Alumnado de 2º de Bacharelato da materia de Ética e Filosofía do Dereito do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes visitaron o Xulgado de Lugo.
![](/centros/iesollosgrandes/?q=system/files/u11/xulgado.jpg)
Na Audiencia Provincial de Lugo presenciaron un xuízo. Trátase dunha iniciativa promovida polo TSXG e o profesor da materia que pretende achegar a Xustiza aos alumnos.