Curso 2011/12

Final da X Edición da Competición Nacional de Simulación Estratéxica de Empresas, RetoAlcoa

O pasado venres 27 de abril, celebrouse en Madrid a Final da X  Edición da Competición Nacional de Simulación Estratéxica de  Empresas, RetoAlcoa. Entre os 8 equipos finalistas que representaron ás distintas zonas de acción de Alcoa atópase o equipo Badboys do noso Instituto, IES Río Cabe, formado polos seguintes alumnos de  2ºA de Bacharelato:

David Pérez Varela

Kevin Rodríguez Taboada

Darío Dos Santos Fernández

O noso equipo acadou a primeira posición no concurso, e estes 3 alumnos recibiron os seus premios de mans de D. Jose Ramón Camino,  Presidente de Alcoa España e VicePresidente de Alcoa Europa.

Picando na imaxe podes accerder á galería de fotos do acto.

  

 


Visita a Lugo 2012

O pasado día 14 de marzo de 2012, alumnos e alumnas de 3º e 4º da ESO, 1º e 2º de BAC do centro realizaron unha visita á cidade de Lugo, acompañados polos profesores Juan Rosende e Anuncia López.

Na visita á cidade, efectuaron un pequeno roteiro pola muralla de Lugo e a mediodía asistiron á representación da traxedia "Medea", de Sófocles, que se presentou no auditorio Gustavo Freire.

Pola tarde, asistiron á representación da comedia "Miles Gloriosus", de Plauto, no mesmo auditorio.

Para ver algunhas fotos da excursión, pica na seguinte imaxe.

 


Semana Branca en Andorra 2012

Dende o día 21 ata o día 28 do mes xaneiro de 2012, alumnos de 1º de BAC do centro, acompañados polo profesor de educación física, Carlos Parada, e o vicedirector, Manuel Sánchez, realizaron a saída a Andorra para participar nas actividades da neve. Se picas na imaxe, podes acceder á galería fotográfica:

 


Visita ao parque eólico de Sotavento

O día 13 de marzo de 2012, alumnos de 2º da ESO do centro, acompañados polos profesores de ciencias naturais, Lucía e Jose Luís, realizaron unha visita ao Parque Eólico de Sotavento. Para ver as fotos da viaxe pica na seguinte imaxe:

 


Semán Branca 2012 en Andorra

Alumn@s de 1º BAC do IES Río Cabe inician o sábado 21 de xaneiro de 2012, ás 23.59 horas da noite, a Semana Branca en Andorra, coa saída da estación de autobuses en Monforte de Lemos.

A excursión está organizada polo Departamento de Educación Física. Os profesores acompañantes será Carlos Parada, profesor de Educación Física, xunto co vicedirector do centro, Manuel Sánchez.

A chegada a Andorra está prevista para a media mañá do domingo día 22. A estación onde esquiarán será no Vallnord, en concreto en Pal. O hotel onde quedarán aloxados os alumnos e alumnas xunto cos profesores acompañantes será no Cosmos, situado no centro de Andorra.
A volta está prevista para o vindeiro sábado 28 de xaneiro.

Seguiremos informando dende ésta páxina web do centro a medida que os profesores acompañantes manden máis información.

Dende o centro desexámoslle unha boa viaxe.

 

  • 22 de xaneiro: Os alumnos e alumnas xunto cos profesores acompañantes xa chegaron a Andorra e foron directamente ao hotel Cosmos. Xa recolleron o material na estación de Pal e agora pola noite atópanse ceando e vendo o partido de futbol que están a emitir na televisión. De seguido poñemos unha foto de totdos eles á súa chegada.

 

  • 23 e 24 de Xaneiro: Segundo informan os profesores acompañantes, os rapaces estiveron esquiando nas pistas habilitadas, sen apenas contratempos, salvo algunha pequena contusión sen importancia.

 

 

 

  • 25 de Xaneiro: Neste día, os alumnos estiveron a esquiar nas pistas sobre as 5:30, e, posteriormente acompañados polos profesores, achegáronse ata o palacio de xeo de canillo para patinar durante un rato. Debaixo aparecen dúasfotos das actividades deste día.

 

    


ANPA IES Río Cabe

Picando na imaxe podes acceder ao blog da ANPA do IES Río Cabe.


Comezo do curso 2011/12

COMEZO DO CURSO 2011-12: Día 16 de setembro de 2011.

09:00 - Presentación ESO

 

  • ESO 1º curso  

09:00 - Benvida do director no salón de acto cos titores.

09:30 - Presentación cos titores nas aulas.

  • ESO 2º 3º e 4º cursos

09:00 - Presentación cos titores nas aulas.

09:30 - Benvida do director no salón de actos cos titores.


10:00 - Regreso dos autobuses, levando o alumnado para os seus domicilios.      

 

10:30 - Claustro ordinario

 

12:00 - Presentación BAC

  • 12:00 - Benvida do director no salón de actos.
  • 12:30 - Presentación cos titores nas aulas.

 


Distribuir contido