Curso 2015/16

Curso 2015/16

Reserva Programa CUALE 2016/2017 - Preparación para as probas das EOIs

Para o vindeiro curso 2016-2017 o IES Río Cabe vai solicitar por terceiro ano consecutivo o PROGRAMA CUALE, curso para a formación complementaria en Linguas Estranxeiras do alumnado. 

O programa CUALE, impulsado pola Consellería de Educación, pretende preparar aos alumnos de institutos de educación secundaria para a obtención dos certificados oficiais dos distintos niveis das escolas oficiais de idiomas. No IES Río Cabe ofertamos os seguintes cursos CUALE para os niveis e requisitos do alumnado que se indican a continuación:

 

Programa

Finalidade do curso

Requisitos do alumnado

CUALE B1 – Francés

Preparación para presentarse á proba para obter o certificado B1 en francés, nivel intermedio, da Escola oficial de idiomas.

Alumnado que se matricule nalgún dos cursos de bacharelato ou formación profesional de grao medio e superior no curso 2016-2017.

CUALE B1 - Inglés

Preparación para presentarse á proba para obter o certificado B1 en inglés, nivel intermedio, da Escola oficial de idiomas.

Alumnado que se matricule nalgún dos cursos de bacharelato ou formación profesional de grao medio e superior no curso 2016-2017.

 

Os cursos desenvolveranse no IES Río Cabe de outubro a xuño, en xornada de tarde, en tres sesións semanais de 50 minutos de duración cada unha. A inscrición dos alumnos é voluntaria e gratuíta. O número de prazas para cada curso é de 10-20 alumnos.

A formación para cada modalidade organizarase cunha duración dun curso escolar, de xeito que, ao finalizalo, o alumnado estea en condicións de superar as probas de certificación das escolas oficiais de idiomas. Os alumnos do CUALE poderán presentarse as probas da EOI nas mesmas condicións cos alumnos oficiais das EOI e non teñen que aboar os prezos públicos.

O profesorado responsable desta formación realizará probas ao remate do curso correspondente a cada modalidade. A superación das devanditas probas suporá a expedición por parte do centro dun certificado de aproveitamento do curso preparatorio para as probas de certificación das EOI.

 

O alumnado que desexe preinscribirse nestes cursos deberá facer a reserva na Secretaría do IES Río Cabe ou enviar un email  antes do 7 de xuño de 2016.

Descarga o impreso de reserva facendo click na imaxe. Se estás interesado podes cubrilo e envialo por email ao centro: ies.rio.cabe@edu.xunta.es

Graduación do alumnado de 2º de Bacharelato e do CS de Turismo

O venres 27 de maio celebrouse o tradicional acto de graduación da promoción que remata os seus estudos no curso académico 2015/2016.

A partires das 20 horas tivo lugar no Salón de Actos do Centro un acto no que interviron en primeiro lugar o director do centro, Manuel Sánchez Seco, para darlle a despedida aos alumnos/as e desexarlle o mellor no seu futuro académico e profesional, Belen Elisa Díaz Pérez, exalumna do centro, economista, pintora, deseñadora gráfica, diplomada en piano, docente na Universidade Carlos III e investigadora;  e, por último, en representación do Concello, Gloria Mª Prada Rodríguez, 1ª Tenente de Alcalde.

Tamén deron uns emotivos discursos dous alumnos de Bacharelato e unha alumna do CS Turismo para rememorar anécdotas e despedirse do IES Río Cabe ao finalizar a súa estadía neste centro. Disfrutamos da actuación musical dalgúns destes alumnos (Santiago Alonso, Henar González e Rodrigo Huanay) e visionamos un par de vídeos de despedida.

Por último, na cafetería do centro serviuse un pequeno ágape para o alumnado, as súas familias, profesorado do centro e os invitados ao acto.

Clickando nas fotos accédese a unha galería de fotos do acto de graduación de Bacharelato e Turismo respectivamente.

 

Obra de teatro "Des-Enlace"

VENRES 6 de maio ás 20:30 horas

CASA DA CULTURA - MONFORTE DE LEMOS

ENTRADA GRATUITA

 

Día do libro 2016

O venres 22 de abril conmemoramos no centro o "Día do Libro". Un ano máis o Equipo da Biblioteca organizou o "amigo invisible" e tanto alumnos como profesorado regalámonos libros uns a outros.

Para a recollida dos mesmos o "Equipo da Biblioteca" repartiunos no chan do Pavillón debuxando a forma xeométrica dunha espiral e tiñamos que percorrer o camiño mirando os libros ata atopar o noso.

Máis información en Bibliocabe e clickando na seguinte imaxe pódese acceder a unha pequena galería de imaxes:

"Connected: The game"

A FAD (Fundación de Axuda contra a Drogadición) e Google lanzan en todos os países da Unión Europea, «Connected: The Game».

"Connected: The game" é un xogo-concurso virtual, dispoñible en cinco idiomas, español, inglés, francés, alemán e italiano, co obxectivo de sensibilizar a xóvenes e adolescentes europeos de 13 a 16 anos sobre o uso responsable das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC), fomentando un uso constructivo das mesmas desde o respeto a un mesmo e aos demais.

No xogo poden participar adolescentes de todos os países da Unión Europea a través da plataforma http://www.connectedthegame.eu, desde o 1 de abril ata o 15 de maio de 2016. Cada usuario compite no seu ámbito territorial (país) pero pode realizar o xogo no idioma que desexe.
 
Unha vez finalizado o prazo de participación, establecerase un gañador por país que recibirá un premio tecnolóxico. A entrega de premios terá lugar na sede do Parlamento Europeo a finais de xuño de 2016.

A alumna Claudia Peña artista semifinalista de MusicAula 2016

A alumna de 1ºB de Bacharelato, Claudia Peña Martínez, é unha das 25 semifinalistas da sétima edición do festival MusicAula. MusicAula é o primeiro Festival de música en España dirixido a xóvenes e adolescentes grupos de música e solistas, e a súa vez, a colexios e Institutos de todo o país que os respaldan no certamen.

Gañadores da final de "RETOALCOA (XIV EDICIÓN)"

Os alumnos do IES Río Cabe, Diego Losada Fernández e Cristian Piecho Meijíber (Equipo Counteryou) e as alumnas Lola Moro Ramos e Andrea Touzón Álvarez (Equipo Loan)son os gañadores respectivos do 1º e 2º premio da final de "RETOALCOA XIV EDICIÓN" que secelebrou en Madrid os pasados días 14 e 15 de Abril.

Dende aquí dámoslle a nosa cordial noraboa a eles e ao seu profesor de Economía, Emilio P. López Mariño.

 

FINAL DE "RETOALCOA (XIV EDICIÓN)"

Os días 14 e 15 de Abril celébrase en Madrid a final da XIV Edición da Competición nacional "RetoAlcoa". O proxecto iniciouse o pasado mes de decembro de 2015 e despois de 5 meses de dura competeción, oito equipos chegaron á final. Dous destes equipos están formados por alumnos do noso centro. Diego Losada Fernández e Cristian Piecho Meijíber
(Equipo Counteryou), Lola Moro Ramos e Andrea Touzón Álvarez (Equipo Loan) son os aspirantes a gañar a final desta edición.
Dende aquí desexámoslle moita sorte e felicitámolos porque o feito de estar nesa final xa é un verdadeiro logro. Facemos tamén partícipe desta felicitación ó seu profesor de Economía, Emilio P. López Mariño, sabedores de que a sua labor como docente fai posible acadar tales logros.

Animo rapaces!

 

Distribuir contido