Actualización protocolo COVID 21.22
Actualízase o protocolo COVID do centro ante a evolución actual da situación da pandemia e as recomendacións das autoridades sanitarias.
Destácanse as seguintes novidades, que entrarán en vigor tras as vacacións de Semana Santa:
- Desaparece o horario separado de entrada e saída para o bacharelato, que volve ó horario xeral.
- Desaparece a distribución de alumnado da ESO nas distintas zonas do patio durante o período de lecer.
- Desaparece a esixencia de observar itinerarios de desprazamento no centro.
- Déixase liberdade para o uso da máscara durante o período de lecer no exterior do centro.
- Mantense a obrigatoriedade de mantela en interior.