Recomendacións xerais para a xestión da COVID-19 curso 22/23

Achéganse as Instrucións conxuntas do 5 de setembro de 2022 da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidade e da Consellería de Sanidade ao respecto das recomendacións xerais para a xestión da Covid-19 no ámbito educativo no curso 2022-2023.

Instrucións 5 setembro 2022

Presentacións ensinanzas para adultos curso 22/23

O próximo xoves 8 de setembro ás 19:00h terá lugar a presentación das distintas ensinanzas para adultos para o curso 22/23. O acto celebrarase no salón de actos do centro. Seguidamente o alumnado reunirase cos respectivos titores e titoras nas aulas correspondentes.

Os horarios de Galego e Castelán para estranxeiros e Cuale A1 e B1 de Inglés estarán dispoñíbeis a partir de finais desta semana.

As clases comezarán o luns, día 12 de setembro no horario establecido para todos os grupos e niveis.

Presentacións ESO e Bacharelato curso 22/23 DIÚRNO

 

CURSO

DÍA

HORA

1º ESO

8 setembro

9:30

2º ESO 

8 setembro

11:00

3º ESO

8 setembro

11:45

4º ESO

8 setembro

12:30

1º BACHARELATO

9 setembro

11:30

2º BACHARELATO

9 setembro

12:15

 

As presentacións dos distintos cursos celebraránse no salón de actos do centro. O alumnado de primeiro da ESO deberá vir acompañado dun dos proxenitores ou titores legais.

As clases comezarán o luns día 12 de setembro no horario prefixado. O horario de entrada será a partir das 8:40h para todos os grupos.  Os cursos 1º ESO, 2º ESO e 2º Bacharelato accederán pola porta principal da rúa de San Pedro e 3º ESO, 4º ESO e 1º Bacharelato pola porta lateral da rúa Cachafeiro.

Convocatoria de cursos Celga e cursos de linguaxe administrativa galega nas EOI para o curso 2022/23

Publicouse a Resolución do 24 de xullo de 2022, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán en distintos períodos e en varias escolas oficiais de idiomas de Galicia.

As persoas que desexen participar nos cursos convocados nesta resolución deberán cubrir o formulario de inscrición telemática no enderezo www.eoidigital.com/preinslinguagalega, que estará activo nos seguintes prazos establecidos para a presentación das solicitudes:

  • Cursos do 1º cuadrimestre: do 1 ao 10 de setembro de 2022
  • Cursos do 2º cuadrimestre: do 3 ao 13 de xaneiro de 2023

 

Aberto prazo de matrícula para as ensinanzas para adultos

No mes de setembro nas ensinanzas para persoas adultas están abertos os seguintes prazos extraordinarios de matrícula:

  • Castelán para estranxeiros: aberto todo o ano.
  • Galego para persoas de fóra de Galicia: aberto todo o ano.
  • CUALE Inglés A1 e B1: ata o 15 de setembro.
  • Ensino secundario para adultos: dende o 1 ata o 8 de setembro.
  • Bacharelato semipresencial: dende o 1 ata o 20 de setembro.
  • Ciclo Superior de Guía, información e asistencia turísticas: Ábrese de novo o prazo de matrícula desde o venres 2 de setembro ata as 13:00 horas do venres 23 de setembro de 2022.

 

Cualificacións definitivas das probas específicas de acceso ás ensinanzas técnico deportivas

No seguinte enlace accederedes aos resultados definitivos  das probas específicas que dan acceso ás ensinanzas técnico deportivos así como á lista e de persoas admitidas.

Resultados definitivos

A matrícula no centro estará aberta do 26 ao 29 de xullo.

Aberta matrícula do Ciclo Superior de Guía, información e asistencia turísticas.

Ábrese o prazo de matrícula no Ciclo Superior Guía, información e asistencia turísticas.

Para efectuala, a única condición é cumprir os requisitos de acceso para as ensinanzas correspondentes. As persoas interesadas deberán formalizar a matrícula no IES Río Cabe.

Aprendendo con cabalos

 

Xa rematando o período de clases, o venres 10 de xuño, o alumnado de 1º de ESO realizou unha excursión que hai semanas viña demandando: unha actividade con cabalos na Finca El Carmen, en Fiolleda. Alí disfrutaron, por turnos,  de distintos xogos de mesa e paseos a cabalo, da man de monitores que lles ensinaron uns coñecementos básicos á hora de montar. Unha xornada distinta que lles encantou e que esperamos repetir.

 

 

 

Cualificacións provisionais da proba específica de fútbol para o acceso ás ensinanzas técnico deportivas

No enlace seguinte aparecen as cualificacións provisionais da proba específica de acceso ás ensinanzas técnico deportivas na modalidade de fútbol celebradas na pasada semana en Culleredo.

Cualificacións provisionais Culleredo

Cualificacións provisionais Pontevedra

Poderanse presentar reclamacións contra as cualificacións provisionais os días 21 e 22 de xullo de 2022

Cualificacións definitivas da proba substitutiva da titulación da ESO ensinanzas deportivas curso 22/23

As cualificacións definitivas da proba substitutiva da titulación da ESO que dan acceso ás ensinanzas técnico deportivas podedes atopalas no seguinte enlace:

Cualificacións definitivas proba titulación ESO

Recordamos que mañá xoves día 14  ás 10:00h celebraránse as probas específicas no IES Universidade Laboral en Culleredo e o venres día 15 ás 11:00h no IES Sánchez Cantón de Pontevedra.

 As probas específicas constarán de dúas partes:

-Primeira parte: Avaliación  da condición física.

- Segunda parte: Avaliación das habilidades de fútbol.

Distribuir contido