Complementarias

Curso 2014-2015 Visita ao CIQUS

Mentres outros xa celebraban o comezo das vacacións de Nadal, parte do alumnado de Química e Bioloxía de 1º Bac achegábase ao CIQUS. A visita enmarcábase nas xornadas de porta abertas deste Centro  de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares da USC, e incluía a realización dunha actividade de laboratorio: unhas etapas na síntese do ácido acetilsalicílico e do paracetamol.

A saída foi programada polo departamento de Física e Química, e  aí están con Soco a primeiras horas do último día lectivo do trimestre, con Carme fóra do campo da cámara. Tedes moitas máis fotos na Galería.

 

Na porta do CIQUS

Día escolar da Non Violencia e da Paz

O 30 de Xaneiro celébrase o Día escolar da Non Violencia e da Paz, que conmemora o día da morte de Mahatma Gandhi

A imaxe é un caligrama feito por Xoán Domínguez San José (2º R) baseándose nun poema de Celso Emilio Ferreiro: "Digo Vietnam e basta" .

Se queredes ver a imaxe nun formato maior para poder ler o poema premede en 1 adxunto

caligramapoemadigovietnambasta

III Concurso Europeo de Marcapáxinas Letras Galegas 2013

 

O alumnado do IES Pontepedriña participou no III Concurso Europeo de Marcapáxinas. Letras Galegas 2013, convocado polo IES San Clemente.
O tema deste ano é Roberto Vidal Bolaño, o autor ao que se lle dedica o día das Letras Galegas.
A participación produciuse a través da plataforma eTwinning na que os docentes de toda Europa ademais de compartir ideas, teñen a posibilidade de desenvolver proxectos colaborativos tanto o profesorado entre si coma o profesorado co seu alumnado.
A alumna Clara García Castiñeira de 4º curso de ESO obtivo o 1º accésit. Noraboa, Clara!!

 

marcapaxinas Clara García

 Imaxe do marcapáxinas premiado

Charla con motivo do Día Internacional das Mulleres

O 7 de marzo, con motivo do Día Internacional das Mulleres, desenvolveuse unha charla sobre a importancia no acceso e a permanencia na educación das mulleres, dentro da campaña En Acción pola Igualdade promovida pola Fundación Axuda en Acción e a Oficina de Igualdade de Xénero da Universidade da Coruña.

Distribuir contido