Complementarias

Cartas de San Valentín

O luns, día 13 de febreiro, remata o prazo para participar no sorteo dunha tarxeta de El Corte Inglés con 100 €. Só tes que escribir unha carta de amor dirixida a algún dos membros da comunidade educativa do instituto. Por suposto, tes que escribila en galego e non pode ser ofensiva nin humillante. Tampouco se establece un tamaño mínimo nin máximo. Pero tes que facela ben porque se non está correctamente redactada non entrará no sorteo.

Veña! Seguro que xa tes o destinatario na mente! E seguro que tes moito que dicirlle!

Mira as bases do sorteo para ver cal é o procedemento para participar e... moita sorte!!!

 

XII Olimpíada de Bioloxía - Fase autonómica

Este ano foi a facultade de Bioloxía da USC quen acolleu a fase autonómica da XII Olimpíada de Bioloxía. Así que o pasado venres 13 de Xaneiro alí estiveron as nosas catro representantes: un ano máis 100% de mulleres. Parabéns ás nosas mellores biólogas pola súa participación.

Máis información na web da organización e na do Colexio de Biólogos de Galicia

 

Olimpiada Bio- USC 2017- cuarteto Olimpiada Bio- USC 2017- quinteto

 Noelia Martínez Lorenzo                         Belén Nieves Fernández

                               Aldara Díaz Marín                             Uxía Moreira Campos

 

Guía de Nadal

Da nosa Biblioteca... LECTURAS RECOMENDADAS PARA ESTE NADAL ... que aproveite :)

 

preme na foto para ver en grande 

                          

Museo de Historia Natural (1R)

Cruzando o Campus Sur e seguindo o Sarela achegámonos ao Museo de Historia Natural da USC co alumnado de 1ºR. Aquí tedes algunha foto e un vínculo ás restantes.

 

MHN 1 MHN2
   
MHN 3

 

 

Visita á Estación de Hidrobioloxía da USC

Pasaron cinco anos dende a nosa anterior visita a Estación de Hidrobioloxía "Encoro de Con" da universidade de Santiago. En resposta á nosa demanda esta vez ainda houbo máis variedade nos temas tratados. Moitas grazas ao equipo da Estación pola súa excelente acollida. Ademais a chuvia deu unha tregua, e o mércores 27 de abril tivemos un día magnífico!. 

Na introdución o Dr. Rufino Vieira (xefe da Estación) explica os fundamentos da mostraxe de macroinvertebrados bentónicos para a estimación da calidade das augas por medio do indice biótico IBMWP.

Pasamos rápidamente ao traballo práctico, xa  guiados en todo momento polos atentos e pacientes investigadores David Nachón e Carlos Morquecho. E comezamos cun extra, a  pesca eléctrica para a realización de mostraxes de peixes. Viñeron despois as diferentes etapas do protocolo para o IBMWP:
  > uso da rede Surber sobre tres tipos de sustrato no río Con
  > peneirado e separación de exemplares recolectados
  > observación dos especimenes baixo o estereomicroscopio, e uso de claves dicotómicas até chegar ao nivel de familia. Algunha trampa houbo, había quen saltaba os pasos da clave para ir aos debuxos.

Finalmente Sandra Barca, responsable de laboratorio, mostrounos o material e as técnicas utilizadas nas análises que alí realizan. Ultimaba esa mesma mañá os preparativos para o depósito da súa tese sobre biomarcadores en lamprea, así que agradecemos especialmente o tempo que nos adicou e desexamoslle o mellor remate de doutoramento.

*

equipo rufino
Pertrechad@s coas botas de goma  Explicacións de Rufino

*

polarizador electrica 1 electrica 2
 Efecto do polarizador (arriba) na eliminación de reflexos Pesca eléctrica: as gafas están polarizadas, non son para vacilar 

*

Surber 1   Surber 2
  Mostraxe coa rede Surber en substrato con macrófitos (Tania), sedimento fino (Paula) e sedimento groso (Icía)
 
 peneira 1  Separa 1
Peneirado do material recollido Separación de especímenes por grupos morfolóxicos
   

salmo 

Augas de boa calidade: hai Salmo trutta (arriba)

