Skip to Content

Protocolo COVID 21.22

Actualización protocolo COVID 21.22

Actualízase o protocolo COVID do centro ante a evolución actual da situación da pandemia e as recomendacións das autoridades sanitarias.

Destácanse as seguintes novidades, que entrarán en vigor tras as vacacións de Semana Santa:

  • Desaparece o horario separado de entrada e saída para o bacharelato, que volve ó horario xeral.
  • Desaparece a distribución de alumnado da ESO nas distintas zonas do patio durante o período de lecer.
  • Desaparece a esixencia de observar itinerarios de desprazamento no centro.
  • Déixase liberdade para o uso da máscara durante o período de lecer no exterior do centro.
  • Mantense a obrigatoriedade de mantela en interior.

Protocolo COVID curso 21.22

Achégase instruccións ás familias de cara ó inicio do curso, cun resumo das medidas mais relevantes que afectan a alumnado e familias.

Moi importante achegar na primeira semana de curso a declaración responsable de facer autoxeme diario e de non acudir ó centro óu enviar ó alumnado se presenta síntomas compatibles ou tivo contacto con positivo.

Inclúese tamén unha versión completa do protocolo COVID do centro para este curso 21.22, en proceso de adaptación.

Distribuir contido


by Dr. Radut