Conxurando en Samaín

Hoxe venres, 28 de outubro, celebramos no Cabe  a festa do Samaín, con nenos e profesores  disfrazados de vivos e non tan vivos; Flor e Xurxo ambientaron a biblioteca, organizaron un concurso de narracións e unha exposición de debuxos, (cos que decoraron o centro) así como o visionado de  cortos de terror , que incluía un realizado polos nosos alumnos,  e cos que disfrutamos nun fantasmagórico ambiente. Un grupo de profesoras tivo a idea de sacar os “medos afora” por medio de tarxetas nas que escribimos sobre as cousas que nos asustan.

 

Grazas a todos, alumnos e profesores pola vosa “terrorífica”  colaboración.

 

 

Fondo pesar

 A comunidade educativa do IES Río Cabe lamenta profundamente o suceso acaecido nas últimas horas no IES  Julio Prieto Nespereira de Ourense e solidarízarse coa dor da familia e de toda a comunidade educativa. 

Alumnado de Turismo en Termatalia- Ourense

O CS de Guías, información e asistencia turísticas comezamos os contactos co sector turístico, neste curso 2022-2023, viaxando a Ourense para asistir a 20ª Feira Internacional do Turismo Termal, Saúde e Benestar.

Na visita á Feira coñecimos os destinos termais nacionais e internacionais alí presentes, ademais dunha ampla oferta de balnearios, talasos e centros de spa de todo o mundo.

A actividade incluíu a asistencia a unha Mesa redonda sobre a xestión da Auga: Perspectiva Turística e de Xestión.

Voltamos ás aulas con moito relax despois de practicar ioga e de relaxarnos co sonido e as vibracións do gong.

Tamén catamos augas! E podemos contar que nin son inodoras nin insaboras!

 

Eleccións Consello Escolar

Comunícase a todas as persoas interesadas que o xoves 27 de outubro de 2022, ás 11:25 horas, procederase a realizar o sorteo público na Secretaría do IES Río Cabe para elixir os membros da Xunta Electoral responsable da organización e supervisión do procedemento de elección dos membros do Consello Escolar.

Entre o 4 e o 11 de novembro estará aberto o prazo de presentación de candidaturas para formar parte do Consello Escolar nas seccións de profesorado, persoal non docente e alumnado. Ditas candidaturas deberán presentarse na secretaría do centro, antes das 14:00 horas do 11 de novembro.

Atoparán mais información nos documentos seguintes:

Decreto 92/1988, do 28 de abril, polo que se regulan os órganos do goberno dos centros públicos de ensino non universitario. (DOG, 29/04/88)

Calendario

Composición do Consello Escolar

Candidatura profesorado

Candidatura persoal non docente

Candidatura alumnado

Autorización menores de 14 anos

Xantar de confraternización de 1º Bac

 Un ano máis, e seguindo coa tradición, alumnas e alumnos de 1º Bac quixeron reunirse para confraternizar e  celebrar o comezo dun novo curso e ciclo que,

ben seguro, os levará a bo porto. Foi o pasado venres, 14 de outubro, nun restaurante da cidade e estiveron acompañados de varios dos seus profesores.

 


 

 

"O violín no arte"- Concerto da Sociedad Filarmónica de Monforte

A Sociedade Filarmónica de Monforte comeza a súa tempada de concertos didácticos cun concerto dedicado ao violín combinado coa arte, facendo un percorrido dende o Barroco ata a actualidade. Vinte e dous alumnos de 4º da Eso desfrutaron este venres 14 de outubro dun gran violinista, Florian Vlashi, quen, acompañado do seu fillo ao violonchelo, interpretou exemplos famosos da historia da música. Ademais dunha interpretación maxistral, Florian Vlashi explicou a suprema importancia do violín nos diferentes períodos musicais e a súa presenza en importantes obras de arte de Caravaggio, Rafael, Matisse e Picasso. Durante o concerto tocou con tres violíns, barroco, clásico e eléctrico, interpretando obras de Bach a Xenakis. Unha experiencia enriquecedora e inesquecible para todos os que puidemos gozar dese concerto.

 

Listaxe definitiva de cualificacións das probas extraordinarias que dan acceso ao Nivel 1 modalidade fútbol

A lista coas cualificacións definitivas da proba que da acceso ao Nivel I das ensinanzas técnico deportivas poderedes atopala no seguinte enlace.

O alumnado que superou dita proba deberá pasar por Secretaría para formalizar a súa matrícula.

Listaxe provisional das cualificacións da proba extraordinaria de fútbol

Premendo no seguinte enlace accederedes aos resultados provisionais da proba extraordinaria de fútbol:

Resultados provisionais

  • As reclamacións á listaxe provisional de cualificacións realizaranse ata o día 11 de outubro.
  • A listaxe definitiva das cualificacións das persoas aspirantes publicarase o día 13 de outubro

 

Carreira solidaria contra o cancro

O pasado domingo, 2 de outubro, tivo lugar en Monforte “A carreira contra o cancro”, que organizou a Asociación española contra o cancro en Lugo e  coa que colaboraron o Concello de Monforte e a Xunta de Galicia. 

 

Os gañadores da proba fixeron honor ó espíritu da carreira e entraron xuntos na meta, collidos da man, nun precioso xesto de solidariedade e deportividade.

 

Noraboa ós dous, Íker Fernández Codesido (alumno do IES Río Cabe) e Gabriel Losada Torres (Alumno do IES A Pinguela) pola vosa dobre victoria. 

 

 

Distribuir contido