Departamentos didácticos

Acto MEGABAU no Coliseum da Coruña. 21_6_24.

O venres 21 de xuño do 2024 tivo lugar o acto de recoñecemento os mellores expedientes da ABAU 2024 no Coliseum da Coruña, polo Río Cabe foron 6 alumnas e 1 alumno, acompañados

polo director do Centro e as respectivas familias e amizades.

 

 

Video do acto cando sae o Río Cabe.  00:54:13

 

Vídeo completo do acto:   

 

Fotos

 

Foi un bonito acto de recoñecemento ó traballo e o esforzo do sistema educativo en xeral. Compre suliñar o gran esforzo e coordinación que hai trala organización deste acto.

 

PARABÉNS  A TODAS/OS!!!

Álbum: Escolares -> 2024_21_6_24_3ª_AVA_MEGABAU

Resultados ABAU 2024

 

 

Dende o IES Río Cabe queremos felicitar a toda a comunidade educativa Riocabense (Alumnado, Familias, Profesorado e Persoal non docente) polas notas acadadas polo noso alumnado de 2º Bac nas probas da ABAU

celebradas hai uns días.

 

 

O resultado das probas ABAU deste ano 2024 foron excelentes cun 100% de aprobados.

 

Seis alumnas e un alumno acadaron máis dun 9 na cualificación da proba de acceso á universidade. O alumnado é o seguinte:

 

Coba Albo, África

 

López Aira, Nadine. A mellor nota da ABAU de toda Galicia.

 

López Rodríguez, Antía

 

Martínez Vázquez, Susana

 

Rodríguez Veiga, Carla

 

Valdés Fernández, Ariadna

 

Varela Rodríguez, Bieito

 

 

 

Cómpre lembrar que tamén se presentou a estas probas alumnado do Bacharelato Semipresencial da quenda de nocturno, acadando moi bos resultados.

 

O longo desta mañá un equipo de TVE en Galicia visitou as instalacións do noso centro e fixo entrevistas sobre a noticia da nosa alumna que obtivo a mellor nota de ABAU de Galicia nesta convocatoria, deixámosvos

 

tamén algunhas fotos dese momento.

 

Grazas, tamén, a todos/as aqueles que nos felicitastes por esta boa nova.

 

Parabéns a todos/as, a disfrutar das merecidas vacacións e sorte na nova etapa!!!

 

Enlaces a novas sobre este tema:

 

TVE Galicia  (a Partir do minuto 15.30 aproximadamente)

 

El español

 

La Voz de Galicia

 

El Pais

 

El Progreso

 

 

 

Álbum: Escolares -> 2024_14_6_24_Notas_ABAU

GRADUACIÓN 2º BAC DIURNO, 2º BAC PERSOAS ADULTAS E ENSINANZA SECUNDARIA PERSOAS ADULTAS 2024

 

O xoves 23 de maio de 2024, ás 20h, no Edificio multiusos do Concello de Monforte de Lemos levouse a cabo a Graduación do alumnado de 2º Bac Diúrno, 2º Bac de persoas adultas e de 4º da Educación Secundaria para persoas adultas da promoción do 2024 do IES Río Cabe.

 

Foi un acto moi emotivo e agardado por todos e todas. Empezou o acto coa entrada do alumnado no recinto e co posterior discurso do Director do centro, Carlos Parada.

 

Con posterioridade a madriña desta promoción, Raquel Rodríguez Vázquez, ex-alumna do centro e Graduada en Medicina pola Universidade de Valladolid, durante estes anos, realizou un SICUE na Universidade de Málaga durante un ano, co MIR en Radiodiagnóstico no Hospital Universitario de Salamanca durante 4 anos (2018 a 2022), con estancia formativas no Hospital La Fe de Valencia e Karolinska Hospital en Estocolmo. Experiencia laboral en Paris y Sergas, con próxima incorporación a Baleares tras superar oposiciones.

A continuación as alumnas de 2º Bac de persoas adultas -Iria e Judith- fixeron o discurso en representación da súa clase.

 

Con posterioridade as Alumnas de 4º ESA -Noemi e Rosa-  fixeron o discurso en representación dos seus compañeiros e compañeiras.

 

En último lugar o alumnado de 2º Bac de diúrno - Noa, Marta, Luzia, Sofia, Bieito e Laura deron un discurso en representación destas ensinanzas.

 

Logo dos discursos visionáronse os vídeos conmemorativos das distintas ensinanzas e do seu paso polo IES Río Cabe.

 

O acto seguíu coa entrega de diplomas e bandas a cargo das titoras dos distintos grupos e coa entrega dos sobresaíntes.

 

A continuación a madriña da graduación fixo entrega dos diplomas as matrículas de hora deste curso en 2º Bacharelato.

 

Para pechar o acto o grupo musical formado polo profesor Xurxo, a profesora Nerea e as alumnas Ariadna e Ximena deleitáronnos cunha moi boa actuación musical que foi un bo colofón para este acto tan entrañable.

 

NOS PRÓXIMOS DÍAS SEGUIREMOS COLGANDO AS FOTOS DO ACTO!!!

 

 

Vídeo recordo de adultos 2024

Vídeo recordo 2º Bac Diurno 2024

Vídeo Discurso de Raquel Rodríguez

Vídeo Discurso Bac e Persoas Adultas.

Video Actuación Musical 1

Video Actuación Musical 2

Video Actuación Musical 3

Video Actuación Musical 4

Video Actuación Musical 5

 

 

 

 

 

 Vídeo Discurso do Director

 

Vídeo Discurso alumnado de 2º Bac Diúrno.

 

Álbum: Escolares -> 2024_5_23_3ª_AVA_GRADUACIÓN 2º BAC DIURNO, 2º BAC PERSOAS ADULTAS E ENSINANZA SECUNDARIA PERSOAS ADULTAS 2024
Distribuir contido