Actividades deportivas e culturais

Trámites administrativos para as actividades deportivas e culturais

  • Do 1 ao 15 de outubro poderase facer a inscrición na vicedirección do noso centro. Podedes acudir  en persoa ou facelo a través dos vosos fillos, aos que darémoslle o pertinente xustificante de pago.
  • Para inscribirse, deberán presentar a folla de inscrición debidamente cumprimentada e facer o pago da correspondente cuota trimestral.
  • A segunda cuota trimestral abonarase na primeira quincena de xaneiro, e en caso de continuar coa actividade no terceiro trimestre a derradeira cuota abonarase na primeira quincena de abril.
  • A oferta manterase en tódalas actividades sempre que o grupo acade un mínimo de 12 alumnos para garantir os pagos a adestradores e monitores das mesmas.
  • Os horarios  quedarán suxeitos a posibles variacións se fose preciso.
  • Salvo excepcións, o importe das actividades non se devolverá unha vez realizadas as inscricións.
  • Para calquera aclaración, dirixirse ó Vicedirector, D. Manuel Sánchez Seco coordinador das actividades extraescolares.
Dende ésta páxina podedes descargar o impreso para matricularse nestas actividades. O impreso está en formato word para que podades introducir os datos directamente co ordenador.

Actividades extraescolares deportivas e culturais Curso 2009/10

O IES Río Cabe preséntalles a oferta de actividades extraescolares deportivas e culturais para o curso 2009-2010 nas que poderán apuntar ós seus fillos durante a primeira quincena de outubro:

1. FUTBOL SALA MASCULINO:

  • Alumnado participante: 1º, 2º, 3º e 4º da ESO, repartidos en dous equipos en categorías infantil e cadete.
  • Días e hoas de adestramento: Adestrarán dous días á semana, unha hora cada día, e xogarán os sábados pola mañán. O horario concretarase cos adestradores na primeira reunión destes cos compoñentes do equipo.
  • Prezo da actividade:25 euros por trimestre.

2. VOLEIBOL FEMININO:

  • Alumnado participante: 1º, 2º, 3º e 4º da ESO, repartidos en dous equipos en categorías infantil e cadete.
  • Días e hoas de adestramento: Adestrarán dous días á semana, unha hora cada día, e xogarán os sábados pola mañán. O horario concretarase coas adestradores na primeira reunión destes cos compoñentes do equipo.
  • Prezo da actividade:25 euros por trimestre.

3. AEROBIC:

  • Alumnado participante: Todo o alumnado do centro, xunto cos pais e nais dos alumnos.
  • Días e horas de adestramento: Mércores e venres de 18:00 a 19:00 horas (éste horario ten carácter  provisional e está suxeito aos acordos entre adestrador/a e os participantes na actividade).
  • Prezo da actividade:25 euros por trimestre.

4. DEBUXO ARTÍSTICO E PINTURA:

  • Alumnado participante: Alumnos da ESO que sexan usuarios do comedor os luns.
  • Día e hora: Os luns de 14:45 a 15: 45 horas.
  • Prezo da actividade: 25 euros pòr trimestre.

Distribuir contido