Plan Proxecta 2018/2019

Actividades do Plan Proxecta no curso escolar 2018/2019

Seguindo as súas pegadas. Donas de si

Una imaxe sempre vale máis que mil palabras. Con este vídeo resumo damos por rematado o proxecto "Seguindo as súas pegadas. Donas de si" que se enmarca nun dos Plan Proxecta levado a cabo no noso centro. 

Táboa periódica en feminino.

Para rematar a 2ª avaliación o alumnado do proxecto Donas de si aventurouse na tarefa de deseñar unha táboa periódica en feminino con mulleres da actualidade que están a destacar en diversos ámbitos como a política, o deporte, as ciencias, a literatura, a música ou a arte.

 

 

 

Tras varios días de traballo de investigación guiado polas súas profesoras lanzáronse á aventura. Así, comezaron a concretar a información sobre as distintas persoalidades que dan forma a esta orixinal táboa periódica e que conmemora á súa vez o 150 aniversario desta creación.

 Grazas a esta actividade foron quen de coñecer e afondar en nomes nos que non reparan no seu día a día, pero que a bo seguro dende hoxe formarán parte do saber.

 

Seguindo as pegadas de Nellie Bly por un día. Exploradores polas rúas de Monforte

 Nesta última avaliación o alumnado de 1º de ESO estivo a traballar no proxecto Donas de si ca temática “Feitos de muller”. Tocaba neste último momento abordar as mulleres da súa contorna e para iso comezaron analizando o rueiro monfortino e indagando en quen foron e que achegas tiveron. Para iso, como tarefa final realizaron uns marabillosos murais que están colgados nun dos corredores principais do centro.

Deste xeito, puideron coñecer máis sobre mulleres como Inés de Castro, María Emilia Casas Baamonde ou Mari Paz de Tor. Todo un coñecemento profundo que nos fixo analizar a escasa presenza femenina no rueiro monfortino sobre o que realizaron unha breve reportaxe periodística .

 
 

 

 

PLAN PROXECTA: APRENDO PROGRAMANDO

El acoso escolar es, lamentablemente, una realidad de nuestras aulas y que muchas veces tiene continuidad fuera de ellas o a distancia (ciberacoso). Con este proyecto pretendimos, además de poner en contacto a los alumnos con nuevas herramientas informáticas, concienciar a los mismos sobre dicho fenómeno y profundizar en la raíz de los problemas de acoso escolar y las posibles soluciones.

El proyecto se tituló “ACOSO ESCOLAR: UNA VISIÓN CON SCRATCH”. Éste fue realizado por los alumnos de 2º B de ESO, coordinados por su tutora Gemma Conde, y por los alumnos de 3º A de ESO, con la ayuda de su tutor Emilio Sotelo.

 A lo largo del curso, en las sesiones de tutoría, se realizaron diversas actividades encaminadas a la concienciación del alumnado sobre el bullying. Utilizando la herramienta online de SCRATCH se les inició en el mundo de la programación por bloques, explicándole al alumnado los conceptos básicos de programación en dicho lenguaje. El objetivo final era la realización de una historieta sobre el bullying.

 A continuación pueden observar un ejemplo de las historietas realizadas por cada curso:

 Ejemplo 1: realizado por los alumnos de 2ºB de ESO

 

https://scratch.mit.edu/projects/317888619

 

 Ejemplo 2: realizado por los alumnos de 3ºA de ESO

 

https://scratch.mit.edu/projects/317888010

 

Alumnos de 4º ESO gañan o 1º Premio autonómico do concurso sobre Consumo responsable do Proxecto Consumópolis

Os titores de 4ºESO estiveron desenrolando, nas sesións de titoría co alumnado, o Proxecta que leva por nome Consumópolis. Trátase dun concurso escolar sobre consumo responsable e de calidade de vida, que este ano leva por lema: "Pola túa seguridade sabes o que consomes?"

O concurso consta de dúas partes: Un percorrido pola cidade virtual de Consumópolis e o deseño, elaboración e exposición dun traballo sobre consumo responsable. Este traballo consistiu na creación dun prototipo ou maqueta dun produto novidoso e orixinal. O noso centro participou cun total de cinco maquetas.

Alégranos dar a boa nova de que un equipo composto por alumnado do noso centro e autores do traballo "BOLSA REUTILIZABLE MULTIUSOS" foron os gañadores do 1º premio a nivel autonómico na categoría C 3º e 4º curso de ESO.

