Skip to Content

Donas de si

Mulleres en Xogo

Presentamos os xogos de mesa elaborados polas alumnas de Proxectos Artísticos de 1º do Bacharelato e coordinado por Jessica Mera, para dar a coñecer a mulleres relevantes galegas de diferentes ámbitos.

 

Para iso, tivemos a honra de contar coa presenza da concelleira de Desenvolvemento Local e Emprego Ana González Abelleira.

O traballo, baixo o nome Mulleres en Xogo, forma parte do Plan Proxecta Doas de Si e o noso principal obxectivo foi investigar, visibilizar e dar o lugar merecido ás mulleres galegas que abriron o noso camiño. É un proxecto internivelar e interdisciplinar, no que traballamos durante todo o curso.

Na primeira avaliación, a de investigación, proporcionáronnos información as profesoras de Física e Química, María Moares e a profesora de Lingua e Literatura Galega, Lucía González. Na segunda avaliación, a fase de creación, traballamos diferentes áreas do deseño: identidade corporativa (logotipos, cor, tipografía), deseño editorial (maquetación das cartas do xogo, das instrucións, dos carteis informativos…), ilustración tanto dixital como analóxica e deseño de packaging (construíndo as caixas que conteñen os xogos e elaborando as súas etiquetas).

Na terceira avaliación centrámonos na publicación dos produtos. Abordamos a gráfica expositiva co deseño do expositor que poderedes atopar na planta baixa da escola e o merchandising coas chapas para dar difusión ao proxecto.

Agradecer ao equipo de Dinamización Lingüística e a Ana Carballas a súa colaboración para a realización do evento e a Daniel Díaz por realizar as fotografías do acto. Podedes atopar toda a información do proceso na nosa web Cos ollos na igualdade.

 

Presentación do blog Cos Ollos na Igualdade

Queremos presentarvos o noso blog Cos Ollos na Igualdade do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes. Comeza a nosa andaina vinculada ao Plan Proxecta Doas de Si que é unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades dirixida a fomentar a innovación educativa.

A pesar das políticas de igualdade que se están desenvolvendo na escola o certo é que seguimos percibindo no alumnado un descoñecemento de mulleres significativas na historia. O problema agrávase cando falamos de mulleres galegas. O noso obxectivo principal é sementar a conciencia sobre a invisibilización e as consecuencias derivadas da mesma. Pretendemos integrar no currículo a investigación e coñecemento dos seus logros para normalizar o seu estudo. Por esta razón participamos no proxecto profesorado de distintos departamentos (Lingua Galega e Literatura, Lingua Castelá e Literatura, Inglés, Debuxo, Física e Química, Bioloxía e Xeoloxía e Orientación Educativa). Xunto á investigación e promoción desas mulleres, levaremos a cabo actividades de reflexión e denuncia para xerar unha crítica e autocrítica daqueles aspectos de carácter machista normalizados en e pola sociedade.

Desde o noso blog poderedes seguir as distintas fases do noso proxecto e valorar os produtos creados coa finalidade de fomentar a reflexión, a denuncia e a concienciación, así como dar visibilidade ás mulleres investigadas.

Pica aquí para entrar no noso blog COS OLLOS NA IGUALDADE

 

Comunidade Capaces

A sensibilización é unha ferramenta básica para conseguir transformacións sociais reais, a cal permite a longo prazo avanzar hacia unha verdadeira inclusión das personas con diversidade funcional. Para iso é imprescindible comezar coa sensibilización dos máis adultos para que estos poidan incidir nas novas xeracións e lograr cambios importantes e duradeiros na sociedade. A educación inclusiva contribúe a unha cidadanía responsable, activa e solidaria; defensora dos dereitos das personas con diversidade funcional. 

Distribuir contido


by Dr. Radut