeiros clasificados:

1º. IVÁN EIREOS LÓPEZ ------------ 1ºBac A

 2º. Jorge Vázquez Fagín -------------- 1ºBac A

 3º. Mirian Arias Castro -----------------1ºBac B

 A actividade estivo organizada polo equipo de normalización lingüística e o Departamento de Galego do centro.

Viaxe a Santiago do alumnado de 3º ESO

O martes día 6 de xuño o alumnado de 3º da ESO, acompañados por dous profesores (Carlos Parada e Luz Díaz), fixeron unha viaxe didáctica a Santiago. En primeiro lugar visitaron a Cidade da Cultura e recibiron explicacións acerca da novedosa arquitectura, das funcións dos diferentes edificios e achegáronse á enorme biblioteca.

A continuación, visitaron o Parlamento de Galicia, onde un guía lles deu explicacións tanto no que se refire ó edificio (arquitectura, usos que tivo anteriormente, disposicións das diferentes dependencias, reformas, etc.) como ó labor que se realiza nese lugar. Presenciaron  varias ponencias durante a sesión parlamentaria que tiña lugar neses momentos e unha votación sobre os orzamentos do ano 2017. A visita e as explicacións foron moi instrutivas, pero o que máis ilusión lles fixo foi que a parlamentaria monfortina, Dª. Julia Rodríguez, abandonase temporalmente o hemiciclo (onde se estaban discutindo os orzamentos) para manter unha conversa distendida con todo o alumnado, prestándose a responder a canta pregunta quixemos facer e explicando cales eran as súas funcións dentro do Parlamento, como chegara aí, e incluso facendo unha representación do que poderían ser as discusións que se plantexan durante as sesións parlamentarias. Foi un detalle que lle agradecemos encarecidamente.

Logo de facer unha parada nun centro comercial para recuperar forzas, visitaron o Pazo de Oca. A visita foi moi instrutiva e tiveron ocasión de ver: sequoias, magnolios, camelios (máis de 170 variedades), cítricos, criptomerias, buxos, teixos, tileiros… os xardíns son unha marabilla, tanto a parte  de estilo francés (perfectamente estruturada) como o de estilo inglés (máis ‘natural’ e aparentemente silvestre), o estanque, os diferentes labirintos, as esculturas vexetais, a horta…

En resumo, unha viaxe instrutiva e un pracer para os sentidos. Felicitarnos porque lles acompañase o bo tempo e volveron a Monforte sobre as 19:00, cansos pero moi satisfeitos.

Rota de Sendeirismo Uxío Novoneira 2017 - Alumnado de 1º ESO

O alumnado de 1º ESO do Ies Río Cabe de Monforte de Lemos fixeron a rota de Sendeirismo do Poeta Galego Uxío Novoneira o luns 29 de maio do 2017.
 
A rota parte da aula da Natureza de Moreda no Concello de Folgoso de Caurel e logo de pasar pola aldea de Moreda pasa por diante da casa do Poeta e remata no punto de partida. Son 8 km de ruta por sendeiros e algún tramo de asfalto ó longo do cal @s alumn@s foron lendo os poemas que están situados na rota e observando as distintas plantas presentes no percorrido.

 

De volta ó instituto coñeceron o pregue xeolóxico de Campodola e remataron na praia fluvial de Ribas do Sil ás 16.45h.

A Actividade foi realizada en colaboración cos Departamentos de Educación física, Normalización Linguística e Artes Plásticas. Os profesores acompañantes foron Manuel Lozano, Anxo Alvaredo e Carlos Parada.

Facendo click nalgunha das imaxes accédese a unha pequena galería de fotos da actividade.

Correlingua 2017

O alumnado de 1º ESO participou o día 2 de maio na XVII Edición do Correlingua celebrado polas rúas de Monforte de Lemos, acompañados dos profesores Anxo Alvaredo Maceda, Carlos Parada González e Mª Xesús Vila Quiroga.

A actividade lúdico-reivindicativa-deportiva en defensa do Galego desenvolveuse nun ambiente festivo e de confraternización entre os diversos centros da comarca de Lemos.

Concurso de Oratoria Improvisada 2017 - Alumnado de Bacharelato

O venres 7 de Abril, ás 12.35h, no Salón de actos do IES Río Cabe celebrouse á final do concurso de oratoria improvisada para os alumn@s de 1º e 2º de Bac. 

O gañador desta edición foi Noé Teófilo Fernández Diéguez de 2º BAC A. -xa na edición anterior quedara en terceira posición-, estando moi disputados os tres primeiros postos.

O xurado estivo formado por catro profesoras do centro e dous alumn@s. 

Esta é a Clasificación final dos 3 primeiros clasificados:

1º. NOÉ TEÓFILO FERNÁNDEZ DIÉGUEZ ------------ 2ºBac A

2º. Daniel Sergio Vega Rodríguez -------------- 1ºBac A

3º. Sergio Manuel Justo Maceda -----------------1ºBac B

A actividade estivo organizada polo equipo de normalización lingüística e o Departamento de Galego do centro.

Facendo click na seguinte imaxe accédese a unha pequena galería de fotos da actividade:

 

 

Rota de Sendeirismo Uxio Novoneira

Os alumn@s de 1º ESO do Ies Río Cabe de Monforte de Lemos fixeron a rota de Sendeirismo do Poeta Galego Uxío Novoneira o luns 23 de maio do 2016.
 
A rota parte da aula da Natureza de Moreda no Concello de Folgoso de Caurel e logo de pasar pola aldea de Moreda pasa por diante da casa do Poeta e remata no punto de partida. Son 8 km de ruta por sendeiros e algún tramo de asfalto ó longo do cal @s alumn@s foron lendo os poemas que están situados na rota e observando as distintas plantas presentes no percorrido.


De volta ó instituto coñeceron o pregue xeolóxico de Campodola e remataron na praia fluvial de Ribas do Sil ás 16.45h.
 
A Actividade foi realizada en colaboración cos Departamentos de Educación física, Normalización Linguística, Lingua Galega e Bioloxía. Os profesores acompañantes foron Eva López, Carme García Conde, Manolo Martínez e Carlos Parada.

Facendo click nalgunha das imaxes accédese a unha pequena galería de fotos da actividade.

Distribuir contido