Separa 2  clasifica 2 

  e un endemismo: Chioglossa lusitanica 1 2 3

 Separación de especímenes  Oobservación e consulta de claves
     
clasifica 2 

Lab USC 

Con Sandra no laboratorio de análise

   A nosa visita na galería de imaxes do Facebook da Estación de Hidrobioloxía

 

 

Alumni: charla de orientación na vida universitaria

Alumni, a comunidade de participantes na Olimpíada Española de Bioloxía (OEB) organizan un Encontro científico (ECOEB) que este ano levouse a cabo  en Santiago  unha semana antes da fase nacional da OEB en Vigo. Coincidindo coa súa estancia en Santiago ofertáronse unhas actividade de educación non formal no marco da iniciativa Youth Science. Viñeron a Pontepedriña Mar Iglesias e Gemma Martínez, nun encontro co alumnado de segundo de bacharelato sobre orientación na vida universitaria, aproveitando que faltaba só unha semana para que Tania participase na nacional.  (pdf da presentación aquí).

A charla tivo moi boa acollida, tal como se pode comprobar na imaxe. Aproveitamos para felicitar a Mar, cunha comunicación gañadora no VI ECOEB  sobre o virus Zika.

logo 

Charla Pontepedriña 

 ECOEB
     

mc2: Os MUSEOS CIENTÍFICOS CORUÑESES

O día 17 de Febreiro repetimos con Bac1 na Domus a actividade de Laboratorio Aberto "Investiga a vacina do VIH" (podes ver máis detalles no comentario do curso pasado aquí).

Aproveitamos a viaxe para que o alumnado de 3º ESO visitase as exposiciónS (e o documental 3D) na DOMUS,  e máis o AQUARIUM FINISTERRAE.

Lab1 Lab2  Lab3 
     
Camiño do Aquarium    

Marcelino camiño do Aquarium con alumnas de 3º ESO

   

Charla-coloquio con Ángel Carracedo

Por fin chegou a esperadísima charla do célebre profesor e investigador Ángel Carracedo. Foi o 30 de Abril, o día grande das celebracións dos 25 anos do instituto, e resultou magnífica. Relatou os avances recentes en xenómica e en farmacoxenética, especialidades nas que o seu grupo de investigación realiza  importantes contribucións. Tampouco faltaron as anécdotas da especialidade de medicina legal;  ademais brindou uns personais consellos ao alumnado -particularmente dirixidos a quenes se poderían adicar a estudos de ciencias da saúde ou a investigación en biomedicina.

O interese espertado foi moi grande, as preguntas no coloquio parecían non ter fin (especialmente por parte do alumnado de 1ª Bac) de modo que, tras case dúas horas connosco, houbo de escapar a correr para chegar ao resto de compromisos da mañán (pedimos desculpas ao seu alumnado de Medicina, pois seguramente chegou tarde). Sempre será unha honra para nós contar coa súa presencia.

Charla Carracedo Carracedo - coloquio
   

 

 

Intermareal 2015

Aproveitamos a marea do luns 20 de Abril, que era a última baixamar boa que nos quedaba neste curso (ainda que a hora da seca veu un pouco xusta para facer o traballo de campo con tranquilidade). No clásico percorrido pola lagoa de Vixán tomamos esta foto de grupo. Este ano acompañounos Alba, unha alumna do máster de profesorado (á de dereita con camiseta vermella). Máis fotos na galería.

O grupo en Vixán

Investigando a vacina do VIH

Por terceiro ano participamos en actividades do proxecto educativo europeo Xplore Health. Este curso o "Laboratorio Aberto" na Domus ofertaba unha nova actividade: "Investiga a vacina do VIH". Trabállase coa ferramenta clave en biotecnoloxía, as enzimas de restrición, que permiten cortar o ADN en puntos concretos. E despois separamos os fragmentos de ADN mediante electroforese en xel.

Así que  o alumnado de Bioloxía de 1º Bac achegouse até A Coruña; foi o 23-F, unha data salientable na historia recente deste país...

Preparando as pipetas Introducindo as mostras de ADN no tubo coa enzima de restrición
 Preparando as pipetas  Mesturando en tubos os compoñentes da reacción: enzima de restrición na solución tampón, engádense as mostras de ADN
   
 Tap gently with your finger Sacudimos suavemente co dedo  
 'tap gently with your finger'  
   
 
Cargando os pociños de electroforese A correr polo xel!
   

 

Tinguido do ADN  Observando os resultados

 

 

Distribuir contido