Actividades na natureza - Bautismo Náutico en Castrelo de Miño

O pasado 7 de xuño o alumnado de 3º de ESO participou, acompañado de tres dos seus profesores,  nunha excursión a Castrelo de Miño para a práctica de deportes náuticos; o alumnado disfrutou dunha xornada lúdica practicando paddle-surf, wind-surf, kayak, vela e hidropedal.

 Estas xornadas buscan que os alumnos e alumnas fagan seus valores tales como o respecto ó entorno natural , o compañeirismo e o traballo en equipo.

   

 

 

 

 

 

 

Actividades extraescolares propuestas pola Anpa curso 22-23

De cara ao próximo curso escolar 22-23 a Anpa do Río Cabe propóñenos as seguintes actividades extraescolares:

 

Seguiremos informando.

Matrícula curso 22-23

 

Dende o día 27 de xuño ata o 8 de xullo estará aberto o prazo de matrícula na educación secundaria obrigatoria, educación secundaria para persoas adultas e bacharelato.

Tanto o  alumnado de 1º bacharelato con todas as materias aprobadas o 8 de xuño, como o procedente  doutros centros escolares poderá recoller o sobre de matrícula en secretaría  a partir do 27 de xuño. O alumnado de 1º bacharelato avaliado na convocatoria extraordinaria recibirá xunto coas cualificacións o sobre de matrícula.

O alumnado de ESO levará coas cualificacións o sobre correspondente coa documentación necesaria para formalizar a matrícula.

Pregamos que, na medida do posible, se respete o seguinte calendario de matrícula:

DATA

CURSO NO QUE SE MATRICULA

27 e 28 de xuño

2º BAC

29 e 30 de xuño

1ºBAC

1 e 4 de xullo

4º ESO

5 de xullo

3º ESO

6 de xullo

2º ESO

7 e 8 de xullo

1º ESO

 

 O alumnado interesado nas ensinanzas para adultos (castelán e galego para estranxeiros, ensino secundario adultos e bacharelato semipresencial) poderá matricularse en calquera día comprendido entre o 27 e 8 de xullo.

 

 

Exames finais convocatoria extraordinaria ensinanzas para adultos

A continuación tedes os horarios dos exames finais da convocatoria extraordinaria das distintas ensinanzas para adultos:

- ESA niveis 2 e 4.

-Bacharelato semipresencial.

Así como os exames finais do CS Guía, información e  asistencia turísticas.

 

Cualificacións definitivas da proba substitutiva de titulación de bacharelato nas ensinanzas deportivas de grao superior 2022/23

 

Hoxe venres, día 10, publicáronse as cualificacións definitivas das persoas inscritas na proba substitutiva de titulación de bacharelato nas ensinanzas deportivas de grao superior 22/23.

Premendo no seguinte enlace poderás atopar toda a información:

Cualificacións definitivas ensinanzas deportivas grao superior

 

 

Exames EOI alumnado CUALE B1 convocatoria EXTRAORDINARIA

A continuación tedes datas e horas dos exames das diferentes destrezas das Probas de Certificación B1 convocatoria extraordinaria  da EOI de Monforte.

 

 

Publicación das notas en Centrosnet : 30 de xuño
Revisión das probas:1 de xullo de 10:30 a 13 30h

 

 

 

Exames extraordinarios BACHARELATO SEMIPRESENCIAL

 

No seguinte enlace atoparás os horarios dos exames extraordinarios de 1º e 2º bacharelato semipresencial. As clases rematarán o día 16 de xuño, os días 17, 20, 21 e 22 de xuño celebraranse as probas extraordinarias. A entrega de notas será o día 23 de xuño a partir das 11:00h.

EXAMES EXTRAORDINARIOS BAC ADULTOS

Exames extraordinarios Niveis 2 e 4 Ensino Secundario Adultos

Os exames extraordinarios dos niveis 2 e 4 do ensino secundario para adultos celebraranse os días 20, 21 e 22 de xuño, as clases  rematarán o venres  día 17 para o alumnado que teña algún módulo pendente. Podes descargarte os horarios das probas no seguinte enlace:

Datas e horas exames extraordinarios niveis 2 e 4

Cualificacións provisionais da proba substitutiva de titulación de bacharelato ensinanzas deportivas

 

Se fas click no seguinte enlace poder obter as cualificacións provisionais da proba substitutiva de titulación de bacharelato para o acceso ao grao superior das ensinanzas deportivas.

Recordamos que non se convocan probas de acceso de grao superior de carácter específico para ningunha modalidade deportiva.

Convocados premios extraordinarios educación secundaria obrigatoria ao redemento académico correspondentes ao curso 21/22

Informamos que dende o día 31 de maio ata o día 30 de xuño de 2022 poderán presentarse as solicitudes para os premios  extraordinarios de Educación Secundaria Obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2021/22 (código de procedemento ED311D).

 

Poderá optar ao premio extraordinario o alumnado que reúna os seguintes requisitos:
- Ter cursado durante o ano académico 2021/2022 4º curso de educación secundaria obrigatoria no réxime ordinario en calquera dos centros da Comunidade Autónoma de Galicia.
- Estar proposto polo equipo docente para a expedición do título de Graduado en Educación Secundaria.
- Ter obtido no conxunto dos catro cursos de Educación Secundaria Obrigatoria unha nota media igual ou superior a 9,00 puntos.

 

Todos os requisitos relacionados neste artigo deberán posuírse no día en que remate o prazo de presentación de solicitudes.

As solicitudes de participación presentaranse preferiblemente por medios electrónicos a través do formulario normalizado  (anexo I) dispoñible na aplicación informática <<PremiosEdu>>.

 

Premendo na seguinte imaxe  pódese consultar a forma e prazo de presentación das solicitudes así como a estructura da proba.

 

 

Distribuir contido