Como ben indica o título do produto gañador, e se pode ver nas fotos, elaboraron unha bolsa reutilizable a partir de materiais reciclados como papel de periódico.

O vindeiro venres 14 de xuño iremos á entrega de premios a Santiago de Compostela.

Noraboa ó alumnado e profesorado responsable do proxecto..

"Patrimonio etnográfico da Ribeira Sacra

 

Os alumnos de 3ºESO participaron (dentro dun dos Plan Proxecta que se levan a cabo no noso centro) na actividade: "Patrimonio etnográfico da Ribeira Sacra" realizada o 25 de abril e guiada por Mar Bóveda (especialista na posta en valor, divulgación e didáctica do patrimonio cultural).

A saída consistiu nun itinerario didáctico ás zoas ribeirás próximas a Monforte, incluíndo o encoro de Belesar e o Museo etnográfico do pazo de Arxeriz, onde aprenderon a importancia de coñecer e conservar o patrimonio cultural da nosa comarca.

Obra de teatro "Golpes"

O 10 de abril levouse a cabo a representación do espectáculo "Golpes" por parte da compañía de teatro Aantena para o alumnado de 1º e 2º ESO e PMAR.

O espectáculo forma parte do programa "Por 365 días de respecto e igualdade" do Plan Proxecta.

Golpes busca que os espectadores identifiquen os índices sociais de desigualdade latente entre homes e mulleres así como as diferentes formas e caras da violencia de xénero.

Á represemtación acudiron tanto o noso Inspector de educación, Íñigo Barreiro, como a Secretaria Xeral de Igualdade Susana López Abella.

Ao finalizar, tanto eles como o noso Director e a protagonista da obra reflexionaron cos estudiantes sobre a trama e as situacións semellante que acontecen na vida real.

Aquí vos deixamos unhas fotos do acontecido e un enlace para que saibades máis tamén sobre a actriz Estíbaliz Veiga.

 

 

A linguaxe nas relacións humanas "Por 365 días de respecto e igualdade".

Dentro do programa "Por 365 días de respecto e igualdade" do Plan Proxecta, as profesoras Sonia Sánchez e Carmen Quiroga estiveron traballando a importancia da linguaxe nas relacións humanas, sobre todo nas relacións de parella. Para iso empregaron a imaxe da autora Pirusa na que analizaron as frases despectivas empregadas para substituílas por outras positivas.

Nas fotos anteriores resúmese a actividade realizada en 2 e 3 de PMAR.

Palabras de muller na Casa-Museo Manuel María

 

Catro alumnas do IES Río Cabe encheron de cor a chuviosa tarde do pasado sábado 6 de abril participando na fase final do concurso “Rosalía sempre viva” celebrado na Casa- Museo Manuel María en Outeiro de Rei,  porque como ben dixo Leonardo Da Vinci  “a pintura é poesía muda; a poesía pintura cega”.

 As alumnas participantes foron seleccionadas no concurso “Poetízate no IES Río Cabe” que se celebrou para conmemorar o Día da Poesía o 21 de marzo. Así, África Coba Albo recitou “Quixente tanto meniña”, Zeltia Pérez Barrientos púxolle voz a “Negra sombra”, Sandra Rodríguez Macía atreveuse con “Adiós ríos, adiós fontes” e Lucía Rodríguez Abellano interpretou “Meniña, ti a máis fermosa”.

A actividade enmárcase dentro da programación que leva por título “Palabras de muller” que se está desenvolvendo nesta 2ª avaliación dentro do Plan Proxecta Donas de si. Deste xeito, con este recitado no que amosaron as súas escondidas dotes brindamos unha pequeña homenaxe, cargada de moitas horas de memorización e ensaios, a unha das figuras máis representativas da literatura contemporánea.

¡Grazas polo voso entusiasmo e esforzo, xa que nos demostrastes que a poesía estará sempre viva!

Obradoiro e explicación da Exposición "Cartas de amor"

Como xa sinalamos nunha entrada anterior, o pasado 26 de marzo acudiu ó centro Laura Vilaboy Romero (educadora social) para traballar co alumnado de PMAR a partires da Exposición "Cartas de amor".

Aquí están os alumnos reflexionando con Laura.

A actividade enmarcase no Plan Proxecto dentro do Programa "Por 365 días de respecto e igualdade"

Distribuir contido