Hoxe rematamos tres semanas EnRedando co galego cun fantástico agasallo: o concerto que ofreceu no Auditorio Gustavo Freire o grupo "Grande Amore", que non tardou nen medio minuto en levantar ao auditorio dos seus asentos.
![](/centros/iesollosgrandes/?q=system/files/u11/Enredando%20galego%2024%20%283%29.jpg)
Houbo entusiasmo, enerxía e paixón a esgalla!!!
![](/centros/iesollosgrandes/?q=system/files/u11/Enredando%20galego%2024%20%281%29.png)
E tamén agasallos. Algúns repartidos polo azar. E outros polo xurado que valorou os traballos realizado polo alumnado de diferentes centros educativos da nosa cidade ao longo destes días pasados.
![](/centros/iesollosgrandes/?q=system/files/u11/Enredando%20galego%2024%20%282%29_0.jpg)
Polo que respecta ao noso centro o xurado destacou as obras de Leire Meilán, Carmen Martínez Domínguez e Mateo Rodríguez, gañador do primeiro premio, e de quen o xurado destacou "a súa escrita versátil, a variedade de rexistros e a orixinalidade da súa proposta".
Para eles e para tódolos participantes os nosos parabéns, e o desexo de que, como se dixo no peche do acto, os 364 días que lle quedan ao ano sigamos EnRedando co galego